Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
AO FEITO PEITO |
|
CREANDO DITONGOS:Evolucion do grupo -CT- a -it-:
"Ao feito peito"
Hoxe temos en galego algúns ditongos que non existían en latín. Moitos deles son resultado da evolución dalgunha consoante que acabou converténdose nunha vogal, por un proceso que se chama vocalización. Un exemplo disto é o grupo latino CT que acabou vocalizando en it:
Bieito < BENEDICTU
deitar < DEIECTARE
dereito < DIRECTU
enxoito, enxuito < EXSUCTU
estreito < STRICTU
feito < FACTU
froita, fruita < FRUCTA
leite < LACTE
noite, nuite < NOCTE
peito < PECTU
troita, truita < TRUCTA
xeito < IACTU
Sergio Ares López, IES Padre Sarmiento
"E cun biscoito ata mañá ás oito"
Imos falar dun grupo consoántico moi peculiar o grupo ?ct en interior de palabra que como verás evoluciona de forma moi distinta en galego que en castelán.
NOCTEM dá en galego noite e en castelán noche.
OCTO dá en galego oito e en castelán ocho.
LACTE dá en galego leite e en castelán leche.
PECTU dá en galego peito e en castelán pecho.
biscoito (que procede do prefixo "BIS"- e "COCTUM") e remato cun biscoito ata mañá ás oito.
Raquel Devesa Acuña, CPR San Narcsio
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|