O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A POESÍA MORDEUNOS, A POESÍA TEN DENTES.

A POESÍA MORDEU EN NÓS PORQUE TEN DENTES.
GRAZAS A XABIER E A TODAS AS ALUMNAS E ALUMNOS QUE O ACOMPAÑARON: ELSA, GABRIEL, ELISA, VICTORIA, LAURA, VANESA, CRISTINA, IAGO, SELENE, JESSICA, ALBA, SONIA, MAIMUNA, FATIMA, VINICIUS, SMAYLEN, RANDY, IONUT, JASMIN, AO ALUMNADO DE TEATRO DE 3º D ( MARÍA LUISA, MANOLO, MARÍA, LAURA, JOSÉ, TANIA PRIETO, TANIA PÉREZ, ANXO) E DE 3º C (LAURA, ANDREA, JENNI, CAROLINA, UXÍA ALONSO, CRISTINA, MIRIAM, MÓNICA, UXÍA DOMÍNGUEZ, ÁLEX). PRESTARON A SÚA VOZ AOS POEMAS DE XABIER E ENCHERON DE EMOCIÓN O ESPAZO ?TAN LÚGUBRE- DO SALÓN DE ACTOS.



onde gardamos as bágoas para cando ardan os ancares?

ben imos chorar no día en que morra o último vello
e o país sexa un museo de ferralla do trinque
e arañeiras afumadas pendurando das trabes
coma veos

ónde esas bágoas e o óxido post-pranto
que ha vir
que xa ventamos
que xa é tradición entre o enxebre enxugar de ollos
e a mirada a un metro por diante dos pasos
resignada coma o volver empezar
a envelenarse

ónde as bágoas todas que nos faltan
inda
para a confirmación do devir colectivo
que agarda aos que aprenderon a nadar de nenos
coma os cans
o xusto para aboiar na lagoa que escacha coa risa
ao procurármola
por entre os sucos acugulos de terróns
por baixo deles
/
e por riba
as migallas que nos restan do que seica é chaira
e cortaventos
a pingaren da cámara dixital para devolvernos virtualmente
o que xa case nin foi
e esmorece
e calan
... e non sabemos cánto queda para rematar a obra comunal
o monumento ao pranto que tecemos no borde de todos os abismos
e non volta ningún dos que un día subiron ao monte
e non voltaron
e non volta o perfume a chumbo trazando vieiros imposibles
toda a noite
e non volta o guerrilleiro coa palabra na boca e un mañuzo de versos no
[fardel ao lombo
e non volta o violador do escuro
o amante da terra
o fecundador das poulas
e non volta o seu esperma salferindo a noite
e non volta a xustiza pola man para escribir na marxe dos parágrafos
as pasaxes censuradas
e non volta
e non volta
non volta
... e non sabemos cánto
cánto lle queda á fonte que nos nutre a contagotas

se vai rachar dunha vez o espello
ou se imos aboiar para sempre
neste anaco de vidro
a carón dos dentes






Xabier Xil Xardón De cadáveres no espello (inédito)



Comentarios (3) - Categoría: VISITAS E ENCONTROS - Publicado o 25-04-2008 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 ghustoume a maneira de recitar do Xabier, ghustou#blgtk08#me a versión musicada dun poema seu e todo todiño
Comentario por fomos quedando sós (27-04-2008 12:36)
2 Xenial o poema , foi pena non poder ir ao recital ... por certo, o Xabier #blgtk08#ghasta a mesma camiseta ca min! Um saúdo , e a darlle duro á poesía! Bicos
Comentario por aNinha (03-05-2008 16:15)
3 Boas xentiña!
Foi un pracer estar convosco o mes pasado. Teño que confesar que tiña medo de vós, máis que nada porque me acordo como eramos nós hai sete ou oito anos e pensei que, cando menos, unha ou dúas machadas´iádesmas soltar... pero diso nada, vexo que a xente da limia cumpre coa palabra.
Adoito ser moi pesimista con isto da poesía, normalmente véxome arrastrado pola inercia de escribir e escribir sen saber moi ben porqué. Pois no instituto ise "porqué" xigante e baleiro enchéuseme un pouco de sentido.
Apertas fondas pra todas e todos @s que partillastes comigo o escenario, esp#blgtk08#ecialmente ás e aos músicos que puxeron melodía en palabras que a tiñan sen sabelo. Desculpas por non saber expresarvos a miña gratitude en todas as linguas, vosas e miñas tamén un pouco, que poboaron nise día o palco; árabe, rumano, francés... mais dígovolo cando menos na que xa pra sempre nos ha unir a tod@s: MOITAS GRAZAS!
Seguide así e a ver se vos animades (que me dixo un paxariño que xa había xente por aí que o facía) e escribides vós tamén, que pra habitar a República da Palabra non se precisa máis ca unha lingua e arelas que a poñan a andar.

unha aperta
xabi x xardón
Comentario por xardón (15-05-2008 06:43)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0