O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O IES EUROPA NAS IV XORNADAS MARTÍN SARMIENTO
Traballo realizado polos alumnos/as do IES EUROPA de Ponferrada para os Intercambios Escolares Martín Sarmiento coordinado por María E. Veiga.

2002-2012: DEZ ANOS DE GALEGO NO BIERZO

Este é o último dos traballos presentados polos centros participantes nas IV Xornadas Martín Sarmiento. Este traballo tiña como obxectivo facer unha pequena reflexión dende o Bierzo da situación da lingua galega hoxe, nese proceso de rexurdir do seu uso que naceu a raíz da celebración do Día das Letras Galegas no ano 2002 no Bierzo e na honra de Sarmiento, momento en que comeza tamén un programa de Promoción do Galego nos centros escolares que leva xa dez cursos en funcionamento.

A continuación colgamos un vídeo reseña da presentación que se realizou o pasado 9 de marzo no Teatro de Vilafranca do Bierzo por parte da profesora e os alumnos/as que elaboraron dito traballo:

Comentarios (0) - Categoría: DE SARMIENTO A MORALES - Publicado o 15-07-2012 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
DA GALICIA DE ROSALÍA ATA O FRANQUISMO
Traballos realizados para os INTERCAMBIOS MARTÍN SARMIENTO 2012 por alumnos/as de 3º da ESO do IES. VALLE INCLÁN de Pontevedra (Pontevedra) que coordinou Xosé Álvarez García.

DA GALICIA DE ROSALÍA ATA O SÉCULO XX.

Os últimos traballos que realizaron alumnos/as do IES Valle Inclán para estas IV Xornadas Martín Sarmiento dunha serie que partía da obra de Sarmiento achégase ata o Século XX dividindo esta parta da Historia da Literatura Galega en dous apartados. O primeiro iría dende o Rexurdimento ata a Xeración Nós (comezos do XX) e o segundo dende os tempos de Castelao ata o Franquismo.


Da Galicia de Rosalía á Galicia da Xeración Nós

No século XIX nace unha ideoloxía galeguista que defenderá a dignidade da lingua galega, e potenciará a creación literaria.
A principios deste século aparecen os primeiros escritores galeguistas, chamados Precursores do Rexurdimento, estes son todos os que teñen obras publicadas antes da publicación de Cantares gallegos por parte de Rosalía.
Os temas tratados na literatura desta época van dende a exaltación da paisaxe galega, ata a denuncia dos males, ataques e desprezos que padece o país.
Os principais escritores deste período son: Xoán Manuel Pintos, autor de A gaita gallega (1853), e Francisco Añón, que publicou en revistas e xornais composicións de temática costumista e reinvindicativa.
A consolidación da lingua galega prodúcese no período denominado Rexurdimento, iniciado no 1863 coa publicación de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, e finaliza cara a 1916 coa creación das Irmandades da Fala.
Nesta etapa pretendese consolidar a lingua galega, por iso empezáronse a facer dicionarios (Dicionario gallego-castellano de Francisco Xavier Rodríguez 1865), estudos sobre a gramática (Gramática gallega de Saco e Arce, 1868) e as primeiras editoriais ( Biblioteca Gallega, 1885).
Tamén nesta etapa aparece a prensa en galego. A primeira publicación periódica escrita totalmente en galego foi O Tío Marcos da Portela creada en 1976 en Ourense por Valentín Lamas Carvajal. (autor tamén de libros en poesía e narrativa como O catecismo do labrego). Entre os anos 1886 e 1888 consolídase o xornalismo en galego, e van aparecendo por toda Galicia novos xornais baixo o nome de: O Galiciano (1884?1889), O Fungueiro (1885) ou As Burgas (1894-1895).
Os autores máis importantes do Rexurdimento son sen dúbida Rosalía, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal, pero xunto a eles destacan tamén polas súas obras: Manuel Leiras Pulpeiro (Cantares Gallegos, 1911, de temática costumista, social e anticlerical), Marcial Valladares (publicou, ademais da súa gramática e do dicionario, a primeira novela escrita en galego Maxina ou a filla espúrea, 1880) ou Antonio López Ferreiro (autor de tres novelas históricas de carácter romántico como: A tecedeira de Bonaval, O niño de pombas e O Castelo de Pambre).
En 1916 créase na Coruña unha organización que será o inicio do nacionalismo galego, as Irmandades da Fala, co fin de promover un movemento galeguista que por primeira vez asumirá o monolingüismo en galego.
As Irmandades da Fala naceron pola iniciativa dos irmáns Antón e Ramón Vilar Ponte, que conseguiron xuntar na Coruña un grupo de persoas preocupadas pola cultura galega.
Se consideramos a importancia das Irmandades na vertente lingüística e cultural, estas foron un revulsivo na sociedade da súa época. Concienciaron a sociedade da defensa do seu sinal de identidade, a lingua.
Creáronse agrupacións locais que defendían ese fin común, unha delas, por exemplo, foi creada en Pontevedra, e dirixida por Castelao.
Durante a época das Irmandades creouse a revista Nós, dirixida por un grupo galeguista formado por ilustres personaxes como Castelao ou Risco, eles intentaron modernizar e superar o illamento da cultura galega facéndoa partícipe dos movementos que estaban a darse no resto de Europa.
Nesta época é importante destacar tamén a creación en 1923 do Seminario de Estudos Galegos, no que participarán mozos que daquela eran universitarios e que acabarán sendo importantes figuras da cultura galega.
Tanto a xente das Irmandades, como os que estaban arredor da revista Nós ou a xente do Seminario de Estudos Galegos realizaron un traballo importantísimo de dignificación da lingua e da cultura galega. Introduciron o galego nas mais diversas manifestacións culturais, como o ensaio e trataron de crear unha conciencia colectiva da importancia no noso idioma como sinal que nos caracteriza e nos fai partícipes no mundo
Outro fito importante foi a creación do Partido Galeguista. En 1931 convócase en Pontevedra a Asamblea Nacionalista. Nesta asemblea acordouse a creación dun partido político que aglutinase o galeguismo, constituíndose deste xeito o Partido Galeguista, que tivo un papel fundamental na defensa dun Estatuto de Autonomía para Galiza, que finalmente sería aprobado e refrendado polo pobo en xuño de 1936. Nel recollíase por primeira vez a oficialidade do galego, pero este Estatuto, que supoñía un avance importantísimo, non chegou a entrar en vigor debido ao golpe de Estado franquista en xullo de 1936. Moitos dos intelectuais e políticos galeguistas da época foron fusilados ou encarcerados, outros tiveron que marchar de Galiza. O galego perdeu os avances que conseguira.

Traballo feito por:
José Manuel Amoedo Meijide
Celia Cerviño Ruiz
Carla Isabel Arca García
Roberto Ramos Casal
Andrea de Sousa Romero
Laura López Garnil
Eloísa Prieto Artime
Santiago Álvarez Zambrano

Podedes ver unha reseña do conxunto de traballos presentados polo IES VALLE INCLÁN a continuación:



Da Galicia do Franquismo ata os nosos días


Unha vez que triunfa o franquismo prodúcese un retroceso nos avances que se conseguiran para o galego, porque a maioría dos intelectuais tivera que marchar ou foran eliminados. Ademais o franquismo considerará o galego un sinal de incultura ou de separatismo.

Na etapa do franquismo o galego estaba fóra de todo uso oficial e público, tamén desapareceu da gran maioría dos eventos culturais.

A súa vez o castelán vai gañando terreo e a gran parte das persoas, maioritariamente dunha clase social alta, que falan en castelán.

