Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
AULA ACTIVA DA NATUREZA |
|
 O texto que colgamos a seguir é un dos primeiros documentos realizados pola Comisión Cultural Martín Sarmiento no seu primeiro ano de existencia realizado coa intención de desenvolver o que chamamos PROXECTO MARTÍN SARMIENTO PARA O BIERZO e que a figura do polifacético ilustrado aunase varias iniciativas co punto de mira posto no Patrimonio Cultural e Natural da súa vila natal e a contorna aproveitando varios espazos como eran a Casa Natal de Sarmiento, o Museo de Ciencias Naturais dos Padres Paúis (precisado daquela dunha recuperación) e as instalaciois da "Escuela Hogar" que permitirían poñer en marcha a primeira Aula da Natureza no Bierzo.
O documento apoiado polo Claustro do Colexio San Lorenzo de Brindis foi presentado tanto ao goberno municipal como ás autoridades educativas de León que nunca responderon a esta proposta cargada de futuro.
Texto en PDF da AULA ACTIVA DA NATUREZA "MARTÍN SARMIENTO" (versión en castelán enviada a Léon) |
|
|
|
AULA DA NATUREZA MARTÍN SARMIENTO: Os nomes dos paxaros no Bierzo |
|
.jpg) Editamos en formato dixital un pequeno traballo que realizamos en papel no 2014 coincidindo coa celebración dos 12 anos do Programa de Promoción do Galego nos centros de ensino do Bierzo que realizou a Comisión Cultural Martín Sarmiento en colaboración coa Asociación Burval en pleno proceso de recuperación do Museo de Ciencias Naturais de Vilafranca do Bierzo.
O ano 2001 a Comisión Cultural Martín Sarmiento nacía en Vilafranca do Bierzo coa finalidade de difundir o coñecemento da vida, obra e modus operandi deste erudito ilustrado nacido nunha das rúas máis emblemáticas da nosa vila un 9 de marzo de 1695 cando coa chegada da primavera os cochorros cantan. Nacía así tamén o Proxecto Sarmiento no Bierzo que se propuxo crear, entre outras cousas, unha Aula da Natureza Martín Sarmiento en Vilafranca, iniciativa presentada en 2002 e que incluía a recuperación do Museo de Ciencias Naturais, iniciativa que logo promovería, en 2007, o convenio de cesión deste Museo dos Padres Paúis ao goberno municipal.
Máis recentemente, grazas a Asociación Cultural Burval, ratificouse o convenio e levouse a cabo a dinamización do Museo por parte desta entidade coa que colaboramos dende a Comisión Cultural a través de propostas didácticas como a presente.
IR Á PROPOSTA DIDÁCTICA.
Alguis enlaces complementarios:
A curuxa, un paxaro da noite
A carreirega
O cochorro |
|
|
|
MIL CIREIXAIS EN CORULLÓN |
|
 A campaña que daba comezo o ano pasado segue o seu ritmo e vai asentando unha iniciativa moi interesante para Corullón, ademais a fala segue presente e nun primeiro plano ocupando titulares. Longa vida a esta loable iniciativa!! |
|
|
|
MIL CIREIXAIS EN CORULLÓN PRA O 2016 |
|
 Unha nova fermosa de carácter ecocultural acaba de chegar aos rotativos neste día no que remata o 2015. Queredes saber de que se trata? Pois, botádelle un ollo a esta iniciativa do alcalde de Corullón no Diario de León.
Como podedes comprobar é unha iniciativa que se basea en tres piares: Un revulsivo para a economía rural de Corullón, unha meta cuantificable e un respecto pola cultura tradicional no seu conxunto. Liderar un proxecto coa cireixa de Corullón é desde logo unha aposta pola súa economía agraria do Bierzo labrego. Empregar o número mil é marcar un obxectivo factible e que ademais vén cargado de simbolismos e literatura. O número mil connota unha cifra máxica que simboliza poder e ten ecos literarios que nos remontan a esas "mil primaveras máis" que reclamaba Cunqueiro. Outramente, e coma o autor de Mondoñedo, os desexos e a posta en valor do propio son comprendidos como un conxunto patrimonial compacto e poderoso que reivindicar. O Alcalde de Corullón usa o galego da zona para darlle nome á campaña: "Mil cireixais" é logo algo máis que unha plantación de árbores. Os homes e mulleres de Corullón defenden así tamén a súa cultura e fala tradicionais coas que definen á terra onde viven.
