O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Dende o dito ano 1710 nunca falei, nin lin, nin escribín tres períodos en língua galega
No facebook circula un anaco dun texto coñecido de Sarmiento.
..... Dende o dito ano 1710 nunca falei, nin lin, nin escribín tres períodos en língua galega ( marchou a Madrid aos 15 anos para ingresar na orde de San Bieito e despois foi destinado a Asturias ), e canto a ler, a penas sabía que houbese monumentos escritos nese idioma ata o dito ano de 1745, cando vín infindos pergameos e papeis e lin tal cal por curiosidade...
Tampouco tiña mentes de pescudar a orixe das voces galegas ata o ano de 1745....
Lembrei logo despois que no ano de 1727 vin na biblioteca de Toledo un códice manuscrito en pergameo e en folio que contén os dicires ou coplas que fixo o rei don Afonso o Sabio en loor da Nosa Señora...
Zúñiga nos Anales de Sevilla imprimiu algunhas daquelas coplas e del copiounas Papebroquio na Vida de san Fernando, e os dous supoñen que están en língua galega, e teño eu evidencia de que é verdade. Teño tamén texto do douto marqués de Santillana, quen, hai máis de trescentos anos ( primeira metade do século XV ) escribíu que no antigo se facían en língua galega todos os dicires, coplas e cantares...
Non hai regra da ortografía galega, aínda que a que teño observado nos instrumentos é moi constante e amañada....
Por este motivo non é doado que todo galego, e menos castelán, poida facer copia exacta dos meus quince pregos. Sendo evidente que para ningún castelán teñen o menor atractivo as coplas e que ningún deles se interesa na orixe da língua galega...



Na direccion REINO DE GALICIA
Comentarios (0) - Categoría: CURIOSIDADES SOBRE SARMIENTO - Publicado o 28-09-2023 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
O 9 DE MARZO DECLARADO DÍA DO NATURALISMO EN GALICIA NA HONRA DE SARMIENTO

Unha proposta do mestre Rafael López Loureiro ante a
Real Academia Galega das Ciencias e o Consello da Cultura Galega que servirá para homenaxear á figura de Martín Sarmiento no día no que naceu en Vilafranca do Bierzo, o 9 de marzo.
Logo será un bon día para achegarse aos estudos naturais do erudito e mesmo de facer actividades mesmo nas terras do Bierzo ligadas ao coñecemento da Natureza.
Podemos ver a nova en distintos medios:
Nós Diario
Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: CURIOSIDADES SOBRE SARMIENTO - Publicado o 01-03-2023 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
A ORIXE BERCIANA DA FAMILIA MATERNA DE SARMIENTO

No concello de Sarria, na aldea de Perros naceu a mai de Sarmiento, da que vai tomar o apelido que o identificará ao entrar no convento de San Martín en Madrid. Clara Balboa Sarmiento segundo parece está relacionada co Pazo-Torre de Perros

Apuntamos as palabras do Presidente da Academia Galega ditas en Vilafranca do Bierzo un 18 de maio de 2002 ante o plenario de académicos e o presidente da Xunta nun acto público celebrado no Teatro Vilafranquino:

"...Como Sarmiento abriu unha época e marcou unha liña intelectual na que os tópicos deben ser destituidos pola verdade unha e outra vez asediada, eu quixera agora presentar a Xosé Perucho, aquel meniño, coma berciano de estirpe por parte da súa nai e por Balboa dereito se cadra dos García Rodríguez de Valcarce Balboa que J:A. Balboa (tamén), historiador de Cacabelos, recorda orgullosos e poderosos pertigueiros, entre outras cousas, do mosteiro de Carracedo..."
Comentarios (0) - Categoría: CURIOSIDADES SOBRE SARMIENTO - Publicado o 03-09-2022 07:20
# Ligazón permanente a este artigo
O carballo de Santa Margarida
Comentarios (0) - Categoría: CURIOSIDADES SOBRE SARMIENTO - Publicado o 27-10-2020 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
SARMIENTO E OS XIGANTES DE PONTEVEDRA

Onte presentouse en Pontevedra o libro "Los Gigantes de Pontevedra"de Leoncio Feijóo Lamas. Tiramos deste libro tres citas con palabras de Sarmiento sobre estes xigantes, o festexo que os fixo aparecer e o seu significado.

"Puedo decir que el primer objeto que se imprimió en mi memoria han sido unos gigantones que vi en la procesión del Corpus, acordándome al mismo tiempo de la casa, calle y celosía detrás de la cual la vi... Habiendo hecho el cálculo, los dichos gigantones de la dicha procesión del Corpus de Pontevedra hicieron la primitiva y primera impresión en mi memoria siendo yo de ventiséis meses y veintiún días. Antes de esa impresión, de nada de nada me acuerdo, ni siquiera confuso..." (referencia ao ano 1697)

"Sería cosa muy instructiva si se escribiera una colección de todos los diferentes modos que hay de celebrar la fiesta de Corpus y de todos los objetos que componen la procesión en cada país. A dos principales clases se podrán reducir todas las representaciones: unas a significar el Sacramento o cosas de Él, y otras a representar el Daiblo, Muerte y Pecado como cautivos que se llevan en triunfo para juguete y diversión de los niños y para escarnio de todos... (los gigantones) representan todo el infierno vencido y que por esto salen como en triunfo en la procesión de corpus y después, sin venir al caso, sacan en otras fiestas". (Escrito aproximadamente en 1750).