O franquismo desprestixiou a lingua galega e provocou un retroceso na sociedade galega. A etapa franquista supón unha involución cultural debido aos ataques e desprezos que recibe do sistema franquista.

O galego déixase de utilizar tamén nos diferentes textos e escritos, polo menos ata que se volva iniciar a lenta recuperación.

Realmente non existía ningunha lei que prohibira falar en galego pero interpretábase coma un enfrontamento ó réxime de Franco e a xente tiña medo das consecuencias, porque moitos dos galeguistas pagárano coa vida. Nos primeiros anos, Franco desata unha inxusta violencia contra a cidadanía. Moita xente foi asasinada por mostrar rexeitamento ante as proclamas do bando militar.

Tamén executaban a xente de estados sociais altos como militares opostos ó golpe, sendo fusiladas algunhas das maiores autoridades militares de Galicia.

Tamén mataban ás mulleres que pedían a co home e por último a todas as persoas que eran sospeitosas ante o réxime. Así que non é de estrañar que nos primeiros anos da ditadura ninguén se atrevese a levantar a voz na defensa do galego, por si acaso. Só os exiliados galegos en América continuaban coa defensa da lingua.

Nos anos cincuenta hai unha pequena mellora ao cal axudará a creación de editoriais como a Editorial Galaxia, que axudou a prestixiar de novo a lingua galega e xunto con outras comezou a publicar libros de antigos e novos escritores galegos. Pero hai que ter en conta que o público lector en galego era moi reducido.

Nos anos sesenta o réxime vai cedendo terreo ó galego, porque necesita mostrar unha cara máis amable. Así en 1963 concédeselle permiso á Real Academia Galega para celebrar o centenario da publicación dos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, polo que se instaura a celebración do Días das Letras Galegas, aínda que a finalidade nesas datas, era a de xuntar ós galeguistas, xa que non existía a liberdade de reunión.

Durante o franquismo produciuse un grande avance do castelán, en primeiro lugar, porque estenderon a idea de que falar castelán era un sinal de progreso, de cultura e de educación. Tamén porque avanzou a escolarización dos nenos galegos e a escola só era en castelán. Ademais, a chegada da televisión e da radio permitiron que o castelán chegase a todas partes. Daquela non había radio non televisión en galego. Tampouco podemos esquecer o labor da Igrexa a favor do castelán e en contra do galego. Nalgúns seminarios incluso se chegaba a perseguir aos que falaban en galego. Na Coruña apareceran uns papeis pola rúa nos que se dicía que non había que ser bárbaros e que había que falar castelán. Así que non é raro que o castelán avanzase nesta época.

No ano 1975, termínase o réxime franquista e establécese uns anos despois a democracia. Galicia á parte da poesía, produce máis e diferentes xéneros literarios para unha sociedade libre.

Coa chegada da democracia, o galego volve adquirir rango legal e pódese falar e escribir libremente en galego. O galego empeza a ter maior presenza na educación e tamén nos medios de comunicación.

Có réxime democrático Galicia apróbase o Estatuto de Autonomía polo que Galiza convértese en Comunidade Autónoma con dúas linguas oficias: galego e castelán. O galego é considerado como a lingua propia de Galiza, pero aínda así saber castelán é un deber e o galego só teñen o dereito de coñecelo os cidadáns galegos.

Nos anos oitenta hai un acontecemento importantísimo: xorden a Televisión e Radio Galega, que axudan a difundir a lingua e a cultura galegas.

Hai un grande avance no prestixio da lingua galega, xa que aparecen gramáticas, dicionarios e gramáticas históricas do idioma. Pero tamén cada vez avanza máis o castelán e chega a xente e lugares onde nunca antes estivera presente.

No ano 1982 adóptase oficialmente unha normativa acordada polo Instituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega. Esta norma, que é a que está vixente hoxe, recibe pequenas modificacións no 1995 e tamén no 2003.

Hoxe en día o español é a lingua escrita para a maioría dos galegos. O galego segue perdendo falantes, a maioría das familias galegas falan en castelán e en concreto as familias dunha alta clase social.

Nos núcleos urbanos o castelán avanza a maior velocidade aínda que na función laboral hai unha mesma proporción entre o galego e o castelán.

En eventos internacionais ou culturais cada vez é maior o número de falantes en castelán.

Aínda que o galego recuperou terreo e avanzou nalgúns ámbitos e nalgunhas clases sociais cultas, a castelanización de Galicia aumenta e medida que avanzan os anos, sobre todo nas xeracións máis novas. Con todo, o galego aínda segue sendo a lingua maioritaria en Galiza.

Traballo feito por: Miguel Rózpide, Miguel Fernández, Alejandra Salgado, Guillermo Santos, Nadal Viñas, Raquel Arias e Javier Bouzas. (3º B)
Comentarios (0) - Categoría: DE SARMIENTO A MORALES - Publicado o 15-07-2012 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
DE SARMIENTO AO REXURDIMENTO PLENO
Traballo realizado para os INTERCAMBIOS MARTÍN SARMIENTO 2012 por alumnos/as de 3º da ESO do IES. VALLE INCLÁN de Pontevedra (Pontevedra) que coordinou Xosé Álvarez García.



Nas IV Xornadas Martín Sarmiento preocupámonos por situar na Historia da Literatura galega a obra de Sarmiento e a súa influencia para que logo tiveran lugar movementos como o Rexurdimento. Para afondar nesa perspectiva abordamos tamén este período achegándonos ao denominado Rexurdimento Pleno a través da figura de Rosalía de Castro.


Rosalía, motor do Rexurdimento

O século XIX foi un século de grandes cambios en Galicia. Na década de 1840, un grupo de intelectuais comezou a tomar conciencia diferencialista de Galiza con respecto ao resto de España. Antolín Faraldo, Neira de Mosquera, Romero Ortiz e Rodríguez Terrazo, entre outros, presentaron dúas innovacións que marcaran o inicio do Prerrexurdimento: un traballo de sistematización das principais características diferenciadoras de Galiza e o provincialismo, movemento que defende que Galiza é toda unha rexión e non pode dividirse en 4 provincias independentes, como se establecera.

O Rexurdimento pleno iniciouse con Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1837 ? Padrón, 15 de xullo de 1885). Filla dunha fidalga e un cura, pasou a súa infancia na aldea de Castro de Ortoño, onde entrou en contacto co mundo rural e coa lingua galega. Aos 15 anos, trasladouse a Santiago de Compostela a estudar e, aos 19 mudouse a vivir a Madrid. Alí coñecerá a Manuel Murguía, con quen casará, e, por mor do seu matrimonio, vese obrigada a vivir en diferentes lugares de fóra de Galiza. Murguía animaraa a escribir en galego. No 1863 escribiu o libro Cantares gallegos, o primeiro escrito totalmente en galego. Este libro ten un carácter puramente reivindicativo, e a propia Rosalía aclara as súas intencións no prólogo. Di que nos poemas cantará a beleza de Galicia (??anque naide tampouco se pudo achar animado dun máis bon deseo pra cantar as bellezas da nosa terra naquel dialecto soave e mimoso que queren facer bárbaro os que non saben que aventaxa ás demais linguas en dozura e armonía. Por esto, inda achándome débil en forzas e non habendo deprendido en máis escola que a dos nosos probes aldeáns, guiada solo por aqueles cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que tan docemente resoaron nos meus oídos desde a cuna e que foran recollidos polo meu corazón como harencia propia, atrevínme a escribir estos cantares, esforzándome en dar a conocer como algunhas das nosas poéticas costumes inda conservan certa frescura patriarcal e primitiva, e como o noso dialecto doce e sonoro é tan apropósito como o pirmeiro para toda clase de versificación.?) e defendela dos ataques do resto de España (?Mais he aquí que o máis triste nesta cuestión é a falsedade con que fóra de aquí pintan así ós fillos de Galicia como a Galicia mesma, a quen xeneralmente xuzgan o máis despreciable e feio de España, cando acaso sea o máis hermoso e dino de alabanza.?). Os poemas deste libro son glosas de cantares típicos da Galiza rural. O outro libro no que Rosalía mostra o carácter reivindicativo é Follas novas (?Que o deixen pasar, como un romor máis, como un perfume agreste que nos trai consigo algo daquela poesía, que nacendo nas vastas soidades, nas campías sempre verdes da nosa terra e nas praias sempre hermosas dos nosos mares, ven direitamente a buscar o natural agarimo nos corazós que sufren e aman esta querida terra de Galicia.?)

