Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
E QUE COMÍAN DAQUELA? |
|
NO BIERZO
Nos tempos antigos adoitaban máis ou menos os mesmos alimentos ca nós, salvo aqueles que chegaron doutros lugares que aínda non se coñecían. Pero hai unha serie de produtos que consumía a xente desta época que seguimos consumindo nós, en maior ou menos medida.
Aquí centrarémonos en tres peixes de auga doce: o salmón, a troita e a anguía; peixes que tamén van aparecer citados máis tarde, na documentación medieval.
O substantivo salmón provén do latín SALMONEN (Acusativo de SALMO, SALMONIS) e refírese ao peixe da familia dos salmónidos de corpo fusiforme, pel prateada e carne rosada.
A palabra troita (que presenta as variantes non normativas truita, truta) deriva do latín TRUCTA, e refírese a calquera das especies da familia dos salmónidos, moi próximas ao salmón, pero distínguese deste, entre outra cousas, porque pode ter crías máis dunha vez. Aquí no Bierzo chamámoslle truita, porque nós convertemos en moitas palabras o ditongo OI en UI como noutras zonas de Galicia, así temos truita, muito, etc. No portugués din truta.
A palabra anguía tamén deriva do latín, concretamente da palabra ANGUILLA, que no paso do latín ao galego perdeu o LL que ía entre vogais, igual que noutras moitas palabras.
Destes peixes os que se poden ver hoxe polos ríos do Bierzo son as troitas, aínda que nos últimos anos a poboación de troitas no Bierzo está diminuíndo por causa das obras que se están a realizar nos ríos co fin de regular o seu caudal e tamén pola pesca excesiva. Tamén desapareceron os cangrexos de río.
Os ríos bercianos nos que hai máis troitas son principalmente O Sil e o Valcarce, pero os dous son coutos de pesca e polo tanto, se se quere pescar neles hai que pagar. Así contrólase a pesca para non acabar con todas as troitas.
No río Burbia, que pasa por Vilafranca, antes tamén había moitas troitas, pero ao non haber ningún couto, polo que agora case non quedan troitas e só se poden pescar e matar nun determinado tramo do río e nos demais pódese pescar con morte ou pódese pescar comprando un couto.
David Díaz Poncelas do IES. Padre Sarmiento
NO MORRAZO
Vouche dicir unha cousa. Buscando palabras antigas pensei en vocablos do substrato celta que tivesen que ver co mar e con Marín, e digo eu, unhas das que máis tiñan que utilizar son as das comidas, e dixen: - por que non?- Vou buscalas e aquí as tes:
Centola: do céltico cintollos ?o principal e grande?. Animal crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, que presenta unha cuncha de cor vermella, rosa ou branca e un abdome moi reducido, pregado baixo o cefalotórax, que se captura con nasas e arrastre.
Sinónimo: Araña
Rodaballo: do celta *rotoballos ?de corpo redondo? Peixe da familia dos escoftálmidos, que presenta contorno case circular, os ollos no lado esquerdo, con formacións óseas dérmicas na parte superior, case sen pedúnculo caudal e de cor gris verdosa, terrosa ou amarelada, con manchas.
As palabras non evolucionaron moito.
Que che parece o meu traballo? Case me deixo unha costela buscando a etimoloxia da palabra centola.
Fandiño Santiago, Noel do CPR. San Narciso |
|
|
|
4 Comentario(s) |
|
1 |
Paréceme un traballo laborioso pero moi interesentate, e máis vindo do Bierzo. Teño c#blgtk08#uriosidade pola bibliografía que estás, ou estades a ultizar.
Un saúdo |
|
|
Comentario por Nito (31-05-2009 09:23) |
|
|
2 |
alégrome de ver este espazo en galego sobre a nosa lingua propia do bierzo. Agardo que sigad#blgtk08#es así durante moito tempo. Visitade o meu espazo bitácora en www.obierzoceibe.blogspot.com |
|
|
Comentario por xabier (07-06-2009 08:33) |
|
|
3 |
Que che parece o meu traballo? Case me deixo unha #blgtk08#costela buscando a etimoloxia da palabra centola. |
|
|
Comentario por Dardo Mendoza (04-05-2021 08:22) |
|
|
4 |
Que che parece o meu traballo? Case me deixo u#blgtk08#nha costela buscando a etimoloxia da palabra. |
|
|
Comentario por Dado Mendia (04-05-2021 08:23) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|