O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES


As alumnas e alumnos do PCPI de Cociña prepararon uns pratos típicos desta época: castañas cocidas e asadas, tostadas de leite, pastel de cabaciña, rosquillas, crema de castañas con galleta? O seu profesor, Álex Pires, colabora co ENDL na celebración das festas tradicionais dende o seu sabor máis doce e larpeiro. Ummmm!!
O grupo posa diante das obras de arte.
Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 06-11-2008 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
O SAMAÍN

O Samaín é unha festa que celebraba a chegada do ano novo celta, marcando o paso do outono ao inverno e honrando os defuntos, os cales, nestas datas, terían autorización para camiñar entre os vivos. Prendíanse lumes sagrados frotando pólas de serbal e teixo. Con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas.
Pola festa do Samaín, a máis importante do período precristián, era costume baleirar nabos de grande tamaño ?posteriormente cabazas- para pórlles dentro candeas.
Comentarios (2) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 31-10-2008 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
GALEGUIZACIÓN DOS NOMES
Campaña de galeguización dos nomes. Nestas páxinas atoparás información:


http://www.chamateconxeito.com/



http://www.nomes-galegos.info/
Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 18-10-2008 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
O LEO I ARREMECÁGHONA ACTÚA PARA 1º E 2º DE BAC
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Lagoa de Antela inaugura as súas actividades do curso 2008-2009 Gym-sberg

Eu mirei os mellores
cerebros da miña xeración

estrompados contra o plinton.

Este é un dos poemas do libro Hai cu do noso convidado O Leo i Arremecághona, que actuará o día 3, venres, ás 13:20 horas no IES Lagoa de Antela.

O día 4 actúa de novo en Xinzo xunto con algúns poetas das Redes Escarlata -Chus Pato, Anxo Angueira, Oriana Méndez...-nun acto cultural organizado por Aguilhoar, asociación a que pertence o poeta e antigo alumno do instituto Xabier Xil Xardón.

ACUDIDE!!!


Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 19-09-2008 18:49
# Ligazón permanente a este artigo
RECITAL DAS REDES ESCARLATA EN CELANOVA

As Redes Escarlata, ás cales pertencen tres poetas limiaos: Xabier Xil Xardón, Chus Pato e Claudio Pato, recitarán poemas dos poetas de Celanova en vinte idiomas na casa de Curros o día 23 de xullo.

Entra no seu Caderno de bitácora
Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 22-07-2008 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
ALBA PAZOS E OS CONTAINERS

Unha antiga alumna do instituto, Alba Pazos, irrompe no mundo teatral cunha arriscada peza, Sen tren, un mosaico de escenas breves con personaxes cuxas vidas se cruzan nunha estación nos anos 50. Metáfora pura das relacións: a procura do amor, a incomunicación, a soidade? Unha posta en escena minimalista, con música en directo, en que Alba Pazos comparte escenario con Fran Riveiro, Fran Godón e Alda Lozano, directora da representación. O músico Héctor Lorenzo acompáñaos con guitarra e voz.

Alba Pazos xa subira ao escenario no salón de actos do instituto cunha actuación memorable xunto con outros alumnos e alumnas que deixaron pegada no noso centro. Actualmente traballa na Televisión de Galicia como correspondente.

Parabéns, Alba.
Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 21-07-2008 14:16
# Ligazón permanente a este artigo
NO CORAZÓN E NA LINGUA SEMPRE EN GALEGO
No amor (quéroche), no campo da festa (botamos un baile?), no río (mergúllome), no parque (xogo), no chiringuito (zume e olivas), na praia (ondas de auga e area), no tacto (beixo), na música (sinto), no silencio (penso), na noite (soño), na cola do supermercado (cóbrasme?), na cociña (xantar), na horta (semente), no abrazo, nas mans, nos beizos, no que leo, no que escribo, no colo, na viaxe, na vida? porque si, porque me peta, porque me dá a gana: SEMPRE EN GALEGO.

PINTAMOS HORAS DE LUZ NO HORIZONTE DE TODOS OS ABISMOS DESECADOS. SEN DESHIDRATARNOS.
Entra en normalización e recréate coas entrevistas do alumnado de 4º da ESO, paga a pena.
http://centros.edu.xunta.es/ieslagoadeantela/?q=node/141#attachments
Comentarios (2) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 27-06-2008 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
CREBAR AS LIRAS: HOMENAXE A CURROS ENRÍQUEZ

HOMENAXE A CURROS ENRÍQUEZ (Celanova 15 de setembro de 1851 ? A Habana 7 de febreiro de 1908)

O xoves 5 de xuño, as alumnas de 3º da ESO do IES Lagoa de Antela Úrsula Casado, Susana Diz, Beatriz Domínguez e Isabel Fernández asistiron a un acto na Praza Maior de Xinzo en que se festexaba o centenario do pasamento do poeta.
No acto, que se celebraba simultaneamente en 54 vilas galegas, alumnado dos distintos centros educativos limiaos leron algúns dos poemas máis coñecidos do vate celanovés: ?A Rosalía?, ?Na chegada a Ourense da primeira locomotora?, ?O maio?.
Rematou o acto cantando a versión dos Tamara da famosa ?Cántiga?.
Curros tanto na súa obra poética, da cal detacamos Aires da miña Terra, como na súa vida pública tomou partido polos desfavorecidos. O seu compromiso co pobo e a confianza no progreso levouno a ser corrosivo coas clases dirixentes.