Basicamente, Rosalía procuraba a dignificación de Galicia, dar a coñecer as tradicións e costumes galegos denunciar as inxustizas e marxinacións que padece Galicia, e defender o idioma galego.

Escribir en galego no s. XIX, non resultaba moi doado, xa que o idioma estaba considerado un mero dialecto desprezado e desprestixiado. Nun ambiente no que o castelán era a lingua da cultura, Rosalía de Castro rompeu a cantar, concedéndolle o prestixio merecido ao galego. Cantares gallegos é un canto colectivo, artisticamente logrado, que serviu de espello dignificante á comunidade galega ao empregarse a lingua desta, así como tamén foi útil para proseguir a tendencia timidamente iniciada polo pontevedrés Xoán Manuel Pintos coa súa obra A Gaita gallega (1853). Na segunda obra emprega símbolos para explicar o que non se pode con palabras e que xunto con Aires da miña terra (Curros Enríquez), Saudades gallegas (Valentín Lamas Carvajal) e Maxina ou a filla espúrea (Marcial Valladares Núñez) completan o conxunto de obras publicadas na época de 1880 que fixeron destes anos unha etapa clave no desenvolvemento da literatura galega, aínda que a obra de Rosalía sempre se mantivo nunha posición predominante con respecto ao resto.

O 15 de xullo do ano 1885, Rosalía morre en Padrón, na súa casa, como consecuencia dunha agravación do seu cancro de útero. Ao día seguinte, foi enterrada en Iria Flavia, aínda que en 1891 foi exhumada e trasladada ata o Panteón de Galegos Ilustres en Santiago de Compostela.

Tras a súa morte, xurdiron os epígonos. Escritores que imitaban a súa obra, como por exemplo Carmen Prieto Rouco ou Manuel Leiras Pulpeiro, quen escribiu no ano 1911 o libro Cantares gallegos, imitando ao de Rosalía.

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega, propuxeron celebrar o centenario da publicación de Cantares gallegos. O 28 de abril acordouse a creación do Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano. O primeiro ano, a figura á que se lle dedicou foi Rosalía.

Para entender a importancia do labor de Rosalía, temos que entender como estaba a situación do galego na época en que ela viviu e a situación da muller. O galego era unha lingua desprestixiada, considerado un dialecto do castelán ou unha deformación deste. Pensábase que nunca antes fora lingua escrita, non sendo nas obras dos precursores, e que non servía para crear literatura. Pero ademais, Rosalía era unha muller así que atreverse a escribir en galego e sendo muller ten máis mérito aínda. Por iso ela se desculpa no prólogo do seu libro e apela á súa ignorancia en canto a como escribir correctamente.

Cando ela escribiu Cantares gallegos, non houbo problemas, porque eran poesías inofensivas, pero cando escribiu Follas novas a cousa cambiou, porque Rosalía denuncia a situación de Galicia: a miseria, a emigración, o machismo, a inxustiza. Isto feito por unha muller e nunha lingua considerada de segunda ten un valor impresionante e molestou moito, por iso foi criticada e ignorada, pero tamén a converteu nun símbolo para os escritores posteriores, xa que ela tivo a honra de ser a primeira en escribir un libro completamente en galego, por iso se celebrou o centenario da publicación de Cantares gallegos en 1963 e a partir de aí cada 17 de maio (data da publicación da obra) todos os anos se conmemora e se lle adica a un escritor diferente.

Membros do grupo:
 Ariadna Pérez Sanmartín
 Eugenia Castro Calvo
 Theo Agustín Quintas Peralta
 Atreo Francisco Lozano Liste
 Alba María Hermida Augusto
(3ºA)

Comentarios (0) - Categoría: DE SARMIENTO A MORALES - Publicado o 15-07-2012 08:31
# Ligazón permanente a este artigo
O IES PADRE SARMIENTO NAS IV XORNADAS MARTÍN SARMIENTO
Traballos en galego realizados para os INTERCAMBIOS MARTÍN SARMIENTO 2012 por alumnos/as de 1º e 3º ESO e de 1º de Bacharelato do IES. PADRE SARMIENTO de Vilafranca do Bierzo que coordinou Mónica Lourido Santiso.

ECOS DE SARMIENTO NA OBRA DE MORALES

A influencia que exerce a obra de Sarmiento na do poeta do galego do Bierzo Antonio Fernández Morales foi obxecto de análise a distintos niveis polos alumnos/as do IES. Padre Sarmiento do Programa de Galego servíndolles para comprender mellor a evolución da lingua e a literatura galega, especialmente nos períodos dos Séculos Escuros ao Rexurdimento.

A identificación das semellanzas existentes entre a obra destes dous autores bercianos tanto en cuestións referida á riqueza do léxico como a outro tipo de recursos característicos e coincidintes nas obras de Sarmeinto e Morales foton un dos obxectivos deste proceso de achegamento a ambos autores realizado por estes alumnos/as, como podedes comprobar no vídeo colgado a continuación a modo de reseña das presentacións dos cursos antes citados.






DE PAISAJE Y DE PAISANAJE POR EL BIERZO

Traballos en castelán realizados para os INTERCAMBIOS MARTÍN SARMIENTO 2012 por alumnos/as de 2º de Bacharelato do IES. PADRE SARMIENTO de Vilafranca do Bierzo que coordinou Ana Nespral Méndez.

? Los alumnos de Literatura Universal de 2º de Bachillerato del IES ?Padre Sarmiento? del Departamento de Lengua Castellana y Literatura de Villafranca del Bierzo nos decidimos a participar en los trabajos conmemorativos de las IV Jornadas Martín Sarmiento. Hemos tratado de aproximarnos a tres escritores que en algún aspecto se pueden llamar universales:

Martín Sarmiento, universal como conocedor e investigador de diversas ciencias, universal como amante de las lenguas.
Gil y Carrasco, un viajero por sitios de España y del extranjero, a la conquista del paisaje real.
Fernández Morales, alguien más pegado a la tierra, pero universal en ese afán por describir lo propio, lo autóctono.


? Nuestros trabajos son dos vídeos con los siguientes títulos:

De paisaje por el Bierzo: con sitios altos para contemplarlo, con mariposas o barburetas, con hojas que lleva el viento?
(Hecho por Lucía, Julia y Sonia.)


De paisanaje por el Bierzo, porque, como dice nuestro poeta villafranquino Juan Carlos Mestre, hay voces como la ?de Gil y Carrasco, que vio el Bierzo con personas arrastradas por la pasión?; o la de Fernández Morales, que ?escribía en la lengua en la que sueñan los hombres del Noroeste?.
(Trabajo hecho por Álvaro, Sergio y Francisco.)


