Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DA BODEGA ÁS PATACAS |
|
B,D,G dos P, T, C do LATÍN
Exemplos da sonorización de consoantes oclusivas xordas intervocálicas ?p-t-c > -b-d-g
As consoantes xordas intervocálicas P, T, K acabaron volvéndose sonoras ao ir entre dúas vogais, e hoxe podemos comprobalo en moitas palabras galegas.
Antigo < ANTICUS
Auga < AQUA
Bodega < APOTHECA
Caber < CAPERE
Cabeza < CAPITIA
Cabo < CAPUT
Cadea < CATENA
Cedo < CITU
Cóbado < CUBITU
Crego < CLERICU
Dedo < DIGITU
Dúbida < DUBITA
Embigo < UMBILICU
Frade < FRATRE
Lobo < LUPU
Logo < LOCO
Lograr < LUCRARI
Meiga < MAGICA
Pega < PICA
Pobo < POPULU
Poder < POTERE
Polbo < POLYPU
Saber < SAPERE
Sobrar < SUPERARE
Todo < TOTU
Vida < VITA
Xabón < SAPONE
Cristina Ares Martínez do IEs P. Sarmiento
Oclusivas xordas e sonoras
Entre as palabras ?as? e ?os? só existe unha diferenza de significado e de forma que é a que representa a distinción entre os fonemas [a] e [o]. O mesmo sucede entre pala, para, paga, pana e pasa, as diferenzas de significado apoianse nos diferentes fonemas que as distinguen, isto é, [l], [r], [g], [n] e [s].
A única diferenza que existe entre o fonema [p] que corresponde a unha consoante bilabial, oclusiva, xorda e o fonema [b] que corresponde a unha consoante bilabial, oclusiva sonora, é o seu modo de articulación: xorda a primeira, frente á segunda que é sonora.
Non sempre se manteñen como fonemas distintos as diferenzas que proceden dun só rasgo distintivo, por exemplo, o primeiro d- da palabra dedo corresponde a unha consoante dental oclusiva sonora, e a segunda é dental fricativa sonora. Neste caso non estamos ante dous fonemas senón ante dous valores do mesmo fonema; ás veces dous fonemas diferentes nunha lingua dada son o mesmo noutra, por exemplo, o castelán manten a diferenza fonética entre os sons [r] e [l], pero o xaponés non, nin a fala andaluza tampouco.
De acordo con todo isto hai que distinguir entre fonemas e letras, aínda que existen moitas coincidencias tamén hai desacordos moi importantes que apoian esta difereza. A letra v actual corresponde ao fonema /b/ que é unha consoante bilabial, oclusiva, sonora; pero o fonema /v/ que corresponde a unha consoante labiodental, fricativa, desapareceu no sistema fonético actual.
Florencia Corvalán García do CPR. S. Narciso
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|