lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Por Urioste

Don Ricardo Urioste Mesana foi un coruñes afincado desde neno en Vilagarcia a causa do traballo do seu pai. Urioste era un Artista, derrochaba cultura, el sabia de teatro, de zarzuela, de ópera, era o animador cultural de Vilagarcía durante trinta anos, a cambio de nada. Foi o descubridor da voz de Matilde Vázquez, montou unha chea de coros, dirixía, creaba, tiña don de xentes.

Personas como Soledad Lopez, Vicente Jamardo,Teresita Cores, Pura Ramos, Lolita Penide,Gary Lorenzo,Lourdes Penide, Eladia Lapido, Fernando Quintela... ainda nos poden contar a versatilidade de Don Ricardo.

Finou un día de Septembro do ano 1947, desde aquela ninguén lembrou a Urioste. Cando decimos ninguén, falamos do concello, das institucions, das organizacións culturais... Ainda fai uns meses, cando se comenzaba a amañar o teatrillo que fora do Mercantil, presentáramos un escrito no concello solicitando que ese lugar levase o seu nome, como forma de rendirlle unha homenaxe. Respondéronos de que "será tido en conta a proposta". Nin caso, colocáronlle o de Salón de García, que ninguén lembra como tal. Pero todo pode ser reversible.

Facemos, aquí e agora, o Faiado, un chamamento por se alguén se suma a un acto cívico na tumba de Don Ricardo Urioste, o domingo, dia 29, de Setembro, as trece horas.

Gustaríanos que cantos mais sexamos moito millor, Don Ricardo Urioste o merece.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-09-2013 20:19
O perfecto anfitrion

Xa facia un tempo longo que os do faiado andabamos tras a pista dos propietarios da casa do lago, dos heredeiros de Gonzalez Garra. Este ano de casualidade---¡Zas¡ Atopamonos con Wences, e foi estupendo, un rapaz novo, receptibo, amable que nos dixo que conocia o noso traballo perfectamente e que habia xuntado unhas fotiños para mandarnos, pero xa se sabe pasa o tempo e o traballo e a vida en Madri eche de aquela maneira. Quedamos con el é un dia de Agosto as catro da tarde abreunos as portas da sua casa, coñecemos a sua nai, e enseñounos eses paraxes incomparables que ali existen, ten un xardin de ensoño, ca historia de Vilagarcia prendida nas aguas do lago. Donounos as suas fotografias e nos publicamente queremos agradecerlle todos os seus parabens. Nos alegramos que a cousa este nas suas mans, é unha garantia, porque sinte un profundo amor polo patrimonio que ali ten. Gracias por todo Wences, seguiremos en contacto
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-09-2013 08:15
Felicidades Juan Carlos

Juan Carlos Cambas esta de cumpleanos, hai que celebralo, el e un xenio do piano, e un bo amigo do Faiado, estaba anotado para a festa de Catoira, logo saleulle un traballiño e os tempos non estan para rechazar traballos. Cambas cando toca e simbiosis co seu piano. Desexamoslle moita felicidades neste cumpreanos e toda a sua vida, o merece
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-09-2013 08:29
A nosa xente na nosa festa

Tiñamos ganas de xuntos pasalo ben, e o pasamos.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-09-2013 13:32
De Alcazar a Bamio donde el sol se pone colorado

Artigo de Olalla Bouza no Diario de Arousa
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-09-2013 13:06
[1] [2] [3] 4
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0