?Na chegada a Ourense da primeira locomotora?

Velahí ven, velahí ven avantando
cómaros e corgas, e vales, e cerros.
¡Vinde vela, mociños e mozas!
¡Saludaina, rapaces e vellos!

Por onde ela pasa
fecunda os terreos,
espértanse os homes,
frolecen os eidos.

Velahí ven, velahí ven tan houpada,
tan milagrosiña, con paso tan meigo,
que parece unha Nosa Señora,
unha Nosa Señora de ferro.

Tras dela non veñen
abades nin cregos;
mais vén a fartura
¡i a luz i o progreso!

II

Catedral, demagogo de pedra,
dun pobo fanático erguida no medio,
repinica esas chocas campanas
en sinal de alegría e contento.

Asocia esas voces
ó són dos pandeiros,
¡ás santas surrisas
de terras e ceos!

E ti, río dos grandes destinos,
que os himnos ensaias dos trunfos ibéricos,
requeimáda-las fauces de sede
ven o monstro a beber no teu seo.

Bon samaritano,
dálle auga ó sedento;
que a máquena é o Cristo
dos tempos modernos.


Comentarios (1) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 13-06-2008 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
CORRELINGUA 2008: 365 DÍAS EN GALEGO

O alumnado de 1º da ESO acudiu á cita anual para participar na carreira lúdica pola lingua.
Comentarios (1) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 27-05-2008 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
MIL PRIMAVERAS MÁIS
Se non queres que desapareza:
fala,escribe, le, canta,
soña, ama... en

GALEGO!!


PREMIOS CONCURSO LETRAS GALEGAS!!!

VIDEOPOEMAS

1º PREMIO EX-AEQUO

2º DA ESO:
?Galiza? de JUAN LUÍS ABUÍN ? CRISTIAN ARROJO

1º BAC:
?Xa é hora de cambiar? de SONIA MÍGUEZ ? ALBA MORÁN


PREMIOS VERSOS CON FOTO

1º premio
Keky Kandrakar ( Raquel Seoane)Alejandra Parejas

Accésit
Buky (Alba Augusto Mandianes)

Entrega de premios:
Martes 20 de maio 2º recreo na Biblioteca


Comentarios (2) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 19-05-2008 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
A VIDA DAS LINGUAS É UNHA METÁFORA DAS NOSAS VIDAS

Por todas as partes a nosa lingua deita bágoas porque os seus propios fillos a están abandonando, deixándoa soa co seu pesado fardo.

Dun poema en lingua wolof , Senegal, Useyno Gey Cosaan


Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 19-05-2008 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
AO RESCATE DAS VOCES QUE SE ESTÁN A PERDER

Comentarios (12) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 18-05-2008 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE MINIVÍDEOS POLA LINGUA
O IES As Lagoas de Ourense acaba de convocar un concurso de minivídeos pola lingua. As bases están recollidas na súa páxina web: http://centros.edu.xunta.es/iesaslagoas/
Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 14-05-2008 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
MES DAS LETRAS: HOMENAXE A XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

AQUIL NENO QUE EU FUN

Non me doi iste anceio, ista procura
de bens, que con soñalos
abonda. non me fire
a anguria do vivir que non se atopa,
nin o noxo da xente que me luxa
co soio seu ollar de can doente.
Non me inquedan as dores,
nin as tebras da noite, que resoa
con chamadas do alén que eu soio escoito.

Nada xa me conmove.
O que me fire e doi, o que me inqueda,
é aquil neno que eu fun, sempre perdido.



Comentarios (1) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 29-04-2008 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
OS DESEÑOS SOBRE A LINGUA DO ALUMNADO DO LAGOA PARA SÉCHU SENDE

Entra neste blog e recréate, vale a pena:http://www.blogoteca.com/madeingaliza
Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 29-04-2008 08:23
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO LETRAS GALEGAS, ANÍMATE A PARTICIPAR!!

Se necesitas inspiración entra na sección de Normalización Lingüística da páxina web e recréate nos vídeo-poemas artísticos do alumnado de 1º de BAC.
Comentarios (1) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 17-04-2008 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO LETRAS GALEGAS, ANÍMATE A PARTICIPAR!!

Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 17-04-2008 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
VIVE A POESÍA!! RECITAL DE XABIER XIL XARDÓN NO LAGOA

Un antigo alumno, gañador de varios premios de poesía, entre eles o Antón Tovar, achégase ao instituto para agasallarnos coa súa voz.
Hai anos, cando andaba por este centro, Xabier Xil Xardón, recibiu varios premios: Entre nós en galego, Minerva e Repsol. Xa prometía daquela.
Pertence ao colectivo Redes Escarlata e ten publicado algunha cousiña e participado en intervencións poéticas como Poetas na rúa no concello de Combarro.
No recital poranlle voz a poemas seus e doutros e doutras poetas alumnas e alumnos do IES Lagoa de Antela.
Recital multicultural e multimedia.
Vivamos a poesía!
Comentarios (2) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 14-04-2008 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
MANIFESTACIÓN POLA LINGUA EN SANTIAGO

A Mesa pola Normalización Lingüística promove, para o domingo 18 de maio, un día despois da celebración do Día das Letras, unha grande manifestación baixo o lema ?Polo dereito a vivirmos en galego?, que partirá ás 12 horas da Alameda de Santiago de Compostela e finalizará na praza da Quintana.

ACUDE!!
Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 10-04-2008 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
COLAXE 8 DE MARZO E POEMAS


Colaxe de Alba Núñez, 4º da ESO


Sobre o poema ?Quero sentarme? de Lupe Gómez

Odio escoitarte
Na cama en
Suxeitador e bragas.

Antía Pousa



Sobre o poema ?A noite é necesaria? de Xº Mª Díaz Castro

A vida é necesaria
Pra que elas poidan ver
Que sobre o medo e a rabia
Se poden impoñer.

Alba Morán


Comentarios (3) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 11-03-2008 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE HAIKUS
Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 05-03-2008 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA
Rosalía de Castro abriu un camiño novo na historia da literatura galega.
Ríndámoslle unha homenaxe permanente.

Homenaxe a Rosalía

Noite brillante
Bate que bate
E non me enamoro, non
¡Negro caravel maldito!
Que os amores xa fuxiron
Ven a noite?morre o día.

Irene Rodríguez



Adiós FIGOS! Adiós EUROVISIÓN!
Castellana de Castilla,
Meniña, ti a máis erótica-festiva,
Co teu chandal de herbas e flores.

Elena, Mayte e Carlos
Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 19-02-2008 08:28
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA LINGUA MATERNA. 21 DE FEBREIRO
Segundo a Unesco, máis de 6000 linguas do mundo corren o risco de desaparecer.

Cada dúas semanas morre un.

A biodiversidade está en perigo.

Desterra os prexuízos!

FALA GALEGO!!

Comentarios (4) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 16-02-2008 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
BOLBORETA, CARBALLO, BRÉTEMA...

Hai moitas palabras para preparar o xantar e dixerir con pracer : tixola, artesa, fornada, unto, verzas, lacón con grelos, chourizos, polbo á feira, porco ao espeto, amorodo, biscoito, roscón de reis.

Hai palabras para visitar, abrazar, conversar e coidar: carballo, castiñeiro, salgueiro, penedo.

Hai palabras para camiñar, congostra, ou para navegar: regueiro, regato, lagoa.

Hainas para untar a memoria, para non esquecer: lembranza, artesa, penedo, morriña, saudade.

Hainas para sorrir: ledicia, sorriso.

E para arrepiar, escuridade.

Hainas para tocar e sentir e querer: amor, agarimo, arrolar, aloumiño, Galiza.

E para celebrar e gozar: saúde, gaita, entroido.

Hai moitas palabras para pasear, xente miúda a quen saudar, escoitar e contemplar: bolboreta, teixugo, esquío, escornabois, vagalume, xoaniña, paporroibo.

Hainas para as persoas que veñen: axóuxere, arrolar.

E para as que se van: bágoa, badalada.

Palabras para apoiarse, alicerce.

Para ulir, arrecendo.

Para quecer, lareira.

E para arrefriar: brétema, orballo, choiva.

Para levar no corazón, lagoa...

E para imaxinar: trasgo, conxuro, raíña...

E soñar, lúa.

Hai palabras para procurar sempre: liberdade, paz.

Sen precipitarse, paciencia.

Pero con constancia.
Comentarios (1) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 07-02-2008 18:33
# Ligazón permanente a este artigo
QUE SE FALE E ESCRIBA EN GALEGO DEPENDE DE TI!
1. Fala en galego sempre que poidas. Coa familia, cos amigos e amigas etc.
Fai o propósito de falar en galego a quen sabes que te entende aínda que até o de agora lles falases en castelán.