Mil cireixais é unha posta en valor dun xeito de vida acorde coa tradición, pero con proxección de futuro.
|
|
|
|
Un novo anuncio sobre Museo de Ciencias Naturais de Vilafranca |
|
No transcurso das recentes Xornadas Martín Sarmiento xa anunciara Josefina Garrido, a Directora do Museo na súa intervención na Homenaxe a Sarmiento a inclusión do Museo de Ciencias Naturais na rede de Museos de Castilla y León. Esta novidade vén a reforzar o traballo que a Asociación Burval vén realizando. Na seguinte reportaxe de Bierzo TV se detallan aínda máis novidades como a recatalogación parcial dos fondos que terán lugar coa intervención de alumnos da Universidade de Vigo. |
|
|
|
XORNADAS DE PATRIMONIO COA PRESENZA DE SARMIENTO |
|
 Esta mañá comezan as III xornadas denominadas Patrimonio Natural e Cultural do Bierzo que vén coorganizando Burval, a Universidade de León e a Universidade de Vigo.
A primeira das xornadas vai reparar no Museo de Ciencias Naturais onde tamén a partir de hoxe a presenza de Sarmiento será máis evidente ao lucir un panel que intenta reclamar para este sabio erudito un espazo. A iniciativa da Comisión Cultural Martín Sarmiento á que se sumou a Asociación Burval é tan só un primeiro paso para ir incorporando máis elementos relacionados co "modus opperandi" deste ilustrado adiantado á súa época.
Ademais dunha foto do panel reproducimos a continuación o texto que o acompaña dirixido aos visitantes do Museo:
Atrévete a saber! o lema de SARMIENTO (1695-1772)
O padre Martín Sarmiento naceu en Vilafranca do Bierzo un 9 de marzo de 1695 onde foi bautizado co nome de Pedro Joseph García Balboa. Pasou a súa infancia en Pontevedra e ingresaría na orde dos bieitos aos 15 anos. Como resultado dunha atracción entusiasta polo saber, aquel novicio axiña converteríase nun verdadeiro sabio, deses que manteñen viva a voz do seu pensamento como un home de hoxe, cun discurso vixente na actualidade.
Considerado unha das figuras máis destacadas da Ilustración en España, era un erudito e polígrafo que tivo unha relación moi especial co mundo natural a pesar de vivir unha gran parte da súa vida nunha cela do convento de S. Martín en Madrid. Pero será nas súas viaxes a Galicia cando comece un traballo sistemático sobre dúas das facetas máis salientables do seu dilatado labor ligado ao desenvolvemento e evolución dos estudos modernos das Ciencias e das Letras. Naquelas viaxes ao reino de Galicia, ao seu paso polo Bierzo, é o primeiro en documentar para as Letras e para as Ciencias os nomes locais das plantas e os seus usos, ademais de ir anotando outras muitas curiosidades fruito do seu afán científico. Apuntamentos dos que logo nacerán tanto grandes proxectos (referímonos á creación do Real Jardín Botánico en Madrid (1755) do que Sarmiento, en gran medida, foi promotor), como unha multitude de tratados de Ciencias Naturais (por exemplo ?Planos para una Historia Natural?(1751) ou a curiosa ?Disertación sobre a carqueixa? (1759), consolidándose así como referente da Ciencia na Europa do XVIII. Mais o seu saber lévao á vez a redactar estudos de Letras. Aquel coidado por recoller os nomes vulgares ou locais das plantas e animais, ou dos lugares por onde pasa, será o comezo de numerosas reflexións sobre a lingua galega, debido ao amor e ao interese polo seu idioma materno, ese que escuitara, por vez primeira, nesta vila berciana e que falaba na súa infancia pontevedresa. Sarmiento convértese así non só no primeiro filólogo do galego, senón que, tras crear o seu ?Coloquio dos 24 galegos rústicos?(1746) constituirase autor modelo a seguir para escritores posteriores como a galega Rosalía de Castro ou o berciano Fernández Morales, poetas ambos do Rexurdimento da literatura galega contemporánea.
