Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Traballo para os estudantes de galego no Bierzo |
|
Agora que a aplicación da LOMCE está poñendo en perigo a subsistencia do galego nos institutos do Bierzo provocando unha clara discriminación negativa cara a aqueles alumnos7as que desexan cursar voluntariamente esta materia, sabemos que os matriculados en galego en Bacharelato poden ter acceso a unha serie de prazas laborais no propio Bierzo como podemos ler na seguinte nova que publican hoxe os diarios dixitais:
Huaris CC reclama titulados en galego para cubrir 70 postos novos de teleoperador tras da sinatura con Mesos o que provocou que a empresa berciana busque novos empregados con bacharelato e que dominen o galego.
No Diario de León.
Os bercianos/as deberíamos esixir que as autoridades de Castela e León sexan respectuosas cos dereitos lingüísticos dos que gozamos segundo reza no propio Estatuto de Autonomía e asuman que o galego debe deixar de ser unha materia marxinal, cunha carga lectiva a maiores e nun horario de tarde nos bacharelatos, cousa que non ocorre con ningunha outra optativa, como pretende a LOMCE no curso que vén. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|