Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.
Realizamos varias xestiois e nada sabemos sobre se o proximo curso 2016-17 o centro escolar CRA MARCIAL ALVAREZ CELA da Veiga de Valcare impartirá como optativa a materia de galego para os seus alumnos fillos/as e netos/as de familias galegofalantes.
Polo que temos sabido a Asociación de Pais e Nais do centro fixo saber do seu interese porque así sucedera (ademais das nosas xa reiteradas solicitudes en distintos eventos e ante diversas autoridades competentes). Non falta muito para saber se esta lóxica reivindicación ten un resultado positivo.
Por se hai algunha dúbida de que todo ou case todo está por facer poñan atención na cantidade de inercias que se poden apreciar nesta reportaxe sobre a Veiga de Valcarce e o galego en Castela e Léon que (a pesar de estar feita en Galicia) consolida un trato moi pouco axeitado cara a nosa lingua, a pesar de ser o tema central da reportaxe.
Nesta entrada detallamos os contidos do debate da Sección de Educación da Mesa de traballo das VIII Xornadas Martín Sarmiento que elaborou unhas propostas coa intención de que as autoridades educativas de Galicia e de Castela e León, que se reunían precisamente ao día seguinte en Valladolid, melloren o Programa de Promoción do Galego xa no curso que vén.
O pasado 9 de marzo na sesión de tarde das Xornadas elaborouse, efectivamente, un catálogo de propostas para a normalización do galego no Bierzo. Nunha mesa na que estaban sentadas as autoridades educativas das comunidades autónomas de Galicia e Castela e León, docentes de galego, alumnos, membros da Academia Galega e membros da Comisión Cultural organizadora abordáronse cuestiois tan importantes como a mellora do Programa de Promoción de Galego nos centros de ensino do Bierzo. Púxose, así, enriba da mesa a cuestión da ampliación da oferta de galego para que chegue a centros como os da Veiga de Valcarce (unha vella reivindicación por parte dos colectivos pola defensa do galego na comarca), a adecuación dos contidos de Primaria ao nivel Celga I que permita, ademais dunha programación máis coordinada para todos os docentes de galego desta etapa, a realización dunha entrega deste título que visualice o interese en seguir no Programa na Secundaria no conxunto dos centros que participan no mesmo e ante as familias bercianas en xeral.
Neste sentido tamén se abordaron os problemas de matriculación no paso á Secundaria, denunciando que existen centros como o de Camponaraia nos que os rapaces non teñen oportunidade de seguir na Secundaria ao non ofertar o instituto máis próximo a optativa de galego na ESO.
A publicidade e difusión do Programa neste momento do paso á Secundaria foi tamén obxecto de debate para poder vertebrar unha proposta que sexa eficaz e que faga chegar de xeito claro ao conxunto da poboación a existencia desta oportunidade para alumnos/as e as súas familias e para que esta oferta estea plenamente incorporada ás matrículas e ao proceso de matriculación procurando unha absoluta obxectividade de cara a impedir calquera tipo de obstáculospara que a meirande parte dos alumnos/as de Primaria permanezan no Programa ao chegar á Secundaria.
Logo tratouse a polémicacuestión da aplicación da LOMCEe como consecuencia sacar fóra do horario lectivo as horas de Lingua e Cultura Galegas amosouse como unha causa clara da caída de matrícula no Bacharelato (23 alumnos neste 1º curso da dita lei). Solicitouse logo unha revisión para que o curso que vén non se lesionen os dereitos lingüísticos dos bercianos ao non facilitar aos alumnos/as que entran no Bacharelato, como demostrou o baixón da matrícula deste curso, a súa continuidade natural no Programa (creando verdadeiros problemas de transorte e horarios, ademais dunha carga de traballo maior a quen opta por seguir cursando a materia). Neste punto lembramos que o Consello Comarcal do Bierzo facéndose eco desta discriminación que dana os dereitos recoñecidos dos bercianos tomou cartas no asunto e fixo chegar no transcurso das Xornadas a resolución previa que van aprobar no Plenario do próximo día 17 de marzo sobre a negativa a manter esta fórmula para os próximos cursos como consecuencia da aplicación da LOMCE. Ademais o Consello Comarcal solicitou participar na Comisión de Seguimento do Programa para evitar na medida do posible a demora na solución deste tipo de atrancos, xa tradicionais no Programa, e a mellora substancial do mesmo.
