O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ROSALÍA NO BIERZO: PRESENTACIÓN DOS CANTARES GALLEGOS
Unha serie de colectivos que traballamos pola defensa do galego no Bierzo quixemos lembrar os 150 anos da publicación do seu primeiro traballo en lingua galega a poucos días da celebración do Día de Galicia, nun acto que terá lugar o próximo día 22 de xullo ás 20,30 no Teatro de Vilafranca do Bierzo onde se fará a presentación do libro: Cantares Gallegos en edición do actual presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, poeta e especialista na obra da gran escritora.

No acto intervirán ademais do autor da edición Anxo Angueira, Marisa Cela, no nome da Comisión Cultural Martín Sarmiento e os restantes colectivos organizadores, Mar Palacio presidenta do Instituto de Estudos Bercianos IEB, Héctor Silveiro, académico correspondente polo Bierzo na Academia Galega e o cantautor berciano Aínda, que interpretará uns temas na honra da poeta.
Estamos seguros de que os bercianos sentimos a Rosalía, a poeta de Padrón (aínda que nacer nacer, naceu en Compostela) de xeito ben diferente ao que a poden sentir un leonés ou un madrileño, ou un catalán, non porque non haxa xente sensible, entre as persoas nacidas nestes lugares, senón porque os bercianos sentimos máis próxima a Rosalía. Muitos, non un, nin dous, un bo número de bercianos descubriron esta proximidade coa poeta da mao do cantautor berciano Amancio Prada que aló polo ano 75 realizara un gran traballo de interpretación e difusión , o seu segundo traballo, que espertou a conciencia desta relación tan especial coa que o Bierzo recibe a Rosalía.

Os argumentos que nos permiten facer tal afirmación son os seguintes: En primeiro lugar, ler con devoción a Rosalía, escoitar os seus versos nun idioma que nos é común a galegos e bercianos, fainos sentila como propia. Esa lingua que a poeta usa conscientemente coa intención de dignificala nos seus Cantares.
En segundo lugar, os Cantares son compostos seguindo o modelo dun ilustrado, Martín Sarmiento, que todo o mundo sabe que é un erudito polígrafo berciano e galego, considerado o Pai das Letras non só por ser o seu primeiro estudoso e documentar o galego dende o Bierzo a Pontevedra, senón e sobre todo , como nos descobre Anxo Angueira detalladamente no prólogo da súa edición, ao constituírse como autor cuxa fórmula será vital para os poetas do Rexurdimento.
E, por último, os Ensayos poéticos en dialecto berciano de Antonio Fernández Morales, composición que vén a demostrar, tres anos antes da publicación dos Cantares de Rosalía de Castro, que o Bierzo contribúe ao nacemento desa nova etapa literaria para o galego, escribindo un canto á Terra e conformando cos poemarios de Rosalía e doutros poetas o chamado Rexurdimento da Literatura galega contemporánea.
Logo, non é estraño que os bercianos interioricemos a Rosalía como se naceramos en Galicia pois, como deixou escrito na súa Historia de Galicia Manuel Murguía, o marido de Rosalía e polo tanto unha persoa ben próxima a ela, o Bierzo pertence non administrativamente, pero si sentimentalmente a ese espazo cultural no que Rosalía é lida con devoción.

ORGANIZAN: Comisión Cultural Martín Sarmiento,Colectivo Fala Ceibe, Asociación Berciana da Lingua Xarmenta e Asociación Cultural Escola de Gaitas.

Colaboran: Editorial Xerais de Galicia e o Concello de Villafranca del Bierzo.
Comentarios (0) - Categoría: DE SARMIENTO A ROSALÍA - Publicado o 17-07-2013 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0