Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O CH- DE QUEN VÉN SENDO? |
|
Palatalización dos grupos PL-, CL-, FL- > CH-
Sabemos que moitas palabras latinas que comezan polos compostos PL, FL e CL pasaron en galego a ter CH.
Como exemplos poñemos estes vocábulos:
Chaga < PLAGA
Chama < FLAMMA
Chamar < CLAMARE
Chan < PLANUS
Chantaxe < PLANTAGINE
Chave < CLAVE
Chavella < CLAVICULA
Chegar < PLICARE
Cheirar < FLAGRARE
Cheo < PLENU
Chocar < CLOCCARE
Chorar < PLORARE
Chorima < FLORISIMA
Chousa < CLAUSA
Chover < *PLOVERE
Choza < PLUTEA
Chuvia < PLUVIA
-Pl-fl-cl- nas palabras cultas, semicultas e patrimoniais
As palabras cultas da nosa lingua que proveñen do latín e que se incorporan ao léxico sen sufrir as transformacións fonéticas que os falantes ao longo da historia si que provocaron en palabras denominadas patrimoniais,ou populares por ser as usadas de xeito habitual polo pobo tempo atrás. Aínda hai palabras que sendo incorporadas por influencia dos falantes sofren pequenas transformacións ou evolucións dende a súa palabra en orixe, son as semicultas.
Estes grupos latinos en sílaba inicial evolucionan nas palabras patrimoniais como xa vimos:
pluvia> chuvia/choiva
Flamma> chama
Clamare> chamar
Nas palabras semicultas o ?l?pasa a ?r? pero mantén a consoante orixinaria do latín:
Platea> praza
Flaccu> fraco
Claricu> crego
Mais nas palabras cultas o grupo antigo consérvase: pluviómetro,flexible,clamar?
Observa a evolución distinta que se dá en galego e castelán destes grupos consoánticos en sílaba inicial:
PLORARE:chorar/llorar.
CLAMARE:chamar/llamar
FLOREM:chor/flor
FLAMMA:chama/llama
BLANDUM:brando/blando
Lidia Muriente Canedo, IES Padre Sarmiento
Iván Santiago Calviño, CPR San Narcsio |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|