Nun último punto tocáronse os problemas de matriculación que se deron na Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada que provocaron a existencia dun curso sen alumnado, o do 1º o ano pasado e o de 2º o presente curso. Solicítase que se abra unha matrícula no próximo ano para o curso intermedio co obxectivo de que non exista ningún curso baleiro e dada a transcendencia da existencia de alumnos/as a esta altura do currículo.
Galician in Castile and Leon: Although the language has a certain presence in the education system, it needs to be strengthened. More measures are also needed to promote Galician in the media and in public life in general...The Committee of Experts urges the authorities to take resolute action to promote Galician in Castile and Leon.
A lingua galega en Castela e León:
Aínda que a lingua ten certa presenza no sistema educativo, ten que ser fortalecida. Máis medidas tamén son necesarias para promover o galego nos medios e na vida pública en xeral...O Comité de Expertos insta as autoridades a tomar accións decisivas para promover galega en Castela e León
Estas son algunhas das conclusiois que se derivan do novo informe elaborado polo Comité de Expertos do Consello de Europa que se realiza como revisión periódica do cumprimento por parte do Estado Español como asinante da denominada Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias. Trátase dunhas conclusiois esperables pois son obviedades que levamos reivindicando dende hai anos.
Entroutras informaciois que se solicitan están a de número de falantes cousa difícil de determinar. Parece ser que os datos con que se contan para o informe son do 2008 (Segundo o cuarto informe periódico, a partir dos datos proporcionados polo Instituto Galego de Estatística na súa "Levantamento das condicións de vida das familias. Ocio e hábitos culturais de 2008 ", preto de 50.000 persoas habitualmente falan galego nas áreas de lingua galega nas comunidades autónomas de Asturias e de Castela e León. O Comité de Expertos solicita información actualizada sobre o número de falantes galegos en Castela e León. (Na ilustración que acompaña a esta entrada presentamos un dos gráficos que entregamos en Compostela, xunto cun informe solicitado polo propio Comité de Expertos no transcurso da entrevista tida perante a súa última visita a Galicia).
Para consultar o informe enteiro e outros aspectos podes velo eiquí.
De novo no presente curso 2015/16, o primeiro de aplicación da LOMCE, estamos vendo que ao pasar o galego a ser unha materia de libre configuración no Bacharelato se nos conculcan os dereitos aos bercianos e bercianas.
É o caso de Daniel, o único alumno que cursa fóra de horario escolar e a pesar de todo a materia de galego en condiciois claramente denunciables e tremendamente inxustas no Instituto adre Sarmiento de Vilafranca do Bierzo. Onde estará o dereito de non discriminación por motivo de lingua? Véxase o caso de Dani no recente artigo da Voz de Galicia
Os bercianos e bercianas de hoxe saben que na súa forma de ser, algo esencial do seu patrimonio, está esa diversidade lingüística que no Bierzo se manifesta de xeito natural ao se vir dando como un feito habitual dende hai máis de 1000 anos.Un milleiro son tamén os alumnos/as que cursan voluntariamente aulas en galego, coa vontade que manifesta por parte de miles de familias bercianas de manter presente ese ben patrimonial tan emblemático e, á vez tan feble, como é a fala.
Un programa gravado xa hai un par de anos pon en evidencia cal foi o importante camín percorrido na última ducia de anos, algo que agora non podemos que vaia cara atrás como as autoridades que están a aplicar a LOMCE parece que se propoñen.
Reproducimos a continuación o pronunciamento que realizou a Agrupación Comarcal do PSOE berciano:
Ponferrada, 15 de julio de 2015
LA APLICACIÓN DE LA LOMCE PROVOCA LA PÉRDIDA DE DERECHOS LINGÜISTICOS EN EL BIERZO
La aplicación de la LOMCE respecto a la lengua gallega en nuestra comarca para el curso 2015/2016 supone la pérdida de derechos lingüísticos que garantizan el futuro y la riqueza patrimonial de los bercianos y bercianas.
La aplicación de la LOMCE en la Comunidad de Castilla y León, que se inicia ya con el proceso de matriculación inminente para el curso que viene, existe una clara discriminación negativa cara a la materia de Cultura y Lengua gallegas en el bachillerato que entrará en vigor en el curso 2015/16. Es más, existe un acuerdo por unanimidad, el pasado 16 de junio, del Parlamento de Galicia, que invita a solucionar dicha discriminación. Este acuerdo hace un llamamiento al diálogo de los responsables de la Xunta de Galicia con la Junta de Castilla y León en materia educativa, conscientes de la importancia que tiene la introducción del Gallego en los centros de enseñanza para el futuro y la puesta en valor de nuestra riqueza patrimonial que defendemos y de la que estamos orgullosos.
