Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
INTERCAMBIOS ESCOLARES NA REDE |
|
Os Intercambios Escolares MARTÍN SARMIENTO entre centros do Bierzo e Galicia seguen sendo unha das iniciativas que curso a curso van medrando á vez que se transforman os contidos e os recursos que se utilizan para levar a cabo esta rica experiencia didáctica. Os modelos cos que levamos experimentando foron:
-Viaxes de alumnos/as do Bierzo a Galicia para logo recibir no Bierzo aos compañeiros galegos/as.
-Intercambios epistolares persoais coa finalidade de usar a lingua escrita que estamos estudando entre distintos centros de Galicia e do Bierzo a través do correo tradicional e tamén por medios dixitais como o correo electrónico.
-Intercambios de experiencias didácticas colectivas a través da rede como por exemplo " Camín de Sarmiento de Marín ao Bierzo" do que podedes ver o seu resultado neste mesmo blog.
Este curso tamén estamos a realizar este tipo de experiencias pedagóxicas, c¡xa levamos carteándonos, agora comezamos cos intercambios colectivos na rede con Pontevedra e outros centros do Bierzo que se acolleron ao Programa de promoción do Galego, ao se cumprir 10 anos do seu comezo. Este curso o intercambio denomínase "De Sarmiento a Morales, na procura da identidade". Logo virá a viaxe a Galicia.
Sobre os intercambios deste ano 2012, comezamos xa a recibir material que estamos clasificando para ir colgando con certa orde pois como novidade vai bhaber tanto traballos de Primaria como de Secundaria, polo que decidimos esperar ata o día 9 de marzo, día do nacemento de Sarmiento en Vilafranca do Bierzio, para que poidades a visulizar, usar e difundir estes traballos que realizan centros do Bierzo ( este ano aumentou o número de Centros que participan desta experiencia na comarca bercina tamén se suman algúns traballos dende Pontevedra e algunha que outra sorpresa que mantemos aínda no tinteiro. Estade logo moi atentos/as ás próximas entradas deste blog. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|