Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.
Traballo realizado para os INTERCAMBIOS MARTÍN SARMIENTO 2012 por alumnos/as de 1º ESO e de 1º de Bacharelato do IES Virgen de la ENCINA de Ponferrada que coordinaron as profesoras Mónica López Souto e Teresa López Rodríguez
Un traballo que xira ao redor da vida de Sarmiento como adiantado da súa época interesándose dun xeito moi especial nos itinerarios e paradas que Sarmiento realizou nas súas viaxes a Galicia. Este vídeo é a presentación do noso traballo que se visionou o día 9 de marzo no Teatro Vilafranquino.
A seguir está o traballo escrito.
SARMIENTO, BIOGRAFÍA, UN ADIANTADO Á SÚA ÉPOCA.
INTERESES CIENTÍFICOS QUE O LEVAN ÁS LETRAS GALEGAS
ESQUEMA DE CONTIDOS:
a) Cando vive?
b) Quen vén sendo?
c) Sarmiento: berce de sabedoría
d) Que escribe?
e) O enredante Mago Chalupa
f) Como saber máis?
g) Autoría deste traballo
CANDO VIVE?
Estamos no século XVIII no que o mundo das ideas e da cultura sofre unha gran transformación coñecida como ?ILUSTRACIÓN? ou ?SÉCULO DAS LUCES?.
Caracterízase por tres ?ismos:
Racionalismo = a razón é a fonte do coñecemento
Criticismo = o saber apóiase na dúbida
Empirismo = o saber apóiase en feitos demostrables.
Sarmiento pertence á Ilustración Galega dentro do grupo do Padre Feixóo, ?Os Críticos?
En Galicia unha das características desta etapa é a represión do galego e a extensión do castelán a todos os ámbitos.
QUEN VÉN SENDO?
Frei Martín Sarmiento vén sendo Pedro Joseph García Balboa, nado en Vilafranca do Bierzo o 9 de marzo de 1695. Os seus pais son Alonso García de Gosende e Clara de Balboa Sarmiento. Son 6 irmáns, catro homes e dúas mulleres.
Aos catro meses trasládase á cidade de Pontevedra onde vive até os 15 anos, que se marcha a estudar ao seminario bieito de San Martiño de Madrid (1710).
A partir de 1717 adopta o nome de ?Martín Sarmiento?.
Estuda e vive en distintos lugares ata establecerse definitivamente en Madrid.
Tres datas que marcan a súa traxectoria intelectual son as viaxes realizadas a Galicia.
É un gran pensador, traballador e observador; investigador, escritor e corrector de obras, entre elas as do Padre Feixóo.
Desempeña os cargos de Cronista Xeral da Congregación Benedictina de Valladolid e de Cronista Maior de Indias.
Na súa cela ten ademais da súa biblioteca, un microscopio, un telescopio, un termómetro, un astrolabio, un estoxo matemático e unha balanza. Todas estas pertenzas contribúen ao nacemento dos museos de Historia Natural. Isto demostra que foi un home adiantado ao seu tempo.
Finou en Madrid o día 7 de decembro de 1772.
En 1944 fúndase o ?Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos? en Santiago de Compostela, que realiza exposicións, publicacións e labores de investigación nas ramas de Humanidades e Ciencias Sociais.
O Día das Letras Galegas de 2002 foi dedicado á súa persoa.
SARMIENTO: BERCE DE SABEDORÍA.
En 1723, Sarmiento marcha para o Convento de San Vicente de Oviedo onde está como abade o Padre Feixóo. Esta relación supón unha das claves para entender a traxectoria intelectual de Sarmiento xa que supuxo o seu compromiso co proxecto renovador da Ilustración.
En febreiro de 1726 vai para Toledo co fin de catalogar os fondos da biblioteca e do arquivo da catedral. Durante a realización deste traballo le as ?Cantigas de Santa María? de Afonso X e descobre a importancia do galego medieval.
As súas viaxes a Galicia son moi importantes para a vida e para a obra de Sarmiento. A primeira foi en 1725 e a segunda en 1745 (de maio de 1745 a xaneiro de 1746)..viaxe Padre Sarmiento.JPG e a terceira en 1754. Nestas viaxes percorre Galicia como un investigador de campo, que recolle información de moitos temas, como a botánica, a historia, a arqueoloxía, a diplomacia, a etnografía, a filoloxía (en relación coa lingua galega)... Todo isto faino tomando notas, examinando, falando coa xente e contrastando a información.
Na súa obra ?Onomástico Etimológico de la lengua gallega? (iniciada en 1757), no parágrafo 189 di sobre a súa viaxe a Galicia en 1745: ?era o noso principal estudio recoller as voces pertencentes á Historia Natural en toda a súa extensión, de árbores, arbustos, herbas, peixes, cunchas, mariscos, insectos, animais, aves e algunhas de minerais. Engadindo ao dito as voces xeográficas de lugares, montes, ríos, pontes, etc...?
Nas súas palabras nótase a preocupación que tiña por distintos aspectos de Galicia (a súa historia natural, a súa lingua, a súa situación real), e por outras temáticas, como a matemática, a agricultura ou/e a xeografía.
Outro tema importante no que indaga moito é o da educación, no que defende un método máis racional, un ensino ás mulleres e un ensino na lingua materna: ?En Galicia, en galego?.
