O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SIMPLIFICACIÓN DE LL- e do NN-

VILAR, VILELA e VILAFRANCA (do ViLLa latino)
Simplificación do -LL- latino > -L-




O latín tiña moitas consoantes dobres que se opoñían ás consoantes simples e que permitía distinguir parellas de palabras. Pero no paso do latín ao galego estas consoantes dobres fóronse simplificando e hoxe podemos atopar exemplos disto que estamos a dicir

 anel; elo < ANELLU
 belo < BELLU
 bola < BULLA
 cabelo < CAPILLU
 cadela < CATELLA
 calar < CALLARE
 calo < CALLU
 castelo < CASTELLU
 colar < COLLARE
 colega < COLLEGA
 colexio < COLLEGIU
 ela < ILLAM
 estrela < STELLA
 galego < GALLAECU
 ola < OLLA
 polo < PULLU
 sela < SELLA
 vila < VILLA


Lucía Sobredo Raposo, IES. Padre Sarmiento






A ORIXE DO Ñ
Simplificación de diversos grupos latinos como( -gn-, ni-


Esta letra nace da necesidade de representar un novo son, inexistente en latín. Determinados grupos consonánticos como gn, nn ou ni evolucionaron nas linguas derivadas do latín cara un son nasal palatal. Cada unha destas linguas adoptou unha grafía distinta para representar este son: gn en italiano e francés; ny en catalán, e nh en portugués. O castelán medieval escolleu o dígrafo nn, que se adoitaba representar abreviadamente mediante un só n cunha raia máis ou menos ondulada enriba.
Neste apartado traballamos sobre a evolución do "ñ", unha curiosa letra que como poderemos comprobar non se representa así en todos os alfabetos, se non que se representa con equivalencias.

A letra ?ñ? provén dunha abreviatura do latín.Unha innovación propia da lingua castelá.
Cando se tiñan que escribir dúas enes (nn), coma nas palabras anno, empezouse a montar a segunda N sobre a primeira para aforrar espazo e co tempo derivou nunha simple virguliña que é un signo ortográfico a modo de til, deu lugar á palabra "año" en castelán, que como sabedes en galego é "ano", é dicir, o galego preferiu simplificar o dobre n, como tamén fixo con outras consosantes que aparecían dobres en latín (gallaecum> galego, differentiam> diferenza, mesmo cando se xuntaban dúas nasais como "mn" tenden a simplificarse somnum> sono, pero en castelán dará sueño).

O ñ tamén pode evolucionar de grupos diversos de consoantes como o grupo -gn- (ligna > leña, pugnum > puño)evoluciona do grupo ni- por exemplo Hispania que dará o nome España.

Naqueles tempos era importante aforrar tempo, espazo, tinta e papel, e era un costume realizar estas abreviaturas ao final das palabras, que significaba a desinencia ?orum? ou ?eorum?.
A letra ?ñ? foi tomada do castelán nos seguintes idiomas, como parte do seu alfabeto:
? Aragonés.
? Asturiano.
? Aymara.
? Bretón.
? Bubi.
? Chamorro.
? Galego.
? Guaraní.
? Mapudungun.
? Mixteco.
? Quechua.
? Tagalo.
? Zapoteco.
? Euskera.
*O inglés admite o ?ñ? en préstamos do castelán como cañón, piñata, etc.


MIRIAM Martínez Iglesias, CPR. San Narciso




Comentarios (0) - Categoría: O CAMÍN DE SARMIENTO DE MARÍN AO BIERZO - Publicado o 11-07-2009 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0