O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os premios Xarmenta na súa IV edición
A Asociación Berciana da lingua Xarmenta vén de anunciar a próxima entrega dos premios que anualmente convoca para prestixiar o labor que a prol da lingua realizan tanto diversas personalidades ou entidades do Bierzo como de Galicia.
Este ano os premios foron para a gaiteira galega Susana Seivane, na categoría de personalidade que máis esforzos fixo a prol da defensa da lingua galega fóra da Galicia administrativa. Por outra banda, o Grupo Aira da Pedra, conxuntamente coa Asociación Cultural Escola de Gaitas de Vilafranca,recibirán o galardón na categoría de institución que máis colaborou co desenvolvemento do galego no Bierzo. A gala celebrarase o vindeiro 15 de xaneiro no Teatro Bergidum de Ponferrada e será presentada polos xornalistas Ricardo López Témez e Soledad Figueroa.

ENTREGA dos IV PREMIOS XARMENTA
sobre os premios e os premiados
premios en Ben falado!
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 14-01-2009 05:32
# Ligazón permanente a este artigo
Que é o Mego da Escola?
O mego na escola naceu no ano 2005 como un caderno de propostas didácticas para promover a elaboración e a recolleita de materiais pedagóxicos arredor das Xornadas ?Martín Sarmiento?. Son materiais que poden partían das propostas de mestres e alumn@s dos centros de ensino de Vilafranca e do Bierzo que participan nunha experiencia de coñecemento da figura do Padre Sarmiento e da defensa dos valores do Patrimonio, especialmente da lingua, como principais obxectivos.

Obxectivo do ano 2008
Agora damos este paso a un formato blog para facilitar o diálogo Bierzo-Galicia especialmente para os alumn@s e profesores que participan do proxecto dos Intercambios Escolares "Martín Sarmiento". Poñemos nas túas maos esta ferramenta de intercambio de experiencias e comunicación para antes, durante e despois da realización dos intercambios.

Aude sapere: Atrévete a saber
O Bierzo e Pontevedra son lugares que hoxe están en dúas Comunidades Autónomas distintas, aínda así compartimos unha boa cantidade de cousas que aparentemente son dispares ou parecen casuais, pero que se as observamos con atención xa non nos parecerán tanta casualidade. Son resultado da nosa historia e do patrimonio que nos identifica. Vivimos en lugares distintos e como tal diferentes na paisaxe (as praias, a costa e o mar fronte aos ríos e montes con neve dos que aquí disfrutamos. Pontevedra ten maior número de habitantes que Vilafranca, é máis unha cidade que unha vila, aínda que as relacións co mundo rural que rodea ás dúas forma parte do seu pasado máis recente. Os contrastes que existen entre pontevedreses e vilafranquinos non son maiores que os que teñen os pontevedreses cós de Valdeorras ou os que viven no Cebreiro, por poñer un par de casos. Fronte o crecemento económico que experimenta Pontevedra, está Vilafranca que supera día a día dificultades para ofrecer traballo aos que viven nela. Pero a pesar das diferenzas hai outros elementos da nosa forma de ser que están máis próximos e teñen muito que ver con esa linguaxe dos sentimentos e da forma de ver o mundo. Mesmo sendo distintos á hora de comer e tendo as nosas exquisitas especialidades como son o marisco e o botelo, non deixamos de tomar un caldo ou un ?pulpo? na feira, ou de ver a Tele Galega con gusto e hai unha mesma lingua que entendemos, lingua que somos capaces de falar sen problemas, porque con variantes distintas, facemos uso dela nas casas, lingua que herdamos como partes que fomos dun mesmo reino medieval, o primeiro destas características en Europa que se chamou Gallaecia, nome que lle puxeron os romanos a un territorio que naquel tempo ía máis aló do Bierzo e ocupaba ademáis da Galicia actual, unha boa parte do Norte de Portugal. Saber máis sobre por qué somos como somos é parte importante da experiencia socializadora que debemos aprender na escola. Eses fenómenos comúns da cultura e do patrimonio que estudou Sarmiento serán o noso centro de atención nesta experiencia didáctica dos INTERCAMBIOS ESCOLARES que levan o seu nome.

Que son os INTERCAMBIOS ESCOLARES ?MARTÍN SARMIENTO??
PROXECTO DE INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO e CULTURAL BIERZO-PONTEVEDRA

Forman parte dun intercambio cultural entre o Vilafranca, o Bierzo e Pontevedra, co galego como lingua vehícular a proposta da Comisión Cultural Martín Sarmiento nos que participan centros de Primaria e Secundaria nunha posta en común de materiais didácticos cos seguintes obxectivos:
Pór en marcha iniciativas que permitan colocar o noso patrimonio histórico-artístico, cultural, lingüístico e natural en relación directa coa polifacética obra de Martín Sarmiento para incorporar de forma efectiva a vida, obra e pensamento do ilustrado como baluarte do noso conxunto patrimonial.
Achegarse con curiosidade por saber máis sobre os nosos bens patrimoniais porque nos fan distintos a outras culturas e porque precisan unha atención especial para poder disfrutar da súa existencia.

CON SARMIENTO SABEMOS DO NOSO PATRIMONIO COMÚN
Sarmiento naceu en Vilafranca do Bierzo e escoitou falar por vez primeira galego aquí, a súa nai que era destas terras do interior e podémola imaxinar dicindo: Mirai, mirai que ollos tein este meu Perucho... Ela foi quen lle deu ademais do primeiro leite ese outro alimento do que tamén estamos necesitados, o amor e os aloumiños. Precisamente unha das mellores formas de mostrar os sentimentos cara os nosos seres queridos é a través das palabras. Estamos convencidos de que aquí nace tamén o seu amor polo galego, na súa vila natal, onde o mamou asociado aos cariños maternos. Mais logo foi vivir a Pontevedra, a terra do seu pai e alí medraría falando galego. Un idioma que non abandonaría nunca a pesar de se desprazar lonxe de Galicia, sendo aínda un mozo para comezar a súa educación como monxe benedictino.
Sería moito despois cando se daría conta de que o Bierzo e Pontevedra teñen un patrimonio en común. Iso que Sarmiento observou agora nos resulta máis doado a nós polo feito de que persoas coma el foron abríndonos os ollos para observar con atención a riqueza patrimonial, os bens comúns que temos.
Por iso, seguindo os pasos de Sarmiento, propoñémosche que valores as distintas caras que dan forma ao noso ser, á nosa identidade conformada polo esa herdanza patrimonial. Un patrimonio común do que nos atrevemos a saber e para sentirmos donos responsables e orgullosos.
Esta experiencia de achegarnos aos nosos recursos patrimoniais, compartirémola estudantes do Bierzo e de Pontevedra, dous lugares claves na vida de Sarmiento nos que traballaremos conxuntamente nun intercambio de propostas para saber máis uns e outros sobre a figura, a obra e as preocupaciois deste ilustrado.
En toda experiencia de coñecemento hai un tanto de curiosidade ou interese e outro tanto de satisfación que logo repercuten no saber. Aproveitar esta ocasión para aprender coñecendo novos amigos e amigas, novos lugares cos que tedes seguro moitas cousas en común. E como diría Sarmiento: Aude sapere, ou o que é o mesmo, Atrévete a saber!


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-03-2008 07:48
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0