Sabemos que a súa cela madrileña era un verdadeiro gabinete dun sabio científico onde acumulaba máis de 7000 libros, posuía e usaba varios instrumentos científicos (telescopio, microscopio...) cultivaba plantas, tiña unha boa colección de cunchas mariñas, e mesmo un corno de rinoceronte, ademais dun cariñoso gato. Outramente recibía visitas tanto de humildes paisanos, como de nobres ministros ou embaixadores, de homes de Letras e de Ciencias; estaba subscrito ás publicaciois máis prestixiosas de toda Europa, mantiña correspondencia con científicos notables (Linneo, De Quer...) e era consultado e redactaba estudos sobre animais exóticos como a cebra ou especies mariñas como os atúns, elaborando por veces propostas brillantes e moi avanzadas que hoxe se están a aplicar para animais en perigo de extinción, coma o lince (ese mesmo e misterioso animal feroz que era coñecido como lobo cerval no Bierzo e foi abatido nas proximidades de San Pedro de Montes en 1760).
Sarmiento preocupouse evidentemente pola educación da xuventude, defendía cousas como o uso do galego por parte dos mestres ou un contacto directo e experimental coa natureza para garantir un coñecemento real, ?que os discípulos vexan e apalpen?. Concibe o saber como algo integral un encontro entre o ecolóxico e o etnocultural, partindo do local e peculiar camín do universal, invítanos a descubrir o patrimonio nun sentido global, natureza e cultura. Esa é a invitación que queremos que comparta quen se achegue a visitar este Museo, Vilafranca e o Bierzo seguindo os pasos de Sarmiento.
|
|
|
|
CELEBRACIÓN DO II ENCONTRO DO PATRIMONIO NATURAL E CULTURAL DO BIERZO |
|
Celebrouse esta fin de semana o II Curso de extensión Universitaria sobre o Patrimonio Natural e Cultural do Bierzo: Reserva da biosfera dos ancares leoneses, que organizan a Universidade de Vigo e a de León conxuntamente, ademais da Asociación Burval en Vilafranca do Bierzo no Teatro Villafranquino, Casa da Cultura e Museo de Ciencias Naturales e Etnográfico
dos Padres Paules.
PROGRAMA
Día 13 de Xullo
12:00 - Entrega de documentación aos asistentes
12:30 - Inauguración do curso: Excmo. e Magnífico Sr. Rector da Universidade de Vigo, Excmo. e Magnífico Sr. Rector da
Universidad de León, Excma. Sra. Alcaldesa de Vilafranca do Bierzo. Presidente do Consorcio da Reserva da
Biosfera dos Ancares Leoneses.
Presentación do vídeo: Visita guiada ao Museo de Ciencias Naturales e Etnográfico dos PP. Paúles de Vilafranca do
Bierzo (León). JOSEFINA GARRIDO GONZÁLEZ e LUIS FELIPE VALLADARES.
13:30 - Visita guiada ao Museo e aperitivo no adro de San Nicolás o Real.
17:00 - Antigas e novas funcións do patrimonio arquitectónico de Vilafranca do Bierzo. MARÍA DOLORES CAMPOS
SÁNCHEZ-BORDONA - Universidad de León.
19:15 - Análise e interpretación de cambios na paisaxe: o caso de Os Ancares Leoneses. JOSE MANUEL ÁLVAREZ -
Museo Nacional de Ciencias Naturales (CSIC).