Comentarios (0) - Categoría: DE SARMIENTO A MORALES - Publicado o 04-07-2012 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
O IES. BERGIDUM FLAVIUM TRALOS PASOS DE MORALES NAS IV XORNADAS MARTÍN SARMIENTO
Traballo realizado para os INTERCAMBIOS MARTÍN SARMIENTO 2012 por alumnos/as de 4º da ESO e 1º de Bacharelato do IES. BERGIDUM FLAVIUM de Cacabelos que coordinou María Novo Breijo.


Trátase dun traballo centrado na biografía e na obra de Morales como poeta referente do Rexurdimento no Bierzo. Incorporase nel aspectos da vida de Morales que foron dados a coñecer recentemente na 6ª Escola Fermín Penzol que se celebrou no mes de outubro pasado en Cacabelos e que entre outras cuestións deronse a coñecer por vez primeira varias fotografías do autor afincado nesta vila e onde tamén foi sepultado.

Os valores lingüísticos e a importancia da súa obra Ensaios Poéticos en Dialecto Berciano para a Literatura Galega foi outro dos elementos que vertebraron o noso labor. Como é lóxico puxemos especial atención nos versos que Morales dedicou a Cacabelos. Podedes ver unha reseña do noso traballo a continuación nesta presentación que fixemos para a posta en común con outros centros realizada o pasado día 9 de marzo en Vilafranca nas IV Xornadas Martín Sarmiento:

Comentarios (0) - Categoría: DE SARMIENTO A MORALES - Publicado o 05-05-2012 07:47
# Ligazón permanente a este artigo
ECOS DE SARMIENTO NA OBRA DE PINTOS
Traballo realizado para os INTERCAMBIOS MARTÍN SARMIENTO 2012 por alumnos/as de 3º da ESO do IES. VALLE INCLÁN de Pontevedra (Pontevedra) que coordinou Xosé Álvarez García

Ecos na obra de Pintos e outros precursores
Os precursores son aqueles escritores do século XIX anteriores ao Rexurdimento e foron uns dos primeiros que fixeron grandes progresos na dignificación de Galicia, dos galegos e da lingua galega. Estes precursores nacen de dous movementos político-sociais da época, que son o Provincialismo e o Rexionalismo.
O Provincialismo foi un movemento político e cultural que xurdiu en Galicia arredor do 1840 e constituíu un dos antecedentes para os grupos políticos e culturais do galego que terían lugar no século XX.
Este movemento naceu principalmente en Santiago de Compostela grazas aos estudantes desta cidade. Xurdiu como consecuencia do ambiente político da época, para defender os intereses dos galegos e para dignificar Galicia do desprestixio que tiña. De feito, debe o seu nome á oposición por parte dos provincialistas á división de Galicia en provincias, de forma incoherente, pola administración en 1833. O Provincialismo pretendía que se vise Galicia como unha soa provincia e fose chamada como era no pasado, como Reino de Galicia.
A este primeiro movemento que se divide en dous períodos (o primeiro de 1840 ata 1846, que tivo moita actividade política e literaria e o segundo desde 1854, que sobre todo tivo actividade literaria) pertencen numerosos precursores, que publicaban as súas obras en xornais e facían poemas e concursos ou grupos de intelectuais a favor da lingua galega. Os principais precursores desta época son:
-Francisco Añón: Foi poeta e tratou temas como os costumes galegos (como a obra ``Alma en pena´´) ou a morriña e o amor por Galicia, póndoa como un lugar idílico cunha lingua idílica, intentando borrar así os antigos prexuízos que tiñan os estranxeiros sobre Galicia (como en ``Recordos da infanza´´). Ademais fomentou a lingua galega a través de xornais nos que participou activamente como no El Idólatra de Galicia. Serviu como referencia para autores do Rexurdimento como Curros, que o representa nunha das súas obras (O divino sainete).
-Antonio Neira: Foi basicamente xornalista, e fixo un gran traballo para promover o uso do galego mediante os xornais nos que participou activamente, como, por exemplo, en El recreo compostelano, La Situación de Galicia, ou El Idólatra de Galicia.
-Antolín Faraldo: Foi escritor galego e xornalista no xornal de El Recreo Compostelano. Realizou, sobre todo, unha grande activdade política, incitando aos mozos galegos a que se deran conta da mala situación na que vivía Galicia e mediante as súas obras alentaba os levantamentos provincialistas.
O precursor máis importante da época do Provincialismo e dos que virían máis tarde co Rexionalismo foi Xoán Manuel Pintos (Pontevedra 1811-Vigo, 1876). Pintos, escritor, poeta e lexicógrafo, estudou filosofía na Coruña, fixo a carreira de dereito en Santiago de Compostela (1829-1835), exerceu como avogado na Coruña (1837-1840), foi xuíz en Cambados e Pontevedra (1840-1844) e rexistrador da propiedade en Vigo (1862).
Casou en 1841 con Serafina Amando, coa que tería catorce fillos. Sabía tocar o violín e participou na Real Academia Galega en 1906. Pertenceu ao segundo grupo provincialista e defendeu a lingua e cultura galega e aos galegos mediante as súas obras poéticas e literatura.
Foi o primeiro poeta importante do Rexurdimento, ou se se prefire, do Prerrexurdimento. As súas obras reflicten o seu estudo para a recuperación do galego e a súa preocupación pola eliminación dos defectos que puidese haber no galego, escribindo así, con dozura, sonoridade e sen defectos. Tamén, en moitas das súas obras, podemos ver como incita aos galegos ao uso da lingua propia de maneira correcta.
Esta preocupación pola normativización da lingua, vémola na súa obra Breve diccionario gallego, escrito por un tamborileiro para facilitar a comprensión de A Gaita Gallega, de feito axudou á Real Academia Galega co seu Glosario.
A maioría dos seus poemas e dalgunhas das súas obras foron publicadas en xornais ou revistas como no xornal pontevedrés El Circulador.
A súa obra máis importante e coa que se centrou máis na lingua galega foi A Gaita Gallega, publicada en 1853 e da que xa se publicaran algunhas partes no xornal pontevedrés Los Misterios de Pontevedra. Os personaxes fundamentais desta obra son Cristus que é un gaiteiro galego que fala da súa lingua e dos seus costumes galegos e Pedro Luces, tamborilero non galego que é o destinatario do contado por Cristus. Este, vaille ensinando que o galego non é una mala lingua e vaille desmentindo os prexuízos que teñen os casteláns sobre os galegos. Nesta obra, Pintos defende notablemente a nosa lingua e dignifícaa, combatendo os prexuízos sobre ela dos pasados séculos escuros. Esta obra servirá de referencia para moitos autores do Rexurdimento xa que é unha das primeiras grandes obras que defenden o uso da lingua galega e a Galicia.
Ademais destas obras Pintos escribiu outras vinte composicións poéticas e, antes de morrer estaba escribindo unha ao xa defunto Vesteiro Torres, que fundara en Madrid a agrupación Galicia Literaria.
Máis tarde, Pintos será un escritor de referencia non só para os poetas do Rexurdimento, senón tamén para os posteriores, polo seu labor na defensa da lingua galega. Un exemplo deste respecto que sentirán por el os escritores do Rexurdimento pódese observar na obra de Curros Enríquez O divino sainete, na que fai referencia, ademais de a outros autores do Provincialismo como é Añón [interpreta nesta obra un dos papeis de protagonista] a Pintos que tamén aparecerá nesta obra.
Volvendo ao resto dos precursores, cabe destacar aos dous últimos máis importantes, pertencentes xa ao Rexionalismo: Alfredo Brañas e Manuel Murguía.
-Alfredo Brañas foi un escritor do Rexionalismo, que fixo numerosos estudos sobre a sociedade e lingua galega. Defendía que a tradición e a sociedade galega non merecían o esquecemento no que estaban e incitaba a que se seguise loitando polo galego.
-Manuel Murguía (marido de Rosalía) foi un escritor, poeta e xornalista do Rexionalismo que estivo en contacto con moitos dos outros precursores. Entre as súas obras destacan algunhas como Historia de Galicia. Tampouco debemos esquecer o seu labor animando á súa muller Rosalía para que escribise en galego. Foi un dos intelectuais que máis traballou polo galego e por Galicia.

