Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Un 25 % dos alumn@s de Secundaria en Vilafranca escollen galego |
|
 No IES Padre Sarmiento de Vilafranca este curso 08/09 van cursar galego de xeito optativo e voluntario aproximadamente un 25% dos alumn@s matrículados no centro.
Dende que comezou a impartirse o galego ano a ano vai medrando a cifra e a pesar das dificultades e malentendidos que presenta a presenza do galego no ensino no Bierzo é unha evidencia do éxito do programa que se vén aplicando dende que, tamén en Vilafranca, se asinara o primeiro convenio entre as autoriaddes da "Junta de Castilla y León" e da Xunta de Galicia, no mesmo ano que era homenaxeado no Día das Letras Galegas o Padre Sarmiento.
Este número de rapaces, rapazas e familias interesadas no estudo e coñecemento da cultura e da lingua galega, lingua patrimonial do Bierzo, favorecerá a súa conservación e dignificación á vez que permite un enriquecemento persoal e colectivo deste importante número de persoas que vén de confirmar,curso tras curso, a súa sensibilidade cara a lograr un achegamento útil e práctico ao que o galego como idioma ofrece a día de hoxe. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|