O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VISITA DE MANUEL MANDIANES AO IES LAGOA DE ANTELA

O antropólogo Manuel Mandianes, natural de Loureses (concello d?Os Blancos) impartiu unha amena e distendida charla no IES Lagoa de Antela. Prolongou a sesión cunha mesa redonda onde contestou as preguntas que lle formularon os asistentes e as mozas do club de lectura de 1º de BAC (Beatriz, Úrsula, Mirian, Susana, Noelia, Uxía e Isabel). Podedes acceder á entrevista que lle realizaron no blog da revista No Límite.

Manuel Mandianes Castro é doutor en Etnografía e Antropoloxía, en Ciencias Sociais e Socioloxía, e en Teoloxía e investigador da Institución Milá i Fontanals do Consejo Superior de Investigaciones Científicas dedicada aos estudos humanísticos. Autor de Loureses, antropoloxía dunha parroquia galega (1984), Las serpientes contra Santiago (1989), El valle de Josafat. Un fresco de la España actual (1993), En cueros vivos. Pensamiento de C.J.C. sobre el hombre? (2002) e O burro (2002). Co-autor xunto con Olegario Sotelo Blanco de A concentración parcelaria(1994), con Josefina M. Antón de ?O ciclo da vida? (1994), con Xosé Luís Martínez Carneiro e outros, Antela, A memoria asolagada (Xerais 1997). Ten publicados centenares de artigos en revistas especializadas de españa, Portugal, Francia, Bélxica e Grecia.
Comentarios (2) - Categoría: VISITAS E ENCONTROS - Publicado o 22-02-2010 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 #blgtk08#
Comentario por alba (23-02-2010 16:23)
2 Moi boa experiencia!Unha vi#blgtk08#da realmente interesante :)
Comentario por Úrsula (09-03-2010 17:15)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0