Todos estes Precursores anteriormente nomeados, incluído Pintos, realizaron un gran labor de dignificación da nosa lingua e da nosa cultura. Fomentaron o uso da lingua galega entre os galegos, trataron de dignificala demostrando que non era un dialecto, como se pensaba, e que tamén valía para escribir literatura. Grazas a eles foron posibles os grandes movementos literarios, socias e políticos como o Rexurdimento ou o nacionalismo galego, porque estes personaxes, mediante diferentes métodos (revistas, poemas, novelas, conferencias?) intentaron e conseguiron fomentar a nosa lingua e que os nosos costumes non se perdesen e, sobre todo, prepararon o camiño para o avance dos que viñeron despois deles.

Compoñentes do grupo: Mateo Guillermo Gómez-Randulfe Rodríguez, Nazaret Lizer Crespo, Antonio Fernández Fraguas, Paula García Bodaño e Marta Fernández Padrón. (3º A)
Comentarios (0) - Categoría: DE SARMIENTO A MORALES - Publicado o 21-04-2012 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
PINTOS NA PONTEVEDRA ONDE SE CRIARA SARMIENTO
Traballo realizado para os INTERCAMBIOS MARTÍN SARMIENTO 2012 por alumnos/as de 3º da ESO do IES. VALLE INCLÁN de Pontevedra (Pontevedra) que coordinou Xosé Álvarez García

En 1846 Galicia foi escenario dunha revolución que deixaría unha fonda marca na historia e na cultura do país. Malia ao seu fracaso, o alzamento liberal de 1846 marcou a política e o pensamento da época, e ten unha importancia fundamental en como se desenvolveu despois o Rexurdimento e o Rexionalismo galego. Aínda hoxe, as lembranzas daqueles feitos continúan con vida.

Xoan Manuel Pintos Villar está considerado un dos precursores do Rexurdimento literario galego. A súa obra, como acontecía por norma xeral na época, está espallada en xornais, revistas e folletos, mais é A Gaita gallega (1853), a única obra súa publicada en vida, a composición que o sitúa nun lugar importante dentro da literatura galega por ser a primeira escrita en galego moderno.

Pintos escribe na época que chamamos Rexionalismo que é a etapa que seguiu ao fracaso do alzamento liberal de 1846. O Rexionalismo vai levar a cabo unha defensa das diferentes partes que, dentro dunha nación (España) se distinguen doutras pola súa homoxeneidade tanto no físico como no humano e no cultural.

Coa chegada do Romanticismo, na península Ibérica reavivouse o espírito rexional e a identidade subxectiva das rexións españolas. A consideración das linguas non oficiais cambia e revalorízanse as tradicións, linguas e dialectos autóctonos. En Galicia, chocan a lingua castelá, urbana e favorecida pola burguesía, e a lingua galega, que se consideraba rural e campesiña e que se encontraba sen cultivo literario e sometida a unha gran diglosia. Aparece unha conciencia nacional e reivindícase o idioma galego como distintivo da personalidade de Galicia.

Dentro do compoñente cultural do rexionalismo galego tivo moita importancia na segunda etapa do Rexurdimento (etapa cultural da historia de Galicia que se desenvolveu ao longo do século XIX e que tivo como característica principal a revitalización da lingua galega) Xoan Manuel Pintos, quen na súa obra A gaita galega vai reconstruíndo a vida campesiña da rexión, intentando reflectir as variantes da fala popular galega. Ademais reuniu moitos materiais léxicos ata un total de catorce mil voces, pero non chegou a publicalos. Unha copia manuscrita de ao redor de 1865 consérvase na Real Academia Galega co título Vocabulario galego-castelán. Hai noticias de que Pintos comezou este traballo en 1853.

Pintos naceu en Pontevedra en 1811, pero xa desde moi novo se trasladou á Coruña para estudar Humanidades e máis tarde a Santiago de Compostela para estudar Dereito. Co tempo chegou a ser fiscal en Pontevedra.

Froito da súa especial vinculación a Pontevedra, hoxe existe na nosa vila un roteiro que percorre os lugares relacionados coa súa vida e a súa obra. Ese roteiro inclúe o seu lugar de nacemento (O Burgo). Nas composicións de Xoán Manuel Pintos as mencións a este espazo (o eido no que vive, o cruceiro do barrio, a invocación ao santo...) onde asina boa parte da súa obra:
O que toca a gaita
co tamborileiro, camiñando juntos
para o novo eido que ten aquel mestre
no Burgo pequeno, e chegando ó patio
que está unda o cruceiro lle dixo a seu amo
o tamborileiro.


O río Lérez é outra referencia importante, xa que en Xoán Manuel Pintos é tratado como locus amoenus, é dicir, como un lugar de felicidade. Tamén a Ponte do Burgo parece que lle serviu de observatorio para describir diversos aspectos da vila.

Outro dos lugares que aparecen na obra de Pintos é o antigo cárcere. Pintos vai falar deste cárcere e das condicións dos presos. Os seus versos expresan e evidencian a súa sensibilidade social: Mira, Pedro, agora que falas de eso dígoche que seique val máis estar dez anos nun bo presidio que dez días nesa cadea de Pontevedra.

Na rúa Isabel II, desta cidade, concretamente no número 4 estaba a imprenta dos irmáns Vilas (José e Primitivo), onde se editou en 1853 A gaita gallega.

A basílica de Santa María tamén foi cantada por Pintos:
Santa María, reina soberana,
anjos e images todas dese tempro,
andias de prata hermosa onde garrido
vai adorado o Santo Sacramento.

Tamén existen na obra de Pintos referencias a distintos onomásticos de Pontevedra: San Roque, o río dos Gafos, Salcedo, Mollavao, Marín...
Alá no río dos Gafos
onde había noutro tempo de caridá hospitaliños
para os lázaros enfermos, que hoxe piden espallados
polas calles e paseos...


En definitiva, a obra de Pintos está chea de referencias á vila de Pontevedra, a diferentes lugares da cidade, á súa natureza, etc
Comentarios (0) - Categoría: DE SARMIENTO A MORALES - Publicado o 21-04-2012 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
O BIERZO FOI PROVINCIA: A LINGUA GALEGA DE SARMIENTO A MORALES
Traballos realizados para os INTERCAMBIOS MARTÍN SARMIENTO 2012 por alumnos/as da ESO do IES. PADRE SARMIENTO de Vilafranca do Bierzo que coordinou Mónica Lourido Santiso

A LINGUA GALEGA E A ANTIGA PROVINCIA DO BIERZO:
De Sarmiento a Morales na procura da identidade.