No Coloquio en 1200 coplas galegas (1746) Sarmiento deixou unha terceira referencia a estas figuras festivas:

" ¿ Non vistes na Vila
o ano postreiro
no día de Corpus
festiña de Deus
aqueles Xigantes
que van derradeiros
da Coca e da Nao
e fan novo gremio?
(coplas 532-533)
Comentarios (1) - Categoría: CURIOSIDADES SOBRE SARMIENTO - Publicado o 08-08-2019 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre o Cebreiro e as cebras en Sarmiento

Sarmiento fixo unha disertación sobre o asno cebral e claro relacionouno co topónimo do Cebreiro. Son varias as publicaciois que se fan eco deste asunto. Imos deixar eiquí unha de tantas na web de Galiciencia: Pero había cebras no Cebreiro?
Comentarios (0) - Categoría: CURIOSIDADES SOBRE SARMIENTO - Publicado o 05-08-2019 08:11
# Ligazón permanente a este artigo
As viaxes de Sarmiento por Galicia
Son tantos os ecos das viaxes de Sarmiento por Galicia que imos ir recollendo alguis dos que circulan pola rede:

- Na península do Barbarza

- No Monte Pindo. e reseña do seu paso pola comarca Cadoiro-Ézaro.

- Ruta do Salnés. Parada no lugar de: Figueira do Meco (O Grove) e da Orixe do Meco.

- Ao Ferrol.

No Consello da Cultura Galega atopamos unha edición dunha destas viaxes.

No Museo de Ourense atopamos tamén un caderno con debuxos inéditos
Comentarios (0) - Categoría: CURIOSIDADES SOBRE SARMIENTO - Publicado o 18-01-2019 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
O ECO DE SARMIENTO NO BANQUETE DE CONXO
Sabemos con maior pecisión a importancia que as ideas sobre Galicia dun ilustrado e erudito como Sarmiento tiveron un eco notable e poderíamos dicir que determinante en varios aspectos dos procesos que os intelectuais progresistas do XIX realizan en distintos momentos, transcendentais para marcar o ritmo de cambios que definen os avances ideolóxcicos do XIX. Aparece esta referencia á difusión da obra de Sarmiento na década dos 50 a través de distintas publicaciois, entre elas o xornal El País ligado ao Partido Demócrata (o primeiro con carácter republicano)como se detalla nesta investigación á que se lle dá pulo nesta nova en Praza Pública no que se di literalmente sobre Luís Rodríguez Seoane, un dos participantes no Banquete de Conxo:

"Forma parte do que podemos chamar xeración do 56, que son os herdeiros da xeración do 46. É un grupo de xente que socializa ao redor do Liceo de la Juventud, no que tamén está Murguía, Rosalía de Castro, Aurelio Aguirre, Pondal... Son estudantes da Universidade de Santiago de Compostela pero teñen a conciencia de que o deber do estudante non é a formación individual, senón poñer o saber que eles adquiren ao servizo do pobo. El móvese no ambiente provincialista e intégrase no Círculo Provincialista de Pontevedra, onde funda o xornal El País. Ese Círculo foi moi importante para a difusión da figura de Sarmiento. Pero Rodríguez Seoane despois colle outro camiño e afástase un pouco da actividade intelectual, centrándose na súa carreira académica e profesional. Participa na Xunta Revolucionaria de 1868, pero nese momento xa non se move nas claves do Partido Demócrata, senón máis ben nun progresismo moderado."
Comentarios (0) - Categoría: CURIOSIDADES SOBRE SARMIENTO - Publicado o 07-01-2017 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
NA POLÉMICA DO GALEGO E O PORTUGUÉS NO XVIII
Unha curiosa polémica entte ilustrados en pleno século XVIII:

Comentarios (0) - Categoría: CURIOSIDADES SOBRE SARMIENTO - Publicado o 02-11-2015 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
FISTERRA, UN MERIDIANO SOÑADO POR SARMIENTO
Acabamos de atopar e ler un artigo curiosísimo sobre un dos traballos de encargo do rei a Sarmiento, o Sistema de adornos para o palacio Real e unha enigmática lousa da época que seguramente foi obra do propio erudito e na que tivo ben presente un lugar tan simbólico como o Finis terrae do mundo antigo. Podedes ler o artigo en Globoteca de Alejando Polanco Masa.
Máis recentemente vén de publicarse na Galiciencia outra referencia a este curioso meridiano.
Comentarios (0) - Categoría: CURIOSIDADES SOBRE SARMIENTO - Publicado o 04-08-2013 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0