Día 14 de Xullo
9:30 - Patrimonio e aproveitamento turístico: exemplos en áreas de montaña. MARÍA ÁNGELES BELINCHÓN CALLEJO -
Tomero y Romillo Servicios Ambientales - Universidad de León.
12:00 - Unha aproximación á minería antiga do ouro no Bierzo . FRANCISCO ARIAS FERRERO - Instituto de Estudios
Bercianos.
16:00 - Os xacementos fósiles de trilobites no Bierzo. RAMIRO-ZOILO LÓPEZ MEDRANO - Instituto de Estudios
Bercianos.
18:30 - Loita contra a globalización no mundo do viño. RAÚL PÉREZ PEREIRA - Enólogo.
VISITA GUIADA A UNHA BODEGA DA DENOMINACIÓN DE ORIXE BIERZO.
Día 15 de XulLo
9:30 - Os morcegos forestais na serra de Ancares. ROBERTO JESÚS HERMIDA LORENZO - Asociación Galega de
Custodia do Territorio. Asociación Española para la Conservación y el Estudio de los Murciélagos.
12:00 - O pole na atmosfera do Bierzo. ANA VEGA MARAY - Universidad de León.
16:00 - Importancia das cogumelos na xénese das culturas. MARÍA LUISA CASTRO CERCEDA - Universidade de Vigo.
18:30 - Entrega de diplomas / Clausura do curso. |
|
|
|
BURVAL E AS UNIVERSIDADES DE VIGO E LEÓN POLO PATRIMONIO NATURAL DO BIERZO |
|
Os días 1, 2 e 3 de xullo reunironse en Vilafranca do Bierzo baixo o título Patrimonio natural do Bierzo: conservar o pasado para construír o futuro O curso de extensión Universitaria que coordinan as Universidades de León e Vigo conta coa colaboración e a iniciativa da asociación vilafranquina BURVAL.
O programa é o que segue:
DÍA 1 de Xullo
12:00 ? Entrega de documentación aos asistentes.
12:30 ? Inauguración do curso: Excmo. e Magnífico Sr. Rector da Universidade de Vigo. Excmo. y Magnífico Sr. Rector de la Universidadde León. Excma. Alcaldesa de Vilafranca do Bierzo
Presentación do Vídeo: Visita guiada ao Museo de Ciencias Naturais e Etnográfico dos PP. Paúles de Vilafranca do Bierzo (León). Josefina Garrido González e José Eduardo Nieto Santín.
16:30 ? Os materiales arqueolóxicos do Museo de Ciencias Naturales r etnográfico dos PP. Paúles de Vilafranca do Bierzo (León). Carlos Fernández Rodríguez ? Univ. de León
18:30 ? Plantas entre dous mundos; flora e vexetación do Bierzo. J. María Sánchez Fernández ? Univ. de Vigo
DÍA 2 de Xullo
9:30 ? Aproveitamento mineiro dos recursos xeolóxicos do Bierzo. Javier Taboada Castro ? Univ. de Vigo
11:45 ? Especies exóticas invasoras de invertebrados. Casos no Bierzo. Luis Felipe Valladares ? Univ. León
16:00 ? Carnívoros da montaña Cantábrica e do Bierzo. Métodos xerais de estudo. Benito Fuertes Marcos ? Univ. de León
18:15 ? O souto, cara a recuperación dunha paisaxe biocultural. Alfonso Fernández-Manso ? Univ. de León
DÍA 3 de Xullo
9:30 ? Proxecto Life Margal Ulla: conservando o mexillón de río, recuperando o río. María Paz Ondina Navarret ? Univ. Santiago de Compostela
11:45 ? Repercusión do cambio climático na vida cotiá. Salvador Fojón Polanco ? Univ. de A Coruña
15:00 ? Excursión ás Médulas [Patrimonio da Humanidade]. Clausura do curso.