Baixo este título xenérico o IES. Padre Sarmiento presentou unha morea de traballos realizados nos distintos cursos de Secundaria (de 1º , 3º e 4º e tamén de 1º de Bacharelato) realizando inicialmente unha panorámica da historia da lingua galega para logo centrarse na obra de Sarmiento en plenos Séculos Escuros e como precursor do Rexurdimento e na do autor berciano do Rexurdimento pleno, Antonio Fernández Morales procurando contextualizar a aparición dos seus traballos especialmente no caso de Morales ao relacionalo co movemento liberal berciano que entre outras reclamacións políticas lograra a creación da Provincia de Vilafranca do Bierzo.


Os traballos de 4º da ESO

Podedes ver, inicialmente, unha memoria dos traballos de 4º da ESO nunha montaxe audiovisual de catro das presentacións feitas na aula (a do grupo formado por Alba Ares Encinas, Joao Manuel Oliveira, L. Francisco Fonseca Sánchez e Cecilia Fernández Blanco, xunta a de Jéssica Becerra Riveiro, Cristina Frade Lago, Sara Novo Vega e Verónica Novo Montaña; tamén a do grupo de Cristian García Domínguez, Iván Unquera Amigo, Jairo Vázquez Fernández e Patricia Fernández González, ademais do de Isabel, Paula, Dani, Raquel e Andrea).
Para que teñades a posibilidade de ler en detalle algún deles, optamos por incluír a continuación o texto completiño dos que presentou un quinto grupo formado por Verónica López Sobredo, J. Enrique García López, Marta Fernández González, Katia Alonso Sánchez e Ana Butrón López.




I-O GALEGO NO BIERZO

Historia da lingua galega
O galego é o resultado da evolución do Noroeste da Península Ibérica do Latín vulgar traído polos colonizadores romanos nos séculos II e I a.C
A Romanización
É o proceso histórico de asimilación e incorporación dos pobos ibéricos ao mundo cultural romano. O latín irá evolucionando e diversificándose pouco a pouco nas distintas zonas do Imperio dando orixe aos diversos dialectos que á volta dos séculos se converterán nas linguas románicas.
O romance galego foi estendéndose cara o sur conforme a Reconquista ía gañando terreo e deste modo orixinouse o galego portugués. Incapaces de resistir aos árabes amplos sectores da pobación hispano-xermánica retroceden ata refuxiarse nas zonas montañosas do Norte penínsular, entre elas a vella provincia de Gallaecia, desde Cantabria ata o río Douro. No Bierzo tamén naceu o galego ao estar incluída dentro da Gallaecia.

A Baixa Idade Media
O periodo medieval da historia do galego esténdese ao longo de 700 anos de virtual normalidade lingüística (dende o século IX ata o século XV). Este período recibe o nome de galego antigo. Este nace e é falado no territorio abarcado pola antiga Gallaecia romana. O galego portugués consolídase como lingua oficial da corte portuguesa. Polo contrario, o galego portugués experimentará a partir do século XV un proceso de marxinación en Galicia que practicamente o deixará reducido a condición de dialecto rústico ata o albor do século XIX.

O nacemento do reino de Portugal
Portugal nace como reino autónomo a comenzos do século XII. En Portugal coñécese o ano 1128 como o da Independencia. Durante a Baixa Idade Media, o galego comenza a disputarlle ao latín a condición da lingua de cultura e da administración, que este posuíra en solitario ata o seculo XII.
O galego cultívase nas áreas da xustiza e economía, na vida eclesiástica e relixiosa.

O Galego antigo 1350
A situacion cultural empeora. Galicia convértese nun satélite do reino de Castela.

O final da Idade Media
A partir de 1350 o papel de Galicia no ámbito dos reinos peninsulares perde importancia. En dúas ocasións a nobreza autóctona verase obrigada a claudicar ante a chegada dunha clase aristocrática foranea: SÉCULOS ESCUROS NA LINGUA GALEGA.



II-O BIERZO FOI PROVINCIA

No século XIX, esta sociedade do Antigo Réxime comeza a cambiar iniciándose un proceso revolucionario que se coñece como Revolución liberal.
A crise do Antigo Rexime no Bierzo comenza por dous motivos:Un conflicto militar (Guerra da Independencia) e un proceso político de reformas liberais.
Este proceso tivo momentos de avance e retroceso antes de asentarse de xeito definitivo. O Bierzo convértese en zona de enfrontamento entre o exército regular español e as tropas inglesas do xeneral Moore, por unha parte, e o exército francés de Napoleon do Mariscal Soult, pola outra (Batalla de Cacabelos 1809). A nivel político, ante a ausencia das autoridades do Antigo Réxime, prodúcese a creación das Xuntas que resolven realizar unha convocatoria a Cortes. A "Junta del Reino de León" para organizarse mellor divide o territorio berciano en "Partidos"; en principio son dous:
Vilafranca e Ponferrada
En 1822 créase a Provincia denominada ?Villafranca del
Vierzo? por decreto das cortes e incluía a O Bierzo e Valdeorras, pero só duraría 10 anos ata que no 1833 coa nova división administrativa repártese o territorio entre Ourense e León.

O liberalismo no Bierzo
Liberais son os partidarios de limitar os poderes, para impedir un poder absoluto. Sabido é que en Vilafranca coincidiron na época da Guerra da Independencia personaxes de índole liberal que eran veciños da vila como Antonio Valcarce. Este feito axuda a que no ano 1820 se crease unha Sociedade Patriótica, outro dos referentes do liberalismo ata rematar o Trienio Liberal. O perfil dos liberais no século XIX era o dun comerciante burgués.
No Bierzo son un bo exemplo algúns dos mais nomeados amigos de Morales, Pascual Fernández Bueza (Poeta)e Mateo Garza García.

Procuran melloras a nivel económico e social para o Bierzo, loitan pola antiga Provincia do Bierzo e ata procuran o Rexurdimento do Galego dende o Bierzo.



III- OS PRECURSORES DO REXURDIMENTO
Nos libros dise que os precursores do Rexurdimento do galego son X. Manuel Pintos, Añón, Alberto Camino, pero o Pai Sarmento foi dos primeiros en escribir en lingua galega e un dos precursores deste, xa no século XVIII.
O Pai Sarmiento dicía que os nenos debían estudar galego na escola, e apoiaba todo o relacionado co galego. De feito escribiu 1200 Coplas en galego, cando ninguén o facía.
Considérase Rexudimento pleno cando se publica a obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro,pero Antonio Fdez. Morales foi un verdadeiro artífice do Rexurdimento, xa que en 1861 no Bierzo publicou unha obra moi importante e antes que Rosalía, Pondal e Curros( autores coñecidos en Galicia por iniciar este movemento do Rexurdimento do galego).


O PADRE SARMIENTO, UN ILUSTRADO BERCIANO

Sobre a súa vida...

O Pai Sarmento foi un auténtico sabio que con verdadeira devoción estudou variados aspectos do galego e isto no século XVIII, un século antes que Morales, e os autores do Rexurdimento.

O relativo valor literario das súas obras(1200 coplas en galego ou Coloquio entre 24 gallegos rústicos, entre outras) acrecéntase porén pola relevante aportación lexicográfica, e pola lingua usada, a que falaba a xente.


As ideas ilustradas comezaron na segunda metade do século XVll, coincidindo cunha certa modernización económica do noso país.Tamén está ralacionada con que Galicia era unha realidade diferenciada que estaba a recibir un trato discriminatorio.

Ideas ilustradas:
Modernización da agricultura.
Industrialización do país e necesidade de vías de comunicación.
Recuperación da nosa literatura popular.
Denuncian o abuso da imposición do castelán.

