Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.
As VII Xornadas Martín Sarmiento tiveron un importante eco nos medios de comunicación do Bierzo, especialmente a celebración dos Intercambios Escolares que contaron coa presenza da Directora Provincial de Educación, Emilia Villanueva e o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García. Precisamente esta última, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta, foi a que agasallou con unha actuación para os centros de Primaria e outra para os de Secundaria, escolares de toda a comarca reunidos en Vilafranca no Día escolar do Programa de Galego nos centros do Bierzo que se instarou ao ser o 9 de marzo o día en que naceu na vila do Burbia Martín Sarmiento.