Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
INFORME DE URXENCIA |
|
Informe de urxencia sobre o Programa de Promoción do Galego nos centros de ensinanza do Bierzo
Un informe que foi enviado á Administración Educativa nestes días nos que están realizándose as matrículas para o curso 2011/2012 que será o décimo no que se imparta de xeito optativo gaelgo nos centros docentes do Bierzo. Unha nota de prensa enviada por Héctor M. Silveiro Fernández, como académico correspondente da Real Academia Galega, que reproducimos a continuación explicaba os obxectivos e contidos deste informe:
"Redactamos este informe de urxencia antes de que comece o que será o décimo ano de aplicación exitosa do Programa para a Promoción do Idioma Galego nos centros do Bierzo. A intención que nos move é a de superar os defectos, dinámicas que se veñen repetindo e denunciando, a pesar de chegar a ter 1000 alumnos/as matriculados. O Informe invita a pensar nunha revisión que garanta unha mellora substancial, en sintonía con outras denuncias aparecidas nestes días e por coherencia con outras propostas de mellora que temos enviado en anteriores cursos dirixíndose ás autoridades educativas tanto de Castilla y León como de Galicia.
O desenvolvemento natural do Programa cremos que ten hoxe tres grandes atrancos para medrar e asentarse firmemente na nosa comarca:
1) A falta de información obxectiva que chegue realmente a totalidade dos alumnos/as bercianos sobre o dereito a matricularse e os beneficios de cursar a optativa de galego.
2) A oposición de certos cargos directivos que veñen estando dispostos a boicotear o seu avance nas denominadas charlas informativas das ofertas educativas e/ou no proceso de matrícula nos centros de ensinanza.
3) A pasividade das administracións educativas tanto de Castilla y León, como de Galicia que lonxe de corrixir estes defectos permiten que se repitan curso tras curso crendo tensións innecesarias.
Pola contra e por fortuna, este Programa conta con dous grandes aliados:
1) A cidadanía berciana que soubo captar as vantaxes que ten para o futuro dos seus fillos e fillas, esas máis de 1000 familias sensibles a este enriquecemento que supón esta optativa e que apoian o programa a día de hoxe.
2) Os propios profesores de galego comprometidos co seu desenvolvemento, a súa divulgación e bo resultado do mesmo.
Unha das cuestións máis urxentes a solucionar sería polo tanto que non se impida de ningún xeito exercer por activa ou por pasiva un dereito a cidadáns que deberían estar obxectivamente informados e deberían estar libres á vez de dirixismos totalmente arbitrarios como vimos apuntando.
Tres son as actuacións de urxencia que propoñemos e detallamos no informe:
1) UNHA IMPLICACIÓN REAL DA ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA NO DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA.
Que se dea un novo impulso ao Programa coa incorporación de novos centros ao mesmo e que se organicen reunións cos pais e nais dos alumnos destes centros bercianos onde aínda non se imparte para informarlles do contido e as vantaxes que supón cursar este Programa. Que ditas reunións poidan ser organizadas polos profesores do Programa avalados para tal fin pola Administración Educativa, xa que estes poden aclararlles moitas das dúbidas referidas aos aspectos máis prácticos e estritamente docentes do mesmo.
2) UNHA CAMPAÑA DE INFORMACIÓN DO PROGRAMA PROMOVIDA DESDE A ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA
Toda a comunidade escolar berciana ten dereito á información adecuada e efectiva sobre a oferta educativa da materia do idioma galego nos seus centros educativos. Esta campaña institucional debería constar de publicidade nos medios de comunicación (prensa, televisión, radio e internet), cartelería específica nos colexios e institutos, e folletos de reparto individualizado entre o alumnado e as súas familias. Neste sentido, recordamos que ante as denuncias sobre a falta de información do Programa unha Resolución do Procurador do Común de Castilla y León, de 12 de novembro de 2004, xa instaba ao ?incremento de la publicidad de la enseñanza de la lengua gallega a través de trípticos informativos, carteles y cualesquiera otros medios o instrumentos que se consideren oportunos?. Consideramos que a Consejería de Educación, sete anos despois, coincidindo co décimo ano do programa podería realizar esta actuación acorde co contido daquela resolución. Dita campaña podería ser sufragada a medias coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta.
3) UN MODELO ÚNICO DE MATRÍCULA
Trátase de que a Consejería de Educación formalice a oferta de galego, cun modelo de matriculación uniforme para os centros escolares do Bierzo. Ademais incluiría información adicional sobre a titulación que adquiren os alumnos que cursan o programa, titulación oficial de Galicia (títulos CELGA) que se conseguirá ao final de cada nivel educativo superado. Trátase de que a Junta de Castilla y León garanta un currículo escolar no que o alumnado berciano que así o desexe poida escoller o galego na educación non universitaria.
Preséntanse ademais unha batería de propostas a poñer en marcha a curto prazo para ir solucionando outras eivas detectadas na implantación do Galego optativo nas aulas:
Un calendario de discusión e de dinamización do Programa para o curso 2011/12 na liña de crear unha materia optativa de lingua galega en todos os niveis educativos seguindo os criterios que establece a Carta Rexional das Linguas minoritarias de Europa; recuperación dos intercambios de centros galegos e bercianos, e un acto de celebración do Décimo curso da Promoción do galego no Bierzo, delimitación de garantías e programación do Profesorado de Galego así como crear unha estrutura permanente e o tempo precisos para vertebrar e coordinar aos docentes como grupo de traballo, seguimento da xestión dos títulos CELGA no Bierzo entre outras propostas.
Deste informe, do que esta nota é un breve resumo, ten coñecemento a propia Presidencia da Real Academia Galega, foi remitido ao órganos competentes da Consejería de Educación de Castilla y León tanto de Valladolid como de León, mesmo de Ponferrada, ademais da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Educación da Xunta de Galicia coa vista posta no desenvolvemento pleno do potencial que este Programa presenta para a nosa comarca."
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Muchas gracias por dejarnos este mensaje por aqui, creo que la g#blgtk08#ente se tiene que enterar de todo esto porque si no, mal vamos. |
|
|
Comentario por Musica (04-11-2011 17:34) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|