Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.
Traballo realizado para os INTERCAMBIOS MARTÍN SARMIENTO 2012 por alumnos/as de 3º da ESO do IES. VALLE INCLÁN de Pontevedra (Pontevedra) que coordinou Xosé Álvarez García
O PROVINCIALISMO GALEGO
Case rematadas as guerras carlistas en Galicia xérase, en Santiago de Compostela, un grupo de mozos lectores apaixonados pola literatura, xa que a través dela descobren a súa terra galega. Esta percepción ademais de inspiralos, sérvelles aos mozos para protestar contra a tiranía do centralismo e o esquecida que estaba a terra galega polo goberno central.
Grazas a estes mozos, os xornalistas de diferentes xornais galegos, intentan formar a xente para conseguir a ?UNIDADE GALEGA? e para levantar moi alta a bandeira do patriotismo. Algúns destes xornais eran en castelán pero neles os mozos galegos, mediante algúns titulares expresaban os seus sentimentos, cara a súa terra e cara o seu rexurdimento como por exemplo: El iris de Galicia, El Centinela de Galicia, El Idólatra de Galicia, El enmancipador Gallego, La situación de Galicia, La Aurora de Galicia? Estes títulos de xornais representan moi claramente o centro de interese dos mozos. Tamén intentaban transmitir unha protesta para que a singularidade e personalidade galega tivese outra vez unha grande importancia na cultura, tanto en literatura como noutros temas culturais. Como exemplo da importancia cultural galega, chegaron obras literarias de diferentes autores, tanto desa época como de anos seguintes. Autores da época como Benito Viceto (que publicou a Historia de Galicia) ou o propio Juan Manuel Pintos (con La gaita gallega). Pero como xa dixemos antes anos despois tamén apareceron famosos autores galegos con obras cunha idea provincialista como foron Manuel Murguía, Eduardo Pondal e a propia Rosalía de Castro. Pero xa que falamos de obras literarias tamén debemos falar dos xéneros literarios da época. Había dous:
? O primeiro eran textos políticos que trataban temas diversos como a resistencia fronte á invasión napoleónica, críticas entre absolutistas e liberais?
? O segundo tema era máis un tema literario xa que había panxoliñas, sonetos, e algunha obra teatral.
Pero volvendo ao contexto histórico, o obxectivo dos provincialistas non era só un tema literario senón tamén un tema político, xa que querían que a unidade organizativa se centrase nas provincias, e que Galicia fose unha soa provincia, debido ás súas diferenzas de linguaxe e cultura respecto a outras rexións de España, e non catro como quería o goberno central na reforma feita en 1833. Desta idea o nome que recibían os que se opoñían a dividir Galicia en catro provincias, provincialismo. Pero os provincialistas tiñan máis dun obxectivo, xa que pedían outros tres máis.
? Ocupar o poder político e exercelo cun favoritismo especial cara ós intereses galegos.
? Facer unha política autónoma, respecto á capital madrileña, no poder lexislativo e no ámbito dos tributos.
? Poder reformar o sistema universitario.
Estes obxectivos están suficientemente documentados, xa que así se manifestaron nas proclamas das xuntas organizadas polos provincialistas. Nunca estivo claro a finalidade última das súas iniciativas. Barallábanse tres opcións: ter unha certa autonomía respecto ao poder central, o cambio de réxime, ou incluso o federalismo.
Esta idea xorde en abril de 1846, cando o batallón militar de Zamora, ao seu paso por Lugo, sublévase ao mando de Miguel Solís e Cuetos. Tamén se subleva o batallón de Lugo, que acompañado do de Zamora desarma a Garda Civil.
Cando xa a situación está controlada, Solís realiza un discurso moi relevante cun mexase claro: loitar pola liberdade dos galegos e acabar coa ditadura de Narváez.
Pero despois do discurso créase unha nova institución, a Xunta de Goberno, que ten unhas ideas un pouco distintas ás de Solís.
As noticias do asalto en Lugo corren por toda Galicia rapidamente ata chegar a Madrid. Pero a chegada da noticia é tardía e xente como os irmáns Faraldo e Antolín xa crean novas institucións e xuntas en Santiago, que pasa a ser o centro deste movemento. Créanse xuntas como a Xunta Suprema e a Xunta Local. En Santiago créase un novo xornal, A Revolución que permite expresar as ideas das xuntas.
Ao mesmo tempo que a idea do provincialismo crecía, pola contra o exército do comandante Samper intenta vencer a Solís pero non o consegue e regresa á Coruña. Pero Solís non se queda aí así que intenta entrar na Coruña e despois en Ferrol. Non o consegue e regresa a Lugo debido a que o exército do xeneral Concha e o seu batallón en Astorga intentan vencer ao seu exército. O día 15 de febreiro de1846 Solís está en Santiago aprobando a constitución da Xunta Suprema e non se sabe ben por que ese día comeza o fin deste levantamento. Concha e o seu exército entran en Santiago grazas a que Solís tiña unha mala estratexia militar. Finalmente os principais representantes do levantamento foron executados e hoxe coñecémolos como os Mártires de Carral, porque foi alí onde os mataron, en total 12 persoas incluído o propio Solís.
A derrota militar non foi a derrota da idea do provincialismo galego, pero si da súa actividade política. Os superviventes comezaron unha nova vida sen esquecer aquelas ideas polas que un día loitaran pero sen opción a manifestalas.
No seguinte podemos ver a evolucion do sentimento galeguista e a reivindicación do país dende o Provincialismo ata o Nacionalismo xa no século XX.
Traballo realizado por: Mariano Gómez- Ulla, Mauro Costa, Enrique Martínez, Cristián García e Álvaro Filgueira. (3ºA)