O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sarmiento un ilustrado coñecedor das plantas
Agora que xa vai entrando a primavera é un bo momento para, seguindo os pasos de Sarmiento coñecer as plantas máis habituais da nosa terra.

Como fixo Sarmiento na súas viaxes? Para adentrarmos no mundo dos "vexetables" da mao do noso frade sabio a autora Mari Álvarez lembra as súas palabras.
o nome das plantas en galego
Comentarios (0) - Categoría: 300 anos con SARMIENTO 1695-1995 - Publicado o 05-04-2018 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
9 marzo do 2017 332 anos despois...
Hoxe fai 332 anos que nacía Pedro Joseph en Vilafranca do Bierzo, un meniño ao que a súa nai concedeulle un gran tesouro sen ela ser consciente daquel legado que lle ofrecía con cada cantiga de berce que lle cantaba, con cada palabra agarimosa co que acariñaba. Foi o seu idioma materno. A súa nai, posiblemente berciana, ou cando menos nativa e falante do galego oriental, chamaríao Perucho, mais, co tempo, recoñecido como un sabio erudito, foi Martín Sarmiento, hoxe considerado o pai das Letras Galegas.

Pois ben se este home é hoxe lembrado por nós, non o é polo seu lugar de nacemento, que con ser importante e logo de diversas controversias, ten singular transcendencia entre nosoutros porque nos permite incorporarnos a ese cúmulo de homenaxes e estudos que procuran difundir e popularizar o seu labor en campos non só relacionados coas Letras, senón tamén nos de diversas ciencias e coñecementos.

A nosa contribución á manter viva a súa memoria pasa por revitalizar constantemente o seu amor pola lingua materna que escuitou, por vez primeira no Bierzo un 9 de marzo, pero que non esqueceu e que defendeu ata a fin dos seus días sabendo legar unha chea de propostas e servindo de modelo mesmo para a escrita da literatura moderna en idioma galego. Precisamente un dos seus ávidos lectores, dos muitos que tivo no século XIX, foi Antonio Fdez Morales de quen celebramos o seu bicentenerio precisamente este ano. Este é, en definitiva, o motivo de que de novo xuntos, estes dous persoeiros das nosas letras comparezan da mao e sexa Sarmiento e as súas Xornadas en Vilafranca (que van pola IX edición) os que abran a porta dos actos do bicentenario do cantor do Bierzo en galego, autor dos Ensaios poéticos en dialecto berciano, o segundo libro do Rexurdimento galego, editado dous anos antes que esoutra obra considerada a máis emblemática deste movemento da literatura contemporánea galega, os Cantares de Rosalía.

Este ano as Xornadas, por cuestiois coxunturais, celébranse o próximo día 14 de marzo, pero é de xustiza que fagamos un pequeno recordatorio da data e que nos preparemos para afrontar no Bierzo un ano de gran importancia para o idioma que tanto amaba Perucho, amor que soubo comunicar e perpetuar en persoas como Antonio Fernández. Morales.
Comentarios (0) - Categoría: 300 anos con SARMIENTO 1695-1995 - Publicado o 09-03-2017 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
O programa das III Xornadas: homenaxe a Sarmiento (II)

Comentarios (0) - Categoría: 300 anos con SARMIENTO 1695-1995 - Publicado o 31-12-2015 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
A homenaxe a Sarmiento en Vilafranca no ano 1995 (I)

O ano 1995, aínda non existía a Comisión Cultural Martín Sarmiento, foi daquela a Asociación Cultural Escola de Gaitas de Vilafranca a que realizou unha homenaxe no mes de setembro na honra de Sarmiento con motivo da celebración do seu tricentenario e deselvonvendo un monográfico sobre o frade bieito galego-berciano nas III Xornadas de Cultura e Lingua Galegas no Bierzo.

Logo, meses despois, publicaríase a memoria das xornadas cando xa se levaran a cabo tamén en Vilafranca, vila natal do erudito, outras actividades de homenaxe como a clausura do Congreso "O padre Sarmiento e o seu tempo" que organizou o Consello da Cultura Galega.
Comentarios (0) - Categoría: 300 anos con SARMIENTO 1695-1995 - Publicado o 23-12-2015 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0