Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
ÍMOSLLE AO LOMBO |
|
Conservación do grupo ?MB-
En galego tamén temos exemplos de palabras que conservaron o grupo -MB- do latín, e aínda que non son moitas, si que son palabras de uso bastante cotián.
cambiar < CAMBIARE
chumbo < PLUMBU
combater < *COMBATTERE
embigo < UMBILICU
embude < (TRAIECTORIUM) IMBUTUM
lamber < LAMBERE
lombo < LUMBU
pomba < *PALUMBA
sombra < *SOLUMBRA
tumba < TUMBA
Kevin García Sampedro, IES Padre Sarmiento
REDUCIMOS GRUPOS NASAIS
Unha consoante é un son da lingua oral orixinado polo peche o estreitamento do tracto vocal por acercamento ou contacto dos órganos da articulación de tal maneira que cause unha turbulencia audible.
O termo consoante provén do latín e orixinalmente referíase a ?soar xunto con? dando a idea que as consoantes non tiñan son en si mesmas, xa que en latín só aparecían a carón dunha vocal.
O galego ten a tendencia a simplificar ou reducir as consoantes xeminadas ou de sons semellantes, como, por exemplo, grupos de nasais ou con algunha nasal.
mensa > mesa ? desaparece o ?n?
annum > ano ? desaparece o n dobre
grammaticam > gramática
Leticia Filgueira Garrido, CRP San Narciso |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|