Poderíase resumir a súa obra en tres grandes temas:
- A filoloxía galega
- Arquivos e bibliotecas
- Botánica e historia natural. Grazas a Sarmiento créase o ?Real Xardín Botánico? de Madrid.
A contribución de Sarmiento segue a ser moi importante en moitos ámbitos. Considérase o pai da filoloxía galega e na actualidade a súa obra é un dos alicerces para os investigadores pola súa información sobre a lingua falada no seu tempo e sobre os aspectos sociais e políticos que rodeaban o uso cotián do galego e do castelán na Galicia do século XVIII.
QUE ESCRIBE?
A súa obra é moi extensa aínda que case toda foi publicada postumamente. Nós destacamos a seguinte:
1732, Demonstración crítico-apologética del Teatro Crítico Universal
1745-55, Catálogo de voces y frases de la lengua gallega
1746, Coloquio de vintecatro galegos rústicos
1746, Glosario
1755, Sobre el Origen de la Lengua Gallega
1757-69, Onomástico Etimológico de la lengua gallega
1768, Tratado de la educación de la Juventud
1769, Onomástico etimológico latín- gallego
O ENREDANTE MAGO CHALUPA
1. En que época vive Sarmiento?
a) No Século das Luces
b) No Renacemento
c) Ningunha das respostas anteriores é correcta
2. Que pasou no 2002?
a) Concedéronlle a Sarmiento o ?Micrófono de oro de Literatura?
b) Gabaron a súa figura dedicándolle o ?Día das Letras Galegas?
c) Nomeárono a título póstumo ? Fillo predilecto? de Vilafranca do Bierzo
3. Por que foi coñecido Martín Sarmiento?
a) Por ser profesor de Teoloxía na Universidade de Santiago de Compostela
b) Por ser un dos primeiros políticos bercianos con ideas progresistas
c) Por ser un intelectual da Ilustración coñecido polas súas ideas innovadoras.
4) A que se dedicou Martín Sarmiento?
a) Foi bispo de Astorga
b) Monxe da Orde Bieita que viviu en Andalucía
c) Monxe da Orde Bieita que dedicou gran parte da súa vida á investigación
5) En cal destes lugares viviu Sarmiento?
a) Santillana del Mar
b) Puebla de Sanabria
c) Vilafranca do Bierzo
6) En que datas non realizou viaxes a Galicia?
a) De 1772 a 1773
b) De 1745 a1746
c) 1725
7) Que temas trata na súa obra?
a) A Filoloxía Galega
b) Carpe Diem
c) Homo Viator
8) Que tiña na súa cela?
a) Unha balanza
b) Un astrolabio
c) As dúas anteriores son correctas
9) Escolle a obra que non escribiu Martín Sarmiento.
a) Coloquio de vintecatro galegos rústicos
b) Églogas de Carnaval
c) La educación de la Juventud
10) Que se creou grazas a Sarmiento?
a) O Encoro de Bárcena
b) A Colexiata de Vilafranca do Bierzo
c) O Real Xardín Botánico de Madrid
Solucións: 1a, 2b, 3c, 4c, 5c, 6a, 7a, 8c, 9b, 10c
CURTAMETRAXE ? A ESCOLA DAS AREAS?
COMO SABER MÁIS?
. Allegue, Pilar, Frei Martín Sarmiento, Ir Indo, Vigo, 2001
. Barbosa Álvares, José Manuel, Atlas histórico da Galiza e do seu contorno geográfico e cultural, Barcelona, 2008
. Cañada, Silverio, Gran Enciclopedia Galega, Tomo 40, Editor El Progreso, Lugo
. Carballo, Francisco, Martín Sarmiento, A Nosa Terra, Vigo, 2002
. Casares, Carlos, A vida do Padre Sarmiento, Edit. Galaxia, Vigo, 2001
. Costa Rico, Antón, Sarmiento (Vida e obra), Xerais de Galicia, Vigo, 2002
. Puentes Chao, Antonio & Liñares Giraut, X. Amancio, ?Diccionario? Frei Martín Sarmiento , A Coruña, 2002
. Rabuñal, Henrique, O Padre Sarmiento, Espiral Maior, 2002
. VVAA, Atlas Xeográfico e histórico de Galicia e do mundo, Edics. Do Cumio, Pontevedra, 2009
. VVAA, Lingua e Literatura 1º BAC, Consorcio Editorial Galego, Vigo 2008
. Mapas de estradas, Galicia, El Bierzo y España, Edit. Everest
www.bierzopedia.com/Fray_Martín_Sarmiento www.culturagalega.org www.es.wikipedia.org/wiki/Martín_Sarmiento ou na galipedia
Autoría deste traballo:
1ºESO Laura Belenda García
Lucía Blanco Orallo
Haidée Corredera Blanco
Alba Cubelos Bodelón
Juan Diego Florez Saavedra
David López López
Ainhoa Martínez López
Laura Montaña Martínez
Tania Paiva dos Santos
Álvaro Prieto Villar
Cristina Rodríguez Castaño
Profesora: Mónica López Souto
BACHARELATO Pablo Bermúdez Pérez
Antía Calvete Alejandre
Javier García Fernández
José Ángel García López
Ainhoa Jiménez Alonso
Enrique Pérez de la Puente
Alba Prieto Villar
Marcos Rodríguez Abella
PROFESORA: Teresa López Rodríguez