O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PINTOS NA PONTEVEDRA ONDE SE CRIARA SARMIENTO
Traballo realizado para os INTERCAMBIOS MARTÍN SARMIENTO 2012 por alumnos/as de 3º da ESO do IES. VALLE INCLÁN de Pontevedra (Pontevedra) que coordinou Xosé Álvarez García

En 1846 Galicia foi escenario dunha revolución que deixaría unha fonda marca na historia e na cultura do país. Malia ao seu fracaso, o alzamento liberal de 1846 marcou a política e o pensamento da época, e ten unha importancia fundamental en como se desenvolveu despois o Rexurdimento e o Rexionalismo galego. Aínda hoxe, as lembranzas daqueles feitos continúan con vida.

Xoan Manuel Pintos Villar está considerado un dos precursores do Rexurdimento literario galego. A súa obra, como acontecía por norma xeral na época, está espallada en xornais, revistas e folletos, mais é A Gaita gallega (1853), a única obra súa publicada en vida, a composición que o sitúa nun lugar importante dentro da literatura galega por ser a primeira escrita en galego moderno.

Pintos escribe na época que chamamos Rexionalismo que é a etapa que seguiu ao fracaso do alzamento liberal de 1846. O Rexionalismo vai levar a cabo unha defensa das diferentes partes que, dentro dunha nación (España) se distinguen doutras pola súa homoxeneidade tanto no físico como no humano e no cultural.

Coa chegada do Romanticismo, na península Ibérica reavivouse o espírito rexional e a identidade subxectiva das rexións españolas. A consideración das linguas non oficiais cambia e revalorízanse as tradicións, linguas e dialectos autóctonos. En Galicia, chocan a lingua castelá, urbana e favorecida pola burguesía, e a lingua galega, que se consideraba rural e campesiña e que se encontraba sen cultivo literario e sometida a unha gran diglosia. Aparece unha conciencia nacional e reivindícase o idioma galego como distintivo da personalidade de Galicia.

Dentro do compoñente cultural do rexionalismo galego tivo moita importancia na segunda etapa do Rexurdimento (etapa cultural da historia de Galicia que se desenvolveu ao longo do século XIX e que tivo como característica principal a revitalización da lingua galega) Xoan Manuel Pintos, quen na súa obra A gaita galega vai reconstruíndo a vida campesiña da rexión, intentando reflectir as variantes da fala popular galega. Ademais reuniu moitos materiais léxicos ata un total de catorce mil voces, pero non chegou a publicalos. Unha copia manuscrita de ao redor de 1865 consérvase na Real Academia Galega co título Vocabulario galego-castelán. Hai noticias de que Pintos comezou este traballo en 1853.

Pintos naceu en Pontevedra en 1811, pero xa desde moi novo se trasladou á Coruña para estudar Humanidades e máis tarde a Santiago de Compostela para estudar Dereito. Co tempo chegou a ser fiscal en Pontevedra.

Froito da súa especial vinculación a Pontevedra, hoxe existe na nosa vila un roteiro que percorre os lugares relacionados coa súa vida e a súa obra. Ese roteiro inclúe o seu lugar de nacemento (O Burgo). Nas composicións de Xoán Manuel Pintos as mencións a este espazo (o eido no que vive, o cruceiro do barrio, a invocación ao santo...) onde asina boa parte da súa obra:
O que toca a gaita
co tamborileiro, camiñando juntos
para o novo eido que ten aquel mestre
no Burgo pequeno, e chegando ó patio
que está unda o cruceiro lle dixo a seu amo
o tamborileiro.


O río Lérez é outra referencia importante, xa que en Xoán Manuel Pintos é tratado como locus amoenus, é dicir, como un lugar de felicidade. Tamén a Ponte do Burgo parece que lle serviu de observatorio para describir diversos aspectos da vila.

Outro dos lugares que aparecen na obra de Pintos é o antigo cárcere. Pintos vai falar deste cárcere e das condicións dos presos. Os seus versos expresan e evidencian a súa sensibilidade social: Mira, Pedro, agora que falas de eso dígoche que seique val máis estar dez anos nun bo presidio que dez días nesa cadea de Pontevedra.

Na rúa Isabel II, desta cidade, concretamente no número 4 estaba a imprenta dos irmáns Vilas (José e Primitivo), onde se editou en 1853 A gaita gallega.

A basílica de Santa María tamén foi cantada por Pintos:
Santa María, reina soberana,
anjos e images todas dese tempro,
andias de prata hermosa onde garrido
vai adorado o Santo Sacramento.

Tamén existen na obra de Pintos referencias a distintos onomásticos de Pontevedra: San Roque, o río dos Gafos, Salcedo, Mollavao, Marín...
Alá no río dos Gafos
onde había noutro tempo de caridá hospitaliños
para os lázaros enfermos, que hoxe piden espallados
polas calles e paseos...


En definitiva, a obra de Pintos está chea de referencias á vila de Pontevedra, a diferentes lugares da cidade, á súa natureza, etc
Comentarios (0) - Categoría: DE SARMIENTO A MORALES - Publicado o 21-04-2012 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0