Para maior información:
http://webs.uvigo.es/jgarrido/noticias.es.html
http://apv.uvigo.es/cursos_extension/publico/publico.php?funcion=amosa_info_curso&tipo=1&id_curso=517
http://www.unileon.es/cursos
Os expertos da universidade de Vigo súmanse á mobilización da plataforma "Salvemos o Bierzo" contra a planta de incineración de Cosmos.
|
|
|
|
O MUSEO DE CIENCIAS NATURAIS DOS PAÚIS DE VILAFRANCA |
|
O Museo de Ciencias Naturais que nacera como proxecto dos Padres Paúis para o seu Seminario en Madrid a finais do século XIX pasou diversas vicesitudes desde o feliz momento en que se instalou definitivamente en Vilafranca do Bierzo. A intención inicial coa que se creou foi didáctica pois os Padres Paúis nesta vila mercaran o edificio de San Nicolás en 1899 coa intención de instalar nel unha comunidade e un Seminario. Os moitos lugares en que os Paúis tiñan misioneiros foron facendo chegar pezas claramente exóticas para que os taxidermistas da época ( as pezas máis antigas son de finais do XIX) lograran a súa conservación no cada vez mellor dotado Museo, de tal xeito que a fauna máis dispar e diversa do mundo podía contemplarse nunha visita amena e cargada de sorpresas ás súas instalacións. Non podía faltar unha boa colección de animais da zona e dos lugares próximos, polo que no Museo atopamos desde unha magnífica colección de cunchas mariñas ata un lobo, unha pita do monte ou un crocodilo. Foiselle sumando tamén unha curiosa colección de fósiles, outra de animais deformes e mesmo un feto humano conservado en formol. Mais o deterioro natural dunha colección xa bastante vella cara finais dos anos 70, precisaba unha limpeza e unha posta ao día. Coincidiron estas necesidades coas premuras dos Paúis, vidos a menos que despois de pechar o seu Seminario e un centro privado de Ensino nos anos 80 do século pasado, entraron en tremenda decadencia ata procurar un aluguer de parte do edificio monumental, que rexentaban e que permanecía medio baleiro, a un empresario hosteleiro o que provocou a reubicación do Museo que estaba situado no claustro interior, espazo que foi unha das partes do Convento Paúl alugado. A nova ubicación máis húmida e peor acondicionada xunto co propio traslado pouco coidadoso, provocou serios danos nos fondos do Museo que ante o seu evidente deterioro provocou varias iniciativas de recuperación, propiciadas polos propios Paúis entre as que se atopa o intento, apoiado pola Comisión Cultural Martín Sarmiento que con ese motivo, nos anos iniciais do XXI, realizou varias charlas e chamamentos públicos chamando a atención sobre o estado do Museo, solicitando do Alcalde de Vilafranca que tomase algunha determinación ao respecto.
Tivo que cambiar o goberno municipal para que o novo Alcalde, Vicente Cela, e a súa concelleira de Cultura, Conchi López, lograran asinar ao fin un convenio por 30 anos para a recuperación do Museo colocándose enriba da mesa a posibilidade dunha ubicación mellor nun antigo lavadoiro do Convento que cederían os mesmos Paúis a cambio da adecuación do edificio para esta nova finalidade. Foi un primeiro paso transcendental para os pasos que se están a dar no presente.
Por iniciativa de Josefina Garrido, profesora da Universidade de Vigo, constitúese unha Asociación en 2010 que comeza por procuarar axuda de dita Universidade nun proxecto de limpeza e catalogación que unha vez levado a cabo posibilita a reapaertura do Museo cun éxito total de afluencia (1500 persoas nos meses de verán)e que permitiu finalmente unha nova sinatura, co novo goberno Municipal, a asociación BURVAL, a Comunidade Paúl e a Universidade de Vigo para a dinamización do Museo.Diversos proxectos están pendentes de concreción e esperemos que sexan proximamente realidade a pesar da xa anunciada marcha da Comunidade Paúl desta vila. |
|
|
|
|
|