Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Inauguramos unha nova categoría |
|
 Para facilitar o acceso a determinados documentos que cremos interesantes imos colocar no Mego da Escola, o noso blog, unha categoría baixo epígrafe de DOCUMENTOS (as categorías do blog sitúanse na marxe esquerda do mesmo segundo estamos mirando a pantalla do ordenador.
Imos coa primeira das entradas cun enlace a unha páxina sobre un dos relatorios sobre o Folclore do Congreso O padre Sarmiento e o seu tempo que baixo os auspicios do Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela se levou a cabo no ano 1995.
O título do texto: O padre Sarmiento e a literatura popular< o seu autor Domingo Blanco, entre outras destacadas (intervencións de Rosario Álvarez, Mariño Ferro, etc... que non sempre aparecen íntegras) comunicacións deste enlace ao segundo tomo das actas do Congreso editadas no ano 1997.
De todos os xeitos unha obre referencial de Sarmiento, especialmente nos últimos anos, é o seu Coloquio de 24 gallegos rústicos (1746)que grazas ás novas tecnoloxías, ao interese das instituciois, como a Academia ou o Consello da Cultura Galega, e a recentes achados dos estudosos, lease Henrique Monteagudo, podemos consultar na rede de moi diversas formas.
Na propia páxina da Academia Galega son varias as entradas con pequenos traballos arredor de Sarmiento editados con motivo do seu tricentenario, ano 2002. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|