Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Un nove de marzo máis sen a Casa Natal |
|
Cando se cumpre o 314 aniversario do nacemento de Pedro Xosé García Balboa Gosende Sarmiento un 9 de marzo de 1695 en Vilafranca do Bierzo a súa Casa Natal que foi derruída a causa de que ameazaba con caerse a casa veciña en 1999. A casa daquela xa era propiedade da Xunta de Galicia que a mercara no ano do tricentenario(1995).
Foi no día 18 de maio ano 2002, ano da conmemoración do Día das Letras Galegas na honra de Sarmiento cando se asinou un acordo entre a Xunta de Galicia e a Junta de Castilla y León para erguer un centro dedicado a difundir, neste enclave tan simbólico do Camiño a Compostela como é Vilafranca do Bierzo, a vida e a obra do ilustrado galego-berciano.
Nas pasadas Xornadas Martín Sarmiento, convocadas pola Comisión Cultural do mesmo nome, un dos actos logrou reunir nunha mesa a representantes da administración local, ao arquitecto do Proxecto de rehabilitación e a un representante da Xunta e do Xacobeo, confirmando o compromiso de Galicia para levantar a Casa, pero faltou a outra administración autonómica implicada que optou por non estar na mesa que analizaba a situación pola que atravesa este convenio para a construción dun Centro Cultural no solar da Casa Natal.
Nos enlaces que che proporcionamos máis abaixo podes consultar algunha das biografías de Frei Martín Sarmiento e un dos artigos reivindicando o cumprimento do acordo que contemplaba que no ano 2004 estaría rehabilitada a Casa onde veu á luz e escoitou por vez primeira a lingua que tanto amou dos beizos da súa nai Clara Balboa Sarmiento que posiblemente fose nativa da comarca berciana, aínda que descoñecemos o lugar. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|