ESTUDO DA LINGUA QUE USABA SARMIENTO NAS COPLAS:

Vexamos un exemplo:

...O rey Don Phelipo
estando no leito
non sein se durmindo,
non sein se desperto....
Faltoulle o resollo
e mais os meneos
sen febre e sem dore
se foi para o ceo ...
Sacáronlle a maga,
botáronlle drento,
sal e vinagre,
allos e mais cheiros.
por que non fedese
o corpo algún tempo
o atustullaron
de muitos ingüentos...

Cuidein que poñías
por caso e enxempro
cando por Nadal,
no noso terreo

matan, lañan, salgan,
os porcos bem cheos,
e fan-os touziños
e mais os codelos...


No texto de Sarmiento aparece a forma: muito e formas verbais: sein, cuidein e meso o ditongo ui en "muitos" que no galego normativo serían: sei, coidei e moito, pero no galego do Bierzo son iguais: Sein, cuidein e muito
Como non tiñan normas para escribir, obsérvase o uso do apóstrofe e tamén de palabras que as escribían tal e como soaban.
Tamén vemos a retranca, é dicir a ironía, que compara ao rei cun porco.

ESTUDO DUN POEMA DE MORALES NOS ENSAYOS POÉTICOS EN DIALECTO BERCIANO

Este lugar é unha villa
franca, garrida, sencilla,
cos honores de ciudá,
que de dous ríos na orilla
e nun val clavada está.
(...)
... Si logo se vai á praza,
ailí verá pampalliños,
liño en cerros pequeniños,
de Dragonte leña e caza

E d? Hornixa marraniños.
Leite fresca de Vilela;
as tarxas de Ponferrada:
as truitas de Paradela;
de Burbia a leite mazada
y estopa d?Horta en manelas(...)

Manteca, en grandes roscois
de tripas, de Paradiña;
de Penoselo jamois;
perdices d?a Veigueliña,
e de Ruitelán castrois.

Na obra de Morales tamçen aparecen as formas verbais: tein que en galego normativo é "teñen" e no galego do Bierzo tein
Repítense algunhas veces estas formas verbais
Tamén aparecen adverbios "ailí". No galego normativo: Alí e no galego do Bierzo: Eilí

Tanto Morales como Sarmiento escribían como falaba a xente porque non había unha normativa.

Uso de topónimos
Ex: Vilela,Corullón,Ponferrada,Paradela.
Terminación do plural en ? ois.
Escambrois,jamois,castrois,roscois etc.
A forma latina "muitas"
Lusismos
Bon
Morales ten un léxico moi rico.
Ex: Pampalliños,unha palabra típica do Bierzo.

Grazas á xente dos pobos e a estudosos coma Sarmiento e a Morales que escribiron en galego, hoxe en día aínda podemos seguir falando e estudando galego no Bierzo.

Verónica López Sobredo
J. Enrique García López
Marta Fernández González
Katia Alonso Sánchez
Ana Butrón López
4º ESO, curso 2011/12 IES PADRE SARMIENTO.
Comentarios (0) - Categoría: DE SARMIENTO A MORALES - Publicado o 21-04-2012 08:18
# Ligazón permanente a este artigo
O PROVINCIALISMO GALEGO
Traballo realizado para os INTERCAMBIOS MARTÍN SARMIENTO 2012 por alumnos/as de 3º da ESO do IES. VALLE INCLÁN de Pontevedra (Pontevedra) que coordinou Xosé Álvarez García


O PROVINCIALISMO GALEGO
Case rematadas as guerras carlistas en Galicia xérase, en Santiago de Compostela, un grupo de mozos lectores apaixonados pola literatura, xa que a través dela descobren a súa terra galega. Esta percepción ademais de inspiralos, sérvelles aos mozos para protestar contra a tiranía do centralismo e o esquecida que estaba a terra galega polo goberno central.
Grazas a estes mozos, os xornalistas de diferentes xornais galegos, intentan formar a xente para conseguir a ?UNIDADE GALEGA? e para levantar moi alta a bandeira do patriotismo. Algúns destes xornais eran en castelán pero neles os mozos galegos, mediante algúns titulares expresaban os seus sentimentos, cara a súa terra e cara o seu rexurdimento como por exemplo: El iris de Galicia, El Centinela de Galicia, El Idólatra de Galicia, El enmancipador Gallego, La situación de Galicia, La Aurora de Galicia? Estes títulos de xornais representan moi claramente o centro de interese dos mozos. Tamén intentaban transmitir unha protesta para que a singularidade e personalidade galega tivese outra vez unha grande importancia na cultura, tanto en literatura como noutros temas culturais. Como exemplo da importancia cultural galega, chegaron obras literarias de diferentes autores, tanto desa época como de anos seguintes. Autores da época como Benito Viceto (que publicou a Historia de Galicia) ou o propio Juan Manuel Pintos (con La gaita gallega). Pero como xa dixemos antes anos despois tamén apareceron famosos autores galegos con obras cunha idea provincialista como foron Manuel Murguía, Eduardo Pondal e a propia Rosalía de Castro. Pero xa que falamos de obras literarias tamén debemos falar dos xéneros literarios da época. Había dous:
? O primeiro eran textos políticos que trataban temas diversos como a resistencia fronte á invasión napoleónica, críticas entre absolutistas e liberais?
? O segundo tema era máis un tema literario xa que había panxoliñas, sonetos, e algunha obra teatral.
Pero volvendo ao contexto histórico, o obxectivo dos provincialistas non era só un tema literario senón tamén un tema político, xa que querían que a unidade organizativa se centrase nas provincias, e que Galicia fose unha soa provincia, debido ás súas diferenzas de linguaxe e cultura respecto a outras rexións de España, e non catro como quería o goberno central na reforma feita en 1833. Desta idea o nome que recibían os que se opoñían a dividir Galicia en catro provincias, provincialismo. Pero os provincialistas tiñan máis dun obxectivo, xa que pedían outros tres máis.
? Ocupar o poder político e exercelo cun favoritismo especial cara ós intereses galegos.
? Facer unha política autónoma, respecto á capital madrileña, no poder lexislativo e no ámbito dos tributos.
? Poder reformar o sistema universitario.
Estes obxectivos están suficientemente documentados, xa que así se manifestaron nas proclamas das xuntas organizadas polos provincialistas. Nunca estivo claro a finalidade última das súas iniciativas. Barallábanse tres opcións: ter unha certa autonomía respecto ao poder central, o cambio de réxime, ou incluso o federalismo.
Esta idea xorde en abril de 1846, cando o batallón militar de Zamora, ao seu paso por Lugo, sublévase ao mando de Miguel Solís e Cuetos. Tamén se subleva o batallón de Lugo, que acompañado do de Zamora desarma a Garda Civil.
Cando xa a situación está controlada, Solís realiza un discurso moi relevante cun mexase claro: loitar pola liberdade dos galegos e acabar coa ditadura de Narváez.
Pero despois do discurso créase unha nova institución, a Xunta de Goberno, que ten unhas ideas un pouco distintas ás de Solís.
As noticias do asalto en Lugo corren por toda Galicia rapidamente ata chegar a Madrid. Pero a chegada da noticia é tardía e xente como os irmáns Faraldo e Antolín xa crean novas institucións e xuntas en Santiago, que pasa a ser o centro deste movemento. Créanse xuntas como a Xunta Suprema e a Xunta Local. En Santiago créase un novo xornal, A Revolución que permite expresar as ideas das xuntas.
Ao mesmo tempo que a idea do provincialismo crecía, pola contra o exército do comandante Samper intenta vencer a Solís pero non o consegue e regresa á Coruña. Pero Solís non se queda aí así que intenta entrar na Coruña e despois en Ferrol. Non o consegue e regresa a Lugo debido a que o exército do xeneral Concha e o seu batallón en Astorga intentan vencer ao seu exército. O día 15 de febreiro de1846 Solís está en Santiago aprobando a constitución da Xunta Suprema e non se sabe ben por que ese día comeza o fin deste levantamento. Concha e o seu exército entran en Santiago grazas a que Solís tiña unha mala estratexia militar. Finalmente os principais representantes do levantamento foron executados e hoxe coñecémolos como os Mártires de Carral, porque foi alí onde os mataron, en total 12 persoas incluído o propio Solís.
A derrota militar non foi a derrota da idea do provincialismo galego, pero si da súa actividade política. Os superviventes comezaron unha nova vida sen esquecer aquelas ideas polas que un día loitaran pero sen opción a manifestalas.

