lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Finou un dos derradeiros exiliados |
|
.jpg) Francisco Villaverde Otero, Paco ou Paquete como lle chamaban as suas irmans Rosina e Marivi. Paco acaba de deixarnos para sempre, era fillo de Rosina Otero e de Elpidio Villaverde primer alcalde da Republica en Vilagarcia. Paco tiña doce anos cando unha fria mañan de decembro ala polo infausto mil novecentos trinta e seis, agazapado nun coche xunto as suas irmans e sua nai fuxian do terror, do terror que noite tras noite sufrian cando os paseantes das ignorancias e das miserias humans os buscaban. Paco era un neno pero nunca se lle esquenceron aquelas vivencias de un neno inocente que nunca debeu haber vivido aquel inferno.
Sentimos moito o pasamento de Paco,que finou en Bos Aires, anteriormente tamen os seus `pais pecharon os ollos na Arxentina, un pais que os acolleu coma fillos e a o que eles querian como tal. Nos quedan as suas vivencias grabadas e moitas lembranzas vividas xuntos, moitos momentos compartidos, a sua dona Celia, a os seus fillos Rosina e Paco, as suas irmans Rosina e Marivi, un forte abrazo.
|
|
|
|
Nas Vodas de Ouro |
|
 Hoxe fai cincoenta anos, recén rematadas as festas de Vilagarcía de mil novecentos sesenta e catro, concretamente o día trinta, casaron Teresita Gil e Eugenio Bouzada, fai hoxe cincoenta anos... Daquela foi unha voda moi sonada, o noivo, fillo de José Bouzada, importante empresario do pobo, e a noiva, filla de Juan Gil, empresario que chegou a ser alcalde de Vilagarcía.
Casáronse na parroquial e o banquete foi no casino.
Un día especial que se convertía no punto e seguido a unha bonita historia de amor. Daquela data que nunca esquenceron hoxe cumprense as VODAS DE OURO, envidiables nos tempos que vivimos, a Teresa e Eugenio mil novas lúas de mel na compaña de María Teresa, José, Juan, Ignacio e María, os seus cinco fillos.
En Vilagarcia disfrutamos cos bos acontecementos dos veciños, da boa xente, da nosa xente. Noraboa, por moitos anos, por todo o resto da vida.
|
|
|
|
A familia Bouzada de festa |
|
 Porque no día de hoxe, 30 de agosto de 2014, tamén se cumpren cincoenta anos da primeira comuñón do noso blogueiro Javier Bouzada.
Non cabe duda que para os seus pais, José e Carmen aquela data donde casaron a un fillo e ao pequeno lle fixeron a comuñón viu enormemente cargada de emocións.
Javier, a celebralo. Felicidades. |
|
|
|
Jesús de cumpreanos |
|
 E nos cantamoslle e desexamoslle un bo ano, con saude, tamen con Lidia disfrutando de ese presente que tanto merecen. Nos debedes un cafe, un bo cacho de pastel con moita crema. Felicidades AMIGO
A fotografia é da primeira promocion do colexio da Renfe no Salgueiral. Un dez si recoñecedes a algun de eles
|
|
|
|
Fotos de Rita en Arbo |
|
.jpg) Xa que non a vemos ca frecuencia que nos desexaramos en A Xente que fai Faiado acabamos de colocar unhas cuantas fotos de Rita Garrido e Jenaro na sua casa de Arbo. Calquer dia facemoslle unha visita, porque é o lugar de eles, donde atopan a tranquilidade o relax. Tamen e o lugar de nacemento e infancia de Jenaro. Ahi quedan as imaxenes, a disfrutalas con saude |
|
|
|
O 27 de Septembro |
|
.jpg) Estreamos documental en Vigo, no auditorio do concello, estreamos a Volta dos Nove, estreamos unha chea de soños, de traballo. En dous mil seis cando Antonio e mais eu nos coñecemos A Volta xa iba avanzada, por unha chea de razons se quitaron outros traballos adiante, a Volta quedou parada. Pois agora vai. Seria importante para nos sentirnos acompañados. Estades TODOS-AS invitados.
Coa última frase deste poema de Fran Alonso, comenza o noso novo documental de A VOLTA DOS NOVE que se vai a estrear en Vigo (Auditorio Municipa, Praza do Rei, 1) o 27 de setembro, sábado, ás 20:30 horas
Avoa, que son esas cruces?
Sonche fillo, a marca do crime, da infamia e a luz
taquigráfica que levanta acta para o auditorio
da historia. Ah, que baixo falas, avoa.
Non levantes a voz, neno, que non terás palabras
para os teus versos. Tanto ten, avoa, agora sei;
é unha historia covarde de horror e de espanto
co silencio do mar, testemuña de cargo, batendo
sobre as rochas e as penas, entre a brétema dun cabo:
cabo castigo, cabo tristura, cabo rocha cun
exército necrófago, oficiando na estrada as cunetas
da Bombardeira. As cruces son as cicatrices
da terra, o berro anónimo que se converte en rapsoda
da traxedia desde aquel mencer de outubro do 36,
cando unhas mans riscan o chan e serigrafían
a lembranza que agora se abraza na árbore dos heroes.
E quen as fai, avoa? A xente, que disque non se fan soas
e non levantes a voz, neno, que non terás palabras
para os teus versos. Ah, son as pegadas da rabia,
da rebelión que perpetúa ao vento a memoria coma
unha zanfona. As cruces, nove; unha por cada corpo sen vida:
nove na Volta dos Nove. Nove para esconxurar a infamia e
convocar as vítimas: o Manuel, o Felicísimo, o Ghonda,
o Lijó, o Rei Chiquito, o Fidel, o Pelonio, o Ferreiro
do Burgo, o Generoso. E a música, avoa? Son as
voces dos presos de Oia, que cantan coa tripa e
non levantes a voz, neno, que non terás palabras
para os teus versos. Son nove, avoa, nove imborrables
cruces con nomes de goma, nove pingas con que
a acordanza grava a metraxe inmedible dun crime
impune. Escoita, avoa, son as cruces as que levantan
a voz, e o seu eco de sangue érguese máis alá da dor,
máis alá do medo, máis alá do mar, máis alá do tempo.
Poema de Fran Alonso cuio texto final abre o documental de A VOLTA DOS NOVE
|
|
|
|
Xurxo Alonso expon en Madri |
|
 Sacamos do Diario de Arousa a seguinte informacion:
El artista afincado en Vilagarcía, Xurxo Alonso, lleva su obra escultórica a Madrid, a la galería Marita Segovia, donde estará expuesta a lo largo del mes de septiembre desde el día 4, cuando se inaugura.
Un total de 25 piezas en cartón y en madera componen la muestra que se podrá ver en la conocida sala madrileña. Se trata de esculturas que Alonso realizó en los últimos años, en los que ?trabajé muchas sobre cartón?.
Las esculturas realizadas sobre este material son de carácter abstracto, mientras que las que construyó sobre madera representan barcos y otros motivos marinos.
Xurxo Alonso nació en Buenos Aires pero reside en Vilagarcía desde los ocho años. Como artista plástico domina varias disciplinas, destacando la pintura. Sus primeras exposiciones las realizó en su ciudad natal, en 1983, y desde entonces ha recorrido toda Galicia, España y México. Poseen obras suyas en el Centro Galego de Arte Contemporáneo (Santiago de Compostela