Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Unha nota de prensa sobre a matrícula de galego nos centros do Bierzo |
|
O profesorado de Galego fixo chegar á prensa as seguintes denuncias sobre a falta de información e o dirixismo por parte dalgúns centros de Secundaria no proceso de matrícula que se abre e que intenta que o programa que ata o de agora foi un éxito se veña abaixo. Pódese ler no Bierzo dixital ou no Diario de León.
Queremos logo facernos eco destas denuncias e apoialas para evitar que alumnos/as futuros deste programa se deixen influenciar por tan pouco profesionais actuaciois de alguis equipos directivos docentes do Bierzo. O dereito que teñen a recibir clases de galego polo convenio acordado entre a Xunta de Galicia e a Junta de Castilla y León só aporta vantaxes e beneficios aos que o cursan en Secundaria como pode ser recibir unha titulación(CELGA)ao rematar a ESo que os diferenza dos que non se matriculen e que abre portas moi válidas no futuro laboral destes alumnos/as. A información sobre o programa debe estar ao alcance de todos os alumnos/as do Bierzo porque é un dereito que teñen, do que se poden beneficiar e do que non se debe obstaculizar o seu exercicio.
Ademais desta denuncia distintas entidades bercianas tamén denuncian unha situación de desinformación e manipulación.
Esta nota tivo ampla difusión na prensa escrita. Podes consultar o comunicado enteiro en bierzodiario ou en infobierzo, ademais doutra nota da Mesa pola Normalización Lingüística. A problemática ten repercusións mediáticas fóra da nosa comarca, tanto en León como en Galicia en distintos medios. |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Gracias por dejarnos este enlace por aqui, la v#blgtk08#erdad que me ha sido de muchisima utilidad jeje |
|
|
Comentario por Musica (04-11-2011 17:35) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|