O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

https://www.ivoox.com/36230390
Comentarios (0) - Categoría: ACCIÓNS EN VALORES - Publicado o 22-05-2019 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
https://www.ivoox.com/36230390
Comentarios (0) - Categoría: ACCIÓNS EN VALORES - Publicado o 22-05-2019 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA A CDR O VISO CO IES POETA DÍAZ CASTRO

Deixamos aquí unha crónica, escrita polo profesor de Física e Química Miguel Yebra, da visita do alumnado do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz á Limia, onde compartiron unha xornada co alumnado do IES Lagoa de Antela.

Neste pequeno comentario da visita ao Viso en Lodoselo só vou explicar os meus sentimentos respecto á mesma.

Podo dicir que foron uns sentimentos encontrados porque eu o paso moi ben en calquera saída do centro escolar, sempre e cando pense que serve para algo máis que saír a dar unha volta. Cando chegaron as profes de Guitiriz cos seus alumnos/as semellaba algo de recelo entre os dous grupos de rapaces/as...pero co bo facer dos monitores/as do CDR pronto vimos que xa aparecía certa distensión. Ao longo do día as cousas foron a mellor e creo que ata intercambiaron números de teléfono e direccións de correo electrónico. Aprenderon cousas nos talleres, na actividade de orientación etc e fixéronon divertíndose, que é o importante.

Pero, por outra banda, para min non deixou de ser a última vez que ía co Tomás a unha actividade dende o centro (aparte a frustrada visita ás illas Cíes) e iso resúltame moi triste. Penso que é unha gran perda para o noso IES que un profe como Tomás (Profe, amigo e mestre) marche aínda que sexa 20 m máis aló do noso Instituto, ímolo sentir moito o curso que vén e os seguintes ata xubilarnos.


Comentarios (0) - Categoría: INTERCAMBIOS E CONTACTOS - Publicado o 05-07-2018 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
PROXECTO ÁRBORES CON CÓDIGO QR
Tomás García, profesor de Bioloxía e promotor do proxecto de realizar fichas das 50 árbores do instituto con código QR, proxecto no que colaborou o ENDL, explica en que consistiu este.

Guillermo Arcos, alumno de 3º ESO, explica nun vídeo o desenvolvemento do proxecto.





















Comentarios (0) - Categoría: MATERIAIS DIDÁCTICOS - Publicado o 23-06-2018 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREVISTAS ÁS NOSAS E NOSOS MAIORES
Xurxo Alonso e Guillermo Arcos entrevistaron a avoa de Xurxo, Pepa, que contou a súa dura infanci; a chegada dos "laguneros", nome que lles daban aos que traballaron na desecación da Lagoa de Antela; e algunhas historias da posguerra, como a dos "atracadores", nome que lles daban aos guerrilleiros coma Camilo de Diós.




Comentarios (0) - Categoría: EXPOSICIÓNS - Publicado o 23-06-2018 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREVISTAS ÁS NOSAS E NOSOS MAIORES
Deixamos aquí tres fragmentos da entrevista de Marco Garrido ao seu avó Manuel.

Manuel conta algúns episodios da represión na posguerra, a lenda do xugo de ouro e unha anécdota que lle ocorreu na infancia cunha carraca.







Comentarios (0) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 23-06-2018 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREVISTAS ÁS NOSAS E NOSOS MAIORES
Uxía González Sotelo entrevista o seu avó, Luís Sotelo Fidalgo, sobre os tempos de antes.


A continuación, o conto da raposa e a copla de San Paio de Abades.



Comentarios (0) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 19-06-2018 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREVISTAS ÁS NOSAS E NOSOS MAIORES
Álvaro López Martínez e Adrián López Fernández entrevistaron a Francisco Fernández Villar, avó de Adrián. Deixamos aquí o conto do garbancito.


Comentarios (0) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 18-06-2018 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREVISTAS ÁS NOSAS E NOSOS MAIORES
Alumnas e alumnos de 3º ESO realizaron entrevistas a persoas maiores do seu entorno. Preguntáronlles cuestións sobre a súa infancia (escola, traballo, xogos...) e recolleron contos e lendas que aínda permanecen na súa memoria.

Aquí fala Dolores Veloso Rodríguez, avoa do alumno Cristian Novoa González.



Comentarios (0) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 16-06-2018 16:40
# Ligazón permanente a este artigo
VISITOUNOS CELIA DÍAZ NÚÑEZ

Celia Díaz Núñez visitou o IES Lagoa de Antela para falar da súa novela Unha verdade amarga co alumnado de 1º de Bacharelato.

A escritora preséntanos nesta novela os vellos segredos de dúas familias ao longo do tempo xunto coa loita dun ancián, Aurelio Salgado, por non perder a memoria e, con ela, os seus recordos.

Na vida de calquera persoa sempre pode haber un segredo, unha verdade amarga, que convén agochar.

Agradecemos a Celia a súa amable presenza e esperamos que repita a experiencia.
Comentarios (0) - Categoría: VISITAS E ENCONTROS - Publicado o 16-06-2018 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
VISITOUNOS EVA MEJUTO

A escritora e xornalista Eva Mejuto mantivo un encontro literario co alumnado de 2º e 4º ESO no Salón de Actos en torno á novela 22 segundos que trata o tema da transexualidade. A charla resultou moi interesante pois Eva relatou todo o proceso de elaboración da historia, como se puxo en contacto cun rapaz transexual que lle contou a súa vida e, como a partir das súas vivencias, decidiu construír a novela 22 segundos.

A escritora foi presentada por Dolores González e Miguel Estévez, de 3º ESO, dúas persoas con moita sensibilidade e ávidas lectoras.

Ao remate da charla, e despois de contestar algunhas preguntas, asinou libros. Foi neste momento cando se creou un clima de maior intimidade e fluíu a comunicación entre Eva e o alumnado presente, que se atreveu a formularlle máis preguntas.

Debo dicir que moitas persoas confesaron que fora o libro de lectura obrigatoria que máis lles gustara de galego ata agora.

Foi un pracer contar coa presenza desta escritora e esperamos que volva cunha próxima novela a compartir connosco a súa experiencia lectora.


Comentarios (0) - Categoría: VISITAS E ENCONTROS - Publicado o 29-05-2018 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
RECITAL NA BIBLIOTECA

Na biblioteca celebrouse un recital poético en que interviñeron profesorado e alumnado para seguir conmemorando o mes das Letras Galegas.
Omayma, María Vila, María Barge, Miguel, Iago, David, Alba, Lidia, Dolores, Aldo, Ana,Tomás e Paz recitaron poemas de María Victoria Moreno e outr@s poetas galeg@s. O clima íntimo que se creou foi admirable, fluíu a comunicación.

Só me cabe felicitar este equipo de persoas sensibles e amantes da literatura que participan en toda acción cultural que se organice. Estas persoas que sacrifican tempo do seu ocio para ensaiar merecen un profundo recoñecemento.
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 29-05-2018 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
ANDREA OPAZO CANTOU NO SALÓN DE ACTOS

Para rematar o acto de celebración das Letras Galegas no Salón de Actos, Andrea Opazo animouse a cantar a capela o tema de Sés "Tempestades de sal", a "Negra sombra" e "Adiós ríos, adiós fontes", de Rosalía de Castro.


Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 28-05-2018 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
ACTUACIÓN DO ALUMNADO MÚSICO NAS LETRAS GALEGAS

Actuaron alumnas e alumnos do instituto no Salón de Actos para celebrar as Letras Galegas. Xurxo, Guillermo, María... tocaron temas da nosa música popular, entre eles Catro vellos mariñeiros, A saia da Carolina, A rianxeira e un vals de Baronzás.
Parabéns para esta xeración de músicos que teñen un futuro prometedor por diante


Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 28-05-2018 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
O LEO I ARREMECÁGHONA NO IES LAGOA DE ANTELA


Unha das accións programadas para celebrar as Letras foi a actuación de O leo i Arremecághona para o alumnado de de 3º, 4º de ESO e 1º Bac . Non defraudou este artista punk galego, que recitou poemas e cantou temas da súa colleita, sorprendendo o público que se deu cita no Salón de Actos.


Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 28-05-2018 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
INTERVENCIÓN POÉTICA E SOCIOLINGÜÍSTICA EN 1º E 2º DE ESO

O alumnado integrante do ENDL entrou nas clases de 1º e 2º de ESO, explicou quen era María Victoria Moreno, informaron da importancia de usar a lingua para que non se perda, leron poemas e repartiron adhesivos.
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 16-05-2018 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
CAMPAÑA A PROL DO USO DO GALEGO CO PROFESORADO

Realizamos varias pegadas do adhesivo para coches no aparcamento do instituto.

Aquí vemos a Álvaro López, o deseñador, pegando un autocolante no coche da profesora de Lengua Castelá, María Xosé Lorenzo.
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 16-05-2018 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
PROXECTO INTEGRADO DE LINGUA E PLÁSTICA PARA PROMOCIONAR A NOSA CULTURA

Alumnado de 4º de ESO confeccionou deseños para camisetas a partir de textos de Xohana Torrees, Chus Pato e Ana Romaní e exhibíronas na campaña que realizamos hoxe na saída a Xinzo.
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 16-05-2018 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
CAMPAÑA NO SECTOR COMERCIAL NA COMARCA LIMIÁ

O alumnado de 4º de ESO e o alumnado integrante do ENDL saíron á rúa para realizar unha campaña a prol do uso do galego, explicando quen era María Victoria Moreno, lendo textos e promocionando o uso do galego fronte aos prexuízos e advertindo do risco que corre a lingua.
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 16-05-2018 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
PUBLICACIÓN DOS CONTOS DE MEDO
Editamos e encadernamos os contos de medo de 3º ESO escritos polo alumnado de 3º de ESO.
As alumnas e alumnos realizaron deseños e sacaron fotos para ilustrar os seus propios contos. Paga a pena lelos, hai calidade.



Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 16-05-2018 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2018 IES LAGOA DE ANTELA
Comezamos a celebrar as Letras Galegas.

A partir dunha actividade de aula, consistente en elaborar unha campaña de promoción da lingua, elaborouse un adhesivo tipo con tres formatos: para pegar en carpetas, para pegar nos coches e para pegar nos escaparates e portas dos comercios. O alumno que realizou o deseño foi Álvaro López Martínez, de 3º ESO, e Xosé Manuel Méndez Gayo, profesor de Tecnoloxía, perfeccionou o deseño.

O mércores ocuparemos as rúas e comercios de Xinzo para promocionar a lingua e pegar os adhesivos.





Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 13-05-2018 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
VÍDEO-HOMENAXE A Mª VICTORIA MORENO DO IES TORRENTE BALLESTER
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 07-05-2018 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO CO ESCRITOR HÉCTOR CAJARAVILLE

O xoves 26 de abril celebramos un encontro literario co escritor Héctor Cajaraville, autor de Once portas. O alumnado de 3º e 4º de ESO tivo a oportunidade de escoitar a este bo comunicador, que falou sobre o oficio de escribir, sobre a súa profesión de xornalista e de aspectos relacionados coa novela Once portas, entre eles explicou como xurdiu a idea de construír unha historia de misterio a partir das portas da muralla medieval de Santiago e os supostos restos do apóstolo.

Héctor Cajaraville foi presentado por Silvia García e Marco Garrido, alumnos de 3º A; logo da charla, respondeu amablemente as preguntas que lle formularon algunhas alumnas e alumnos sobre o libro; por último, asinou exemplares do seu libro.

Foi un pracer contar coa presenza deste contador de historias.
Comentarios (0) - Categoría: VISITAS E ENCONTROS - Publicado o 05-05-2018 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO CO ESCRITOR JAUREGUIZAR



O luns, día 23 de abril, tivemos un encontro co escritor Santiago Jaureguizar no noso IES. A este acto asistimos os alumnos de 1º de ESO.
Ao principio da conferencia, unha compañeira e un compañeiro, fixeron unha presentación do autor.
Jaureguizar é un autor que escribiu moitos libros nos que sempre se investiga algo. O último foi A boca do inferno que é o que nós lemos recentemete.
Grazas ás súas publicacións obtivo diferentes premios, sendo o máis importante o premio Xerais.
As nenas e nenos fixéronlle preguntas moi interesantes sobre os seus libros e sobre os galardóns que ten conseguido.
Este encontro foi unha experiencia inesquecible.


Javier Rodrigo Pérez Nicolás 1º C
Comentarios (0) - Categoría: VISITAS E ENCONTROS - Publicado o 05-05-2018 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
OS CENTROS DE ENSINO DA VILA DESFILARON POLA VILA

Por terceiro ano consecutivo celebrouse o desfile do alumnado dos diferentes centros da vila polas rúas de Xinzo. Os disfraces máis vistosos corresponderon á xente cativa.
A choiva e o frío non lograron frear esta actividade que consegue convocar moito público da vila.
Comentarios (0) - Categoría: FESTAS - Publicado o 25-03-2018 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
O ENTROIDO NO IES LAGOA DE ANTELA

Con "certo retraso" colgamos algunha foto da festa máis celebrada na comarca d'A Limia e máis apreciada e esperada polo alumnado do IES Lagoa de Antela: o Entroido.

No instituto o departamento de Plástica convocou o tradicional concurso de máscaras.
Comentarios (0) - Categoría: FESTAS - Publicado o 25-03-2018 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
TERTULIA EN OURENSE CON IZAN O DA SACA E ENCONTRO CON XABIER QUIROGA

Os integrantes do club de lectura participaron na tertulia que organiza a Concellaría de Ourense. O libro escollido foi Izan o da saca, de Xabier Quiroga.

Maís información no blog do clu Nostamennavegar.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 12-02-2018 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
MIRANDA GARCÍA RECIBE O SEU PREMIO

Miranda García recibe o premio á creación plástica de 4º de ESO e Bac.
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 30-12-2017 21:37
# Ligazón permanente a este artigo
ANA POSADA RECIBE O SEU PREMIO

Ana Posada recibe o premio de relato de 4º de ESO e Bac.
Comentarios (1) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 30-12-2017 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
ÁLEX JARDÓN RECIBINDO O PREMIO

Álex Jardón recibe o premio de relato de 1º ciclo de ESO.
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 30-12-2017 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS DO CONCURSO CARLOS CASARES

Por fin se celebrou o acto de entrega de premios do concurso Carlos Casares convocado polo Museo da Limia (Vilar de Santos), o Centro de Cultura Popular do Limia (Xinzo de Limia) e a Fundación Carlos Casares.

Nun acto solemne celebrado en Vilar de Santos e no cal foi presentado o 13º número da revista Lethes, onde aparecen os relatos e creacións premiadas, as rapazas e rapaces dos diferentes centros de ensino da comarca que gañaron recibiron os seus premios.


NORABOA A TODAS AS PERSOAS GAÑADORAS E, EN ESPECIAL, A ÁLEX, ANA E MIRANDA!!!
Comentarios (2) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 30-12-2017 21:31
# Ligazón permanente a este artigo
LUCÍA ALDAO E MARÍA ALDAO CON DOLORES, MÓNICA E MARÍA

María Lado e Lucía Aldao citaron as gañadoras do concurso de contos de medo, Dolores González e Mónica Santana, que recibiron un forte aplauso das persoas presentes. Ao final da actuación posaron para unha foto as poetas, Mónica Santana, María Vila e Ana Posada, todas voraces lectoras e con inquedanzas literarias
.
Comentarios (1) - Categoría: VISITAS E ENCONTROS - Publicado o 30-12-2017 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO CON LUCÍA ALDAO E MARÍA LADO

Lucía Aldao e María Lado falaron, recitaron e cantaron para o alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC. Tamén pediron a colaboración do alumnado para compoñer un poema vangardista a partir de versos de poemas de escritoras e escritores galegos. O poema resultante foi un cadáver exquisito ben divertido. A sesión resultou moi atractiva para o público asistente que, desta forma, se aproximou á poesía
Comentarios (1) - Categoría: VISITAS E ENCONTROS - Publicado o 30-12-2017 21:09
# Ligazón permanente a este artigo
A TROPA DE TRAPO VOLVEU AO IES LAGOA DE ANTELA

A Tropa de Trapo estivo no instituto para escenificar os seus Contos de defuntos, creou un ambiente propicio para o medo e meteu moito no corpo do alumnado de 1º ESO.
Comentarios (0) - Categoría: VISITAS E ENCONTROS - Publicado o 30-12-2017 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN DE CABAZAS TUNEADAS E EXPOSICIÓN

Como todos os anos convocouse un concurso de cabazas tuneadas que se expuxeron na Biblioteca.
Comentarios (0) - Categoría: EXPOSICIÓNS - Publicado o 30-12-2017 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS CONCURSO CONTOS DE MEDO

Publicamos os contos gañadores do concurso de contos de medo do Samaín. Noraboa a Mónica Santana e Dolores González poa calidade dos relatos.



Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 30-12-2017 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
CANTIGA DE AMIGO DE ALUMNADO DO IES LAGOA DE ANTELA
Subimos aquí unha cantiga de amigo que crearon para a materia de Lingua e Literatura de 1º de BAC as alumnas NAIARA, ILENIA, CARMEN, IRENE, VANESSA e o alumno PABLO, persoas que remataron este ano a súa andaina vital polo instituto e ás que lles desexamos o mellor na travesía que comezan.



Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 01-07-2017 18:33
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIADO ALUMNADO DO IES LAGOA DE ANTELA NO II CONCURSO CERTAME CARLOS CASARES

O Museo da Limia (Vilar de Santos), o Centro de Cultura Popular do Limia (Xinzo de Limia) e a Fundación Carlos Casares (Vigo) convocaron o II Certame de Creación Literaria e Plástica Carlos Casares. Ao concurso presentáronse varios alumnos e alumnas do IES Lagoa de Antela dos cales foron premiados Álex Jardón (1º ESO), Ana Posada (4º ESO) e Miranda Fonseca (1º BAC). Os traballos serán publicados no próximo número da revista Lethes que se publicará en outubro.

O xurado estivo presidido por Antón Riveiro Coello, contou con Chus Pato (María Xesús Pato Díaz), Concha Rousia e Manuel Seoane como vogais e actuou de secretario Delfín Caseiro.


Máis información aquí.
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 01-07-2017 18:16
# Ligazón permanente a este artigo
LENDA DAS TORRES D'A LIMIA
Deixamos aquí unha lenda sobre as torres do Castro e da Pena.

Comentarios (0) - Categoría: LITERATURA ORAL - Publicado o 26-06-2017 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS CONCURSO CARLOS CASARES

Este é creación plástica premiada no concurso Carlos Casares, unha interpretación artística do relato "A rapaza do circo" do libro Vento ferido realizada por Miranda García, de 1º de Bac.
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 20-05-2017 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0