O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

UN TRAZO INNOVADOR: PERDA DO "L" e "N" intervocálicos
Desaparición do -L- intervocálico:

Unha das características máis típicas da evolución do latín galaico é a perda do L intervocálico, dando lugar a numerosos hiatos ou ditongos:

 candea < CANDELA
 coar < COLARE
 cor < COLORE
 doer < DOLERE
 dor < DOLORE
 fío < FILU
 moa < MOLA
 moer < MOLERE
 muíño < MOLINU
 néboa < NEBULA
 pau < PALU
 saír < SALIRE
 saúde < SALUTE
 só < SOLU
 soa < SOLA
 táboa < TABULA
 tea < TELA
 xear < GELARE


Desaparición do "N" intervocálico:

Outra das características máis significativas da evolución do latín galaico foi a desaparición da consoante "n" sempre que aparecía entre vogais.



 area < ARENAM
 boa < BONAM
 coroa < CORONAM
 la < LANAM
 lúa < LUNAM
 soar < SONARE
 ter < TENERE

Observa agora que lles ocorre a estas palabras en castelán: arena, buena, corona, lana, luna, sonar, tener. Si, todas elas conservaron o "n" intervocálico que xa existía no latín.

Observa agora estas palabras en castelán: volar,cielo,hilo,pila,muela,sólo. Todas conteñen un "l" entre vogais que xa existía no latín e que en galego se van perder:

? Voar: en latín era VOLARE
? Ceo: en latín era CAELUM
? fío: en latín era FILUM
? pía: en latin era PILAM
? moa: en latín era MOLAM
? só: en latín era SOLUM



CONCLUSIÓN

O Galego normalmente é máis conservador coas palabras latinas que o castelán, pero neste caso non foi asi, presenta un trazo de innovación ao facer desaparecer o "l" e "n" que estaban no latín entre vogais.

Ana María Cela do IES Padre Sarmiento
Sandra Rea González do CPR San Narciso
Comentarios (0) - Categoría: O CAMÍN DE SARMIENTO DE MARÍN AO BIERZO - Publicado o 10-07-2009 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0