No seguinte podemos ver a evolucion do sentimento galeguista e a reivindicación do país dende o Provincialismo ata o Nacionalismo xa no século XX.




Traballo realizado por: Mariano Gómez- Ulla, Mauro Costa, Enrique Martínez, Cristián García e Álvaro Filgueira. (3ºA)



Comentarios (0) - Categoría: DE SARMIENTO A MORALES - Publicado o 15-04-2012 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
AS GUERRAS NAPOLEÓNICAS E O LIBERALISMO EN GALICIA
Traballo realizado para os INTERCAMBIOS MARTÍN SARMIENTO 2012 por alumnos/as de 3º da ESO do IES. VALLE INCLÁN de Pontevedra (Pontevedra) que coordinou Xosé Álvarez García

AS GUERRAS NAPOLEÓNICAS E O LIBERALISMO EN GALICIA

Napoleón e o Primeiro Ministro español, Godoy, estableceron a alianza hispano-francesa. Froito desta alianza asínase o tratado de Fontainebleau en 1807. Un dos seus puntos permitía ás tropas francesas atravesar o territorio español camiño da invasión de Portugal co fin de repartilo. Pero Napoleón enganou e colocou de rei ao seu irmán Xosé I. Empezou así o conflito hispano-francés, a Guerra da Independencia, que vai dende 1808 ata 1814.
Neste conflito, Galicia estivo un pouco á marxe, illada, e foi gobernada dun xeito autónomo pola Xunta Xeral do Reino de Galiza.
Napoleón entra co Gran Exército en España no ano 1809, facéndose cargo das operacións. A finais de ano, Napoleón xa ocupaba a maior parte de España.
Durante o período das guerras napoleónicas e tamén o posterior, restauración e loita entre absolutistas e liberais, a literatura en galego é de circunstancias, é dicir, o contido dos escritos é utilitario e serve como instrumento para os fins sociopolíticos do momento. Tamén houbo outra clase de escritos de tipo especificamente literarios: sonetos, algunha obra teatral?
A guerra contra os franceses ata 1809 foille ?indiferente? a Galicia. A partir desta data comezan a aparecer textos en galego co fin de captar mozos para combater na fronte contra o exército invasor. Un destes escritos foi un poema anónimo titulado ?Procrama na Guerra da Independencia por un labrador que foi sarxento ós soldados de novo alistamento.?
Tamén, coa mesma finalidade, sábese que houbo obras teatrais, pero perdéronse.
Xosé Fernández de Neira publica, en 1810, Proezas de Galicia. É unha obra dialogada entre dous personaxes ? Chinto e Mingote- que narran a través da conversa a guerra napoleónica.
Ante os reveses sufridos, Napoleón tivo que vir a España a dirixir a guerra e enviou ao mariscal Soult, que entrou por Pedrafita e venceu ao exército británico na batalla de Elviña. Despois ocupou Galicia.
Os cregos encirraron o pobo galego para erguelo contra os franceses.
Os ilustrados foron acusados de traidores e alcumados afrancesados por seren partidarios das ideas que viñan de Francia.
En Galicia as brigadas de guerrilleiros, tamén chamadas alarmas, estaban formadas campesiños dirixidos por un crego ou por un militar retirado. As armas que utilizaban eran ferramentas de traballo: fouciños, legóns gadañas? Aínda que tamén utilizaban algunhas pistolas e fusís mercados aos ingleses.
A loita guerrilleira conseguiu botar aos franceses de Galicia. O xeneral Ney foi derrotado na batalla de Pontesampaio, onde os campesiños de Cotobade e Soutomaior usaron canóns de pau como artillería.
Tras a derrota do exército napoleónico e a súa retirada en 1814, comeza unha loita entre os partidarios do absolutismo e os liberais, que foran crecendo e lograron aprobar a Constitución de Cádiz, (a Pepa) en 1812.
Estas disputas e loitas entre ambos bandos tamén teñen reflexo na literatura galega. Trátase de publicacións puramente utilitarias, e propagandísticas. Son folletos para ser lidos aos veciños e aos correlixionarios. Moitas veces son diálogos entre personaxes populares. Tertulia, Coloquio, Conversa, son os títulos.



O liberalismo nace no ano 1820 cando as gornicións da Coruña e Ferrol levántanse contra o pronunciamento de Riego en Cabezas de San Juan. O goberno que cría telo controlado, viuse desbordado polo levantamento de Galicia, e non dubidou en entregarse ás mans dos liberais.
A conspiración xa se vira estendida polos cuarteis mais temíase que nalgúns sitios se frease pola presión clerical. E así sucedeu, cidades como A Coruña, Ferrol, Pontevedra ou Vigo levántanse e outras como Santiago, Lugo, Ourense, Mondoñedo e Tui (cidades episcopais), tiveron que ser sometidas militarmente.
O 9 de marzo xa fora tomada toda Galicia, a resistencia do xeneral Po, apenas durou unha semana. E así toda Galicia quedaba a mans dos liberais .
Con respecto á organización, dende o primeiro momento quedou moi claro que os liberais non se ían deixar sorprender. En cada unha das cidades creáronse unhas Sociedades Patrióticas, formadas polos liberais máis radicais, encargadas de vixiar as autoridades municipais e provinciais.
Creáronse 15 xornais, todos liberais, que se constituían como elementos ideolóxicos e de presión social e denunciaban a tibieza dalgunhas autoridades.
Os teatros galegos foron monopolizados e exixíase neles, a representación de obras coma ?Porlier na última hora? ou ?A sombra de Acevedo? (Acevedo foi o xeral que liderou o pronunciamento da Coruña).
En cada cidade de Galicia obrigouse a rotular as rúas principais con nomes como Porlier, Acevedo, Lacy e Sinfoniano López.
Foi creada a milicia nacional que impedía que se xerase calquera brote contrarrevolucionario, especialmente na zona rural, que estaba menos vixiada polo exército.
Debido á presión das Sociedades Patrióticas as novas autoridades víronse obrigadas a renovar todo o persoal administrativo, tendo que ser os novos contratados aprobados primeiro por estas sociedades.
Aos poucos meses de triunfar foron convocadas as cortes, os liberais para evitar sorpresas, controlaron todo o proceso asegurándose de que os 17 deputados elixidos foran indubidablemente liberais. O mesmo farían máis tarde nas eleccións de 1821.
O triúnfo da ideoloxía liberal vai ter consecuencias para a lingua galega e para Galiza, posto que os liberais eran partidarios da eliminación dos vellos reinos e da uniformización económica e cultural. Consideraban a diversidade lingüística un atranco para o progreso.

Traballo realizado por:
Miguel Gallego
Jorge Alegre
María Seoane
Nerea Arosa
(3º A) IES Valle Inclán de Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: DE SARMIENTO A MORALES - Publicado o 15-04-2012 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0