2. Respecta a aquelas persoas que che falen noutra lingua, mais esixe que tamén as outras persoas respecten a túa.

3. Diríxete en galego a todos e todas: na rúa, por teléfono, no centro de ensino, no traballo. Verás que te entenden. Continúalles a falar en galego, aínda que che respondan noutro idioma.

4. Ás persoas que coñezas que entenden o galego coloquial, mais mostran curiosidade por algún termo que ignoran, explícalles o significado desas palabras, axudándoas a ampliar o vocabulario. Se alguén se esforza en falar o noso idioma, axúdalle e demóstralle que valoras o seu comportamento.

5. Respecta as diferenzas locais da lingua. Coñece as particularidades de cada zona. Esta é a riqueza do galego, como a de todas as linguas.

6. Toma a decisión de escribir todos os apuntamentos, notas, correos electrónicos e cartas en galego. A partir de hoxe pon sempre o teu nome en galego. Fai mudar os teus papeis, impresos, rótulos etc. Sería ben triste que por aforrar uns pequenísimos gastos deixásemos de contribuír á expansión do noso idioma.

7. Faite subscritor/a de publicacións escritas total ou en boa parte en galego. Le libros, asiste a espectáculos teatrais, musicais, cinematográficos, visita páxinas web etc., na nosa lingua.

8. Esixe de todos, mesmo das institucións máis rutineiras, que che escriban en galego. Faino amablemente. Non perdas o tempo e os nervios en pelexas cos inimigos declarados da lingua do país. Déixaos de lado, ignóraos.

9. Se tes como lingua familiar o castelán, interésate pola nosa lingua. Loita contra a inxustiza fomentada durante tantos anos. Toda a represión dunha lingua é un acto de barbarie. E sobre todo tenta falala e escribila, porque a mellor defensa de calquera lingua é o seu uso.

10. Se sentes un bloqueo psicolóxico, como adoita ocorrer para pasar a falar en galego con persoas e en ambientes en que sempre falaches castelán, comeza por usalo cos descoñecidos, a practicalo en situacións novas, para ilo introducindo despois na túa esfera habitual. Non te avergoñes dos defectos de pronuncia ou escrita; respectar o galego mais a distancia, ?sen rompelo nin lixalo?, iso si que deteriora o idioma.

11. Se es profesor/a e non impartes as aulas en galego, proponte comezar para este curso vindeiro. O tempo que resta é suficiente para te pores ao día. Cun pequeno esforzo contribuirás dun xeito moi importante á normalización do noso idioma.

Fotocopia este texto e difúndeo polo teu centro de ensino.

TODA PERSOA QUE DEFENDA A SÚA PROPIA LINGUA SEN AGREDIR A NINGUÉN TEN A RAZÓN DA SÚA PARTE

(Adaptación dun texto ideado polo Dr. Tilbert D. Stegmann, da Universidade de Frankfurt)?.

Comentarios (2) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 26-01-2008 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
A LIÑA DO GALEGO: SOBRE OS DEREITOS LINGÜÍSTICOS
Este servizo, creado pola Mesa, atenderá a través do teléfono 902 10 64 74 e do correo-e linhadogalego@amesanl.org.


A Mesa pola Normalización Lingüística puxo en funcionamento o proxecto «A liña do Galego», un servizo que tramitará queixas e consultas sobre os dereitos lingüísticos dos cidadáns, que tamén estenderá felicitacións a quen dea pasos en favor do galego.

Comentarios (1) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 14-01-2008 00:10
# Ligazón permanente a este artigo
GALEGUIZÁNDONOS SEMPRE
Á procura das palabras que nos gustan

PARTICIPA!!
Comentarios (13) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 08-01-2008 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
INTERESANTE BLOG, MERGÚLLATE
http://www.blogoteca.com/cenlf/
Comentarios (0) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 07-01-2008 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
COUSAS DA LINGUA
Verte aquí as túas suxestións, opinións, comentarios sobre a lingua.
Comentarios (1) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 27-12-2007 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
Contra a violencia de xénero
Desenmascarámoste, imbécil, fauces de fouces con fuciño furado. Mancas cun xesto repugnante de besta avinagrada. A túa voz machada coitelo que rabuña a alma. A man o brazo o corpo todo nunha danza cadáver. Abres carnívoro nicho e péchasme dentro.
Comentarios (2) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 20-10-2007 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Arde o lume da lareira
Este espazo nace para facernos visibles, para derramar sal na rede e azucre nas palabras. Dende o corazón deshidratado da Limia convidamos a participar a todas as persoas que aman a lingua. Ánimo, e mil primaveras máis para o galego.
Comentarios (2) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 11-10-2007 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0