lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Agosto vaise

Remata Agosto e queremos adicarlle unha mención especial, foi o Agosto no que cumplimos o sono de que a nosa exposición ECOS DE CORTEGADA se inaugurase, un vello sono cumplido, un homenaxe a aqueles poboadores a os que NADIE botou unha man, quedaron sin nada sin as casas sin as terras sin nada e o mundo aplaudia a os expoliadores. Bueno moitas gracias a quen botou unha man axudando a que este traballo vira a luz.
Tamen en Agosto Phottic axudou a sacar a luz o noso primer libro PEDALEANDO POR VILAGARCIA, o libro que reflexa a exposición co mismo titulo feita fai un ano e donde moitos de vos colaborachedes con un artigo. O libro esta a venta na librería Nobel en Make Notes na rua Ramon y Cajal e na nosa propia casa. Moitas gracias tamen a quen nos botou unha man para axudar a meter o libro na imprenta. Moitas gracias.
Mencion especial para o Agosto do 2016. Bos días moita saude.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-08-2016 08:57
ECOS DE CORTEGADA xa esta no Carril

No local do Gato Negro cedido pola sua diretiva, a que temos que agradecer a sua colaboura co Faiado da Memoria sempre Jose Eiras e Jose Carlos Dasilva estan ahi pra botar unha man. Eternamente moitas gracias.
Tamen moitas gracias a toda a xente do Carril e de Vilagarcia que onte nos acompañaron no momento da inauguracion, ECOS DE CORTEGADA vai estar nos locais do Gato Negro o que resta do Agosto e todo o mes de Septembro, logo fara outros periplos dos que informaremos puntualmente.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-08-2016 10:02
Felicidades Dieguito

Este ano presentase para Dueguito cheo de acontecementos emotivos, o mais importante é que vai ser bisavó. A nena dos seus ollos, Tania vai ser MAMA, e iso sube o termometro da emocion en toda a familia de Luisa e Diego, pra ir facendo boca hoxe celebramos o cumpleanos de Dieguito...un abrazo campeon e moitos parabens.



Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 27-08-2016 09:48
ECOS DE CORTEGADA no Carril

No Gato Negro mañan venres vinteseis de Agosto as oito da tarde inauguramos a nosa-vosa exposicion ECOS DE CORTEGADA. Xa sabedes que esta composta por doce paneis e dous videos basados na memoria, oral e documental, sobor aqueles poboadores que foron sacados das suas propiedades por unha chea de intereses que se cebaron sobre eles. Nos gustaria que nos acompañarades a esta inauguracion un punto emocionante para o Faiado da Memoria.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-08-2016 07:30
LIBRO DE VISITAS de Ecos de Cortegada

Remata a exposición ECOS DE CORTEGADA que, desde o día 2 de agosto, mantíñamos aberta no Salón de Plenos do Concello de Vilagarcía. O luns, 22, en horario continuado de 9:30 a 21:30 será o último día en que se poderá contemplar no seu formato orixinal e ao completo.
Logo viaxará por centros sociais e educativos de Vilagarcía para, mais tarde, irse deica outras poboacións.
Pero, nestes días en que estivo presente no Salón de Plenos, mantivemos aberta unha libreta (realizada, por certo, pola asociación Saiad Pola Igualdade) para que os/as visitantes que o quixeran poideran deixar as súas impresións sobre a mesma.
E vaia si o fixeron.
Extractamos algunhas delas sen por o nome das personas:

"Lo primero daros las gracias por el trabajo de avivar la memoria, lo segundo las gracias por contarnos de forma tan natural nuestra historia"

"Parabéns por unha exposición mais que traballada e por fin conseguida!! Moi bo traballo"

"Enorme e necesario traballo! Noraboa!!!"

"Me gustó, me informó, me entretuvo"

"Precioso e emotivo traballo. Seguro que os descendentes sempre volo agradecerán"

"Me encantó. Es un recuerdo muy emotivo por mis abuelos en Cortegada"

"Solo penso, ó escoitar o vídeo e o leer as notas e escrutos dos seus autores, no dolor, na rabia, no esforzo e no engaño de que foron obxeto os seus moradores e os seus descendentes que escoitarían as narracións dos seus antepasados. Por todos eles dedícolle unha lágrima e unha esperanza."

"Moi importante recuperar a memoria dos nosos ancestros e a súa dignidade"

"Paréceme maravilloso que se faga esta exposición da fermosa illa de Cortegada, en recordo do sufrimento de todos estos veciños que inxustamente foron botados pola monarquía"

"Gracias por mantener siempre viva la historia de Vilagarcía"

"Extraordinario traballo sobre a historia da apropiación dun pobo para rendir sumisión a un representante da élite dominante.
Indiscutible calidade do traballo de recolleita e presentación que cubre unha lagoa na concienciación sobre a historia dun pobo.
"

"Por aqueles que non permiten que os habitantes de Cortegada e as súas terras caian no esquencemento."

E así poderíamos proseguir.
Pero quédavos un día para ir a poder vela e xa non vos entretendemos mais.

Gracias por colaborar, asistir e comentar.

Gracias aos vosos ánimos da gusto facer estes traballos.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-08-2016 16:51
Maika bo dia

Maika Fernandez esta hoxe de cumpleanos e como persoa intelixente que é sabe que o bo e cumplilos, Maika temos moito que celebrar, ti sabes que nesta casa queremoste e desexamoste o millor para este e todolos dias da tua vida. Moitos parabens.



Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 20-08-2016 08:32
PEDALEANDO POR VILAGARCÍA pode ser teu (se queres)


Estimados Amigos e Amigas,

xa sabedes de que o libro PEDALEANDO POR VILAGARCÍA xa está na rúa e pódese adquirir tanto na LIBRERÍA NOBEL(de Vilagarcía e outros lugares do país), onde tamén atoparedes o documental, en DVD, DESDE DENTRO DO CORAZÓN.

Así como tamén o podedes conseguir por internet a través da páxina de PHOTTIC (pinchade no nome e levaravos directamente ao sitio) ou, de forma personal, contactando con O Faiado da Memoria.

PEDALEANDO POR VILAGARCÍA é o compendio da exposición que, co mesmo nome, estivo presente no Centro Comercial Arousa durante os meses de xuño e xullo de 2015 e nas rúas da zona peatonal en agosto do mesmo ano.

Como non queríamos que se perdese esa valiosa información que tiñan esas 116 láminas, e aceptando a invitación de PHOTTIC para a realización de un libro de fotografías, dimos en por en valor ese traballo e este é o fruto que agora vos presentamos para o voso deleite e disfrute.

Gustaríanos que o libro tivese unha boa marcha de compra o que nos posibilitaría de que a editora tivese confianza en nos e poidamos sacar algún traballo mais posibilitando o poder acercar estes arquivos gráficos da nosa Memoria a un estado mais alá do virtual de internet e poder telos na casa. Por iso confiamos en vos como sempre o fixemos, dunha maneira cega.

Aquí vos deixamos cun vídeo realizado o día da presentación en sociedade.



E este outro que proxectamos no Salón:

PRESENTACIÓN LIBRO
PHOTTIC
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-08-2016 11:11
Na Memoria de Jose Redondo

Hoxe atopamonos ca noticia do pasamento de Jose Redondo para nos Pepe Redondo industrial madereiro xubilado fai un tempo. Pepe casado con Lolita Penide e Pai de Dolores, Manel, Quico , Esperanza e Ricardo que hoxe sinten o dor da morte do seu Pai. A todos eles o noso sentimento de pésame Non queremos esquencer o resto da familia, fillos políticos, netos a todos en xeral . Pepe será homenaxeado hoxe nun acto relixioso na parroquial as seis menos cuarto da tarde, o velatorio e na sa numero seis do tanatorio de Arousa.
Comentarios (2) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 18-08-2016 11:01
Pedaleando en Vilagarcia
De cando en vez lembrar que recién sacado da imprenta temos o primeiro libro do Faiado PEDALEANDO POR VILAGARCIA, podese mercar diretamente a nos como na librería NOBEL. Facede publicidade de el, decidelle a xente o bonito que é, as casi duascentas fotos que ben lucen nas nosas casas nunha publicación que e un pouco de todos, porque entre fotos e colaboracions e caseiro de verdade.


Comentarios (3) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 17-08-2016 18:04
Onte S Roquiño pequeno

E hoxe a Festa da Auga, Vilagarcia reventa de xente e de festa, son as nosas as de cada ano, vinde e disfrutade, merece a pena. Felicitar a Justo Lameiro por ese corazon grande cheo de solidaridade, leva tres meses buscando financiar a festa do barrio de San Roque xunto a outros veciños. Onte foi o final por este ano, noraboa Justo e hasta o ano que ben.Bo dia para todos
Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 16-08-2016 07:23
1 [2] [3]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0