Xa esta Vilagarcia a tope de xente, moitos fillos do pobo que veñen a disfrutar con emocion da sua alegria, O Faiado da Memoria agasalla ca proxeccion o dia dezaoito do documental A DERROTA DO CABO RAZO. Sera no Liceo-Casino as nove da noite, entrada libre e gratuita
Que hoxe dia tres de Agosto esta de cumpleanos, como non podia ser de outra maneira nos unimosa os da sua casa pra desexarlle unha boa data de cumpreanos, Saude, moita saude para Carmen e un pouco de alegria pra celebrar a dia na que viñeches a o mundo, a ver eses pasteis, esa cantarela e de hoxe nun ano. Parabens
Aprobeitando de que o día 17 de agosto, ás 21:00 horas, proxectaremos no Salón do Liceo Casino o documental A DERROTA DO CABO RAZO, que forma parte de DESDE DENTRO DO CORAZÓN, vamos a colocar accesible en internet doutro cacho dese mesmo documental.
Trátase de MISTER, GUANPENNING! que nos fala, en 20 minutos, da historia daquela ROYAL NAVY que nos visitaba cada ano para abastecerse de productos arousáns e que enchía ás rúas (expecialmente bares) de Vilagarcía de ingleses en tanta, ou mais cantidade, que os propios autóctonos.
Este capítulo conta co engadido das novas imaxes en movimento que atopamos no arquivo da Imperial War Museum (o Museo Imperial da Guerra) que, baixo o título de "scenes at Arosa Bay" móstranos esas visitas a Vilagarcía e as súas rúas no principio do século XX, exactamente de 1919, fai case 100 anos, e que foron insetadas nesta nova montaxe.
Só tedes que pinchar no enlace de abaixo e disfrutar. Polo en pantalla grande que está en HD.
E compartilo con todos e todas que queirades que o bo só vai durar este mes de agosto.
Porque lle quero moito, porque compartimos momentos especialmente felices e importantes, hoxe esta de cumpreanos e o meu agasallo é esta ensalada de musica que formou parte das nosas vidas en outros tempos. E un privilexio conocerte e ter un amigo coma ti. Moitos parabens, un bico
Escomenzamos Agosto no dia de hoxe, o mes en que as festas asoman a diario no noso calendario, aproveitamos para comentar que o dia dezasete as nove da noite no LICEO-CASINO proxetaremos a DERROTA DO CABO RAZO, como todolos anos o facemos pensando na xente de Vilagarcia que esta no pobo porque son festas, por suposto a proxeccion entrada libre e gratuita. Tamen lembrar que no Gato Negro do Carril podedes ver a nosa exposicion da ESCOLA EN VILAGARCIA estara exposta hasta o trinta e un de Agosto. Feliz mes, bos dias