lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A subida en TERRA DE ARTISTAS |
|
 Onde oxe está ubicado o parque Miguel Hernández celebrábase a feira exposición agricola e industrial nos seus anos de explendor.Cando caiu en desuso nun dos pabillóns celebrábanse bailes ,traendo en moitísimas ocasións os mellores artistas da época i entre eles os Pop-Tops.Creo lembrar que a foto corresponde a ese dia.Non o poido precisar, afastados nunha esquina do galpón e tomando un refrigerio estamos Salvador, Manoliño, Cuco ,i eu.Grandes amigos da época ;pero sabido é que co paso dos anos ,cada quen vai pro seu lado,ainda que iso non queira dicir que nos esquezamos uns dos outros, nin moitísimo menos.Cando nos atopamos ,votamos unha parrafadiña lembrando vellos tempos,si ben con Salvador xa me é mais dificil, xa que vive en Madrid.Volvendo os pabillóns vou contar unha anécdota.A orquestra LOS ALPES, ensaiábamos nun local que tiñamos alquilado na Laxe cambiándonos pra un dos ditos pabillóns no ano 70 ou 71.Lembro unha noite xélida i o guardián(contatado polos responsables da feira) ,que se chamaba Sr Moncho ,i que vivia en Trabanca Sardiñeira, chamou á porta pra estar tan siquera un pouco o calor que nos tiñamos, ó amparo dunha estufa daquelas que levaban a bombona incorporada..Non servia de móito pero algo si que facia....¿Podo estar eiqui con vos ata que rematedes a faena? ....¡Uffff¡.decia, frotándose as maos unha contra outra e mesmo votando do seo alento das mans pra se quentar..¡¡Con iste frio non hai quen pare eiqui fora¡. ¡¡Pase Sr Moncho, pase, por favor, faltaria mais ,a pesares que cando marchemos ten que seguir coa sua labor de vixiancia ata as oito da mañán.Imaxinádevos oxendia un guardian que estaba mais cerca dos oitenta anos que dos setenta...Sin porra,Sin pistola...(Sin comentarios).Pois ven.O bó do Sr Moncho ,entrou e sentou nunha silla que estaba desocupada.A medida´que ivamos ensaiando o home non quitaba os ollos dunha pizarra que tiñamos sobre un cabalete, onde o director da orquesta escribia onde eran as próximas actuacións, hora de saida uniforme,importe a cobrar etc.A saída mais inmediata era a un pequeno povo da provincia de Ourense preto de Beariz, chamado Avión.Cando rematou o ensaio alá polas 23 h.o Sr moncho dirixéuse a min e co ceño fruncido díxome ¡¡Roberto¡.....Dígame Ud Sr Moncho, sin deíxarlle acabar o que me queria dicir.¡¡Ides tocar a ben lonxe¡¡..¿porque o dí Sr Moncho ? ..respostéille.¡¡Home ..según tiñádes escrito na pizarra, ides a Tanger.Eu escachaba á risa xunto cos meus compañeiros,e botándolle o meu brazo por riba do hombro pra que non se sentise ofendido díxenlle.De onde quitou vostede que iamos a Tánger.E volvéume a repetir .¡Eu lein que saiades nun avión ás cinco.¡¡Mire vostede¡¡.. O que dí na pizarra e o seguinte.."".Domingo dia 8, Avión.Salida a las cinco.Traje blanco" Pra que intentarei ler sin gafas.(refunfuñou) . E unha vivencia que non ten maior importancia ,pero que eu sempre a lembro con cariño......e coas lembranzas tamé vivimos .Sirva esta anécdota como un pequeno homenaxe a tódalas persoas que naqueles anos tiñan que recurrir como no caso do entrañable Sr Moncho,a un traballo extra pra poder teren unha xubilación coa que poder facer fronte ós gastos cotidiáns e ainda así.......Unha aperta..é Saudos
Comentario por Roberto Ocaña (19-11-2012 12:38) |
|
|
|
Nos talleres do Instituto |
|
 En TRADICCIONS ACTOS E FESTAS NOSAS, xunto a TRABANCA E A TORRE aplicamos nesta data a subida de fotografias.
A da portada e un grupo de mozos no Instituto Laboral.