La Consejería de Educación de la Junta de Castilla y León decidió aprobar en el BOCYL a última hora la aplicación de la LOMCE para el curso que viene. Sacaron a golpe de Boletín una Ley en la que El Bierzo sale de nuevo mal parado por las leyes que desde Valladolid se han aprobado sin demora por un gobierno en funciones que nos deja indefensos ante la inminencia del comienzo del período de matrículas. Con la aplicación de la LOMCE, con respecto al Gallego, especialmente en el Bachillerato, no nos parece que el Protocolo de Promoción de la Lengua Gallega que está en vigor sea respetado en su filosofía, que emana de un mandato estatutario y que además debe tener presente la denominada Carta Europea de Lenguas Regionales y Minoritarias a cuyo Comité de Expertos estamos dispuestos a dirigirnos de inmediato, porque a pesar del éxito del Programa, de los continuos obstáculos superados con los que con torpeza se actúa, curso tras curso, el gobierno de nuestra Comunidad insiste con esta medida en discriminar negativamente, en lugar de promocionar como es debido, la introducción del Gallego en los centros del Bierzo, conculcando claramente los derechos lingüísticos de la población berciana.
Por ello, desde la Agrupación Comarcal de El Bierzo del Partido Socialista Obrero Español,
SOLICITAMOS una solución con carácter urgente para dicho problema, ya que las matrículas están en marcha y, además del descrédito y del daño que sufre el Protocolo de Promoción de la Lengua Gallega, ocasionados al no solucionarse de inmediato el actual problema, es ya inevitable que a las familias les está llegando este trato desigual y totalmente injusto e incomprensible.
No se trata de que los alumnos/as consigan una beca para el transporte, que hoy no tienen para poder acudir fuera del horario lectivo normal a los centros, se trata de no discriminar dentro de ese horario lectivo a la materia en cuestión. La Lengua Gallega debe ser tratada, en cuanto al horario se refiere, como las restantes materias optativas, ni más, ni menos. La materia de Lengua y Cultura Gallega no es una actividad extraescolar.
Creemos que es de sentido común evitar un conflicto que se puede evitar al ser un problema de voluntad política, puesto que política también es la medida adoptada de aplicación de forma tan descabellada de la LOMCE. La discriminación tiene una solución que debe partir de las autoridades competentes que así deben manifestar precisamente su competencia actuando en justicia y garantizando los derechos lingüísticos de los ciudadanos que ahora se están conculcando para todos los bercianos.
Es público y notorio que la LOMCE está provocando posicionamientos contrarios por parte de docentes, sindicatos y la casi totalidad de los partidos políticos, con la única excepción del partido en el gobierno, e incluso, cada día que pasa se va abriendo paso el anuncio de una derogación inmediata de la misma en caso de un hipotético cambio de gobierno, lo que hace temer por su futuro y nos invita a solicitar ese sentido común y un poco de sensibilidad por parte de las autoridades educativas ante la situación discriminatoria que estamos denunciando.
Estamos convencidos de la razón y justicia que nos mueve a reclamar con urgencia la solicitud del problema antes de crear mayores perjuicios a un Programa de Promoción tan bien acogido por la comunidad educativa de la Comarca. Como representantes de los ciudadanos bercianos, conscientes de que la Promoción del Programa de la Lengua Gallega tiene futuro y que hay que acabar con estos ?ya tradicionales obstáculos que se le plantean? provocados fundamentalmente desde la administración, queremos reclamar públicamente ante el gobierno de la Junta de Castilla y León recién constituido, que normalice un derecho que resulta obvio que supone y garantiza esa riqueza patrimonial de la que somos portadores y a la que no renunciamos.
EJECUTIVA DE LA AGRUPACION COMARCAL DEL BIERZO ? P.S.O.E.
Está a difundirse pola rede esta carta dun alumno de galego de Vilafranca do Bierzo:
Carta dun alumno que quere estudar galego
"É obvio que o galego non é totalmente inmune aos cambios propios dunha lingua, pero cando falamos dunha rexión que está fóra de Galiza onde tamén se fala galego a situación aínda se volve máis precaria.
Falo da rexión do Bierzo, no noroeste de Castela e León, lugar onde o galego forma parte da súa cultura e onde, desde hai algo máis dunha década, está presente no ámbito educativo grazas ao convenio de colaboración entre a Junta de Castela e León e a Xunta de Galicia para fomentar a lingua galega dentro da educación primaria e secundaria deste territorio galegofalante.
Este convenio entre as dúas rexións parecía que volvía recuperar o galego, pero foi un espellismo. Coa chegada da LOMCE á educación pública déixase o galego desprotexido, contradicindo o propio Estatuto de Castela e León que, no seu artigo número 5, di: ?Gozarán de respecto e protección a lingua galega e as modalidades lingüísticas nos lugares en que habitualmente se utilicen?.
Para chegar á situación actual vou describir como foi o meu paso por este programa. Cando ía entrar no instituto, descubrín que o programa de promoción da lingua galega no Bierzo tiña continuidade na ESO. Ante a miña sorpresa o que me atopei na súa presentación ante o equipo directivo foi un intento de evitar que collésemos a opción ?Ciencias sociais en galego?. Poñían argumentos que para min soaban ridículos como que o galego só serve para Galiza, esquecendo que a través do galego temos acceso a 200 millóns de falantes de portugués, pero que fixeron que de 30 alumnas e alumnos que estabamos no programa en educación primaria tan só dous elixísemos cursar Ciencias Sociais en lingua galega.
Nos dous anos seguintes seguimos sendo dous os ?pioneiros?, cunha continuación da campaña de disuasión, difamatoria da nosa lingua, que conseguiu o seu obxectivo. Cando eu xa estaba en 2º da ESO, os novos alumnos de 1º sentiron temor e esta opción acabou quedando sen alumnos.
Na miña promoción a cousa recaeu en 3º da ESO cando xa só era eu o que cursaba CCSS en galego coa miña profesora actual, apoiando a lingua galega dunha maneira digna, tan digna como todos os profesores de galego que se aventuraron a dar clase alí.
O clímax da situación chega este ano, cando a Junta considera o galego como unha materia de ?Libre configuración autonómica?, unha denominación que quere enmascarar una clara intención de nos facer perder o programa de galego. Este ano somos tres os que cursamos CCSS en galego e uns 15 os que escollemos Lingua e Cultura Galega. Pero agora esta última materia deberá saír do horario lectivo, o que implica vir unha hora antes que o resto de alumnos que non escolleron galego en Bacharelato. As clases empezan ás 8:40, pero eu en 1º de Bachelerato terei que vir tres días á semana ás 8:45 da mañá e en 2º catro veces por semana a esa hora. É unha total discriminación contra o alumnado que escolle Lingua e cultura galega e ao mesmo tempo contra o Bierzo.
O que provoca este cambio é obvio, aos alumnos que veñan de vilas máis pequenas ou aldeas en autocar (o alumnado de Bachelerato xa non ten o dereito a vir nel) seralles imposible vir a esa hora, pois se teñen que recorrer ao transporte escolar será porque seus pais non os poden traer ou ben viven demasiado lonxe. A conclusión final é un descenso do número de alumnado que curse galego no Bachelerato.
Todas estas medidas, que se toman con case 800 alumnos que estudan galego aquí no Bierzo e Sanabria e con 47 profesores que están dentro do Programa de Promoción da lingua galega no Bierzo, fan que nos indignemos totalmente ante esta situación. Iso é o que queremos nós para o galego? E a Xunta de Galicia vai facer algo ou dicir que todo vai ben mentres o galego queda ferido? Se non loitamos, non hai galego forte, así de sinxelo. "
A carta foi publicada no xornal dixital SERMOS onde aparece outro acompañado doutro artigo, nestes caso dunha docente de galego no Bierzo
Agora que a aplicación da LOMCE está poñendo en perigo a subsistencia do galego nos institutos do Bierzo provocando unha clara discriminación negativa cara a aqueles alumnos7as que desexan cursar voluntariamente esta materia, sabemos que os matriculados en galego en Bacharelato poden ter acceso a unha serie de prazas laborais no propio Bierzo como podemos ler na seguinte nova que publican hoxe os diarios dixitais:
Os bercianos/as deberíamos esixir que as autoridades de Castela e León sexan respectuosas cos dereitos lingüísticos dos que gozamos segundo reza no propio Estatuto de Autonomía e asuman que o galego debe deixar de ser unha materia marxinal, cunha carga lectiva a maiores e nun horario de tarde nos bacharelatos, cousa que non ocorre con ningunha outra optativa, como pretende a LOMCE no curso que vén.
Polo que aparece no BOCYL a LOMCE pon en serios problemas as matrículas do próximo curso en Bacharelato a non ser que haxa unha modificación inmediata do publicado.