Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
UN "CÓDICE" EN HOMENAXE A MARTÍN SARMIENTO |
|
Traballo realizado para os INTERCAMBIOS MARTÍN SARMIENTO 2012 polo CRA de Carucedo coordinado por Eva López Rodríguez
Os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º da Escola de Carucedo fixemos unha manualidade baseada nas obras de Frei Martín Sarmiento.
Cunha axenda vella quixemos emular un dos libros do escritor.
Engurramos as súas páxinas e botámoslle cola, entre cada páxina. Tamén metimos papel de cociña para que ficara avultado.
Pasados uns días, cando a cola xa secara, buscamos imaxes de internet de Frei Martín Sarmiento e dalgún dos seus escritos, e pegámolos por riba.
Na cara de diante tamén puxemos imaxes.Logo o pintamos todo con pintura marrón, para darlle un toque máis antigo.
Cando secou a pintura, envellecémolo con betún de xudea.
Xa para finalizar botámoslle uns toques de pintura de ouro.
Este é o noso códice que homenaxea a Frei Martín Sarmiento.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|