Bos dias, saude e tranquilidade |
|
|
|
Parte da plantilla de Fenosa |
|
.jpg) A mediados dos anos setenta nunha xuntanza da sua patrona.
As recuperacions de hoxe son en TASCAS ULTRAMARINOS TAHONAS E COMERCIOS, tamen en TERRA DE ARTISTAS.
Bos dias a disfrutar do bo tempo, saude.
|
|
|
|
Na memoria de Angela Gonzalez Martin. |
|
 Acaba de fallecer Ángela González, noutros tempos compañeira na vida política. Ángela era castellana,de Salamanca, funcionaria de prisions en Cataluña, concretamente en Barcelona , coñeceu a o que seria o seu home, Celso Callon en Cataluña, pouco tardaron en viaxar a Vilagarcia, casaron, tiveron dous fillos, eiqui se quedaron para sempre.Celso e Angela estiveron no refundamento do PSOE, tras a dictadura, xunto a Seso Giraldez , Rosi Rodriguez de Seara e pouco mais. Co tempo tivo cargos públicos, foi concelleira de Asuntos Sociais no goberno de Gago, polo Partido Socialista, foi Presidenta da Cruz Roja, orgánicamente na estructura do seu partido politico foi unha persoa importante.
Hoxe iniciou un viaxe sin retorno, a sua familia, Verónica e Celso os seus fillos, expresamoslle o noso sentido pésame polo pasamento da sua Nai. O mesmo sentimento para o resto da sua familia e amigos.
|
|
|
|
Por Santa Lucia |
|
.jpg) E mesmo de frente a casa na que pasou a sua infancia Matilde Vazquez, tiple de fama internacional que recorriou os millores escenarios do mundo como Artista recoñecida. Foi descuberta e dada a coñecer por Ricardo Urioste.
As subidas de hoxe son en ATOPANDO DETALLES.
Bos dias, Saude |
|
|
|
O noso blog |
|
 A subida de hoxe é no arquivo ou carpeta de RUBIANS.
Imos contar que na blogoteca, pasado mañan alcanzaremos a cifra de doce mil setecentas fotografias, sin dubida un traballo a diario durante bastantes anos.
Bos dias, gracias por seguirnos, por estar ahi. |
|
|
|
Escomenzamos seman |
|
.jpg) As ruas estan mais valeiras de xente, o mes de Septembro na nosa vila sempre foi un lugar tranquilo que nada ten que ver con Xullo ou Agosto.
A subida de hoxe é nos arquivos da VILAGARCIA DE ONTE e SEMPRE EMIGRANTES.
Disfrutade do blog do Faiado da Memoria, das suas fotografias, bo dia, ata mañan. |
|
|
|
Homenaxe a Teresa Cuiña |
|
.jpg) A asociacion O SOÑO DE LILITH, asociacion feminista, inaugurou onte FESTIVALA, unha exposicion enfocada a varias mulleres do pobo, na cabeza de estas mulleres a figura inesquencible de Teresa Cuiña unha Teresa reivindicativa, dulce, tierna e resistente, como ela era, a que tanto debemos as mulleres en Arousa, por poñer en valor a igualdade entre os seres humanos, iso é o feminismo loitar polos mesmos dereitos que teñen outros sin siquera reivindicalos.
Foi un autentico pracer compartir a Praza do Obelisco cas organizadoras de FESTIVALA, con Marola, unica filla de Teresa, entregada a memoria de quen tanto a queria, cos irmans de Teresa, ca nosa amiga Ramona Castaño, no seu dia concelleira da Muller, que traballou con Teresa no convencemento e reivindicacion da igualdade das mulleres. Que non decaiga, queda moito por facer, nos vemos. |
|
|
|
Imos chegando a metade do mes |
|
.jpg) E as subidas hoxe son en FAMILIA e PERSONAS RECORDADAS, a o mesmo tempo co transcurrir dos dias estamos a chegar a metade de Septembro, encarando a entrada do otoño.
Bos dias, a desfrutar, Saude |
|
|
|
Comunions en Rubians |
|
.jpg) Do ano 1974, con D Lino de cura na parroquia.
A subida de hoxe vai nos arquivos de BAMIO e OS AMIGOS.
Bo fin de seman, bos dias |
|
|
|
|
|
|
|
|