Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.
Sarmiento foi quen de intuír a necesidade de incorporar a emoción á hora de educar, rexeitando os castigos e foi quen de caer na conta da importancia de educar de xeito distinto,unha educación onde as ciencias e as letras non sexan compartimentos estancos sen relación algunha entre elas, onde as artes teñan tanto sentido como as matemáticas, aberta á creatividade e onde se escoite "a escoria e o esterco da racionalidade", é dicir, os iletrados e analfabetos capaces de ofrecer o "ouro máis puro da verdade" que el buscaba. Sarmiento reparou na pedagoxía do aloumiño practicada polas xentes máis humildes.
Hoxe en pleno debate sobre o Sistema Educativo, en plena crise dun sistema caduco, debemos reflexionar e ser audaces como Sarmiento o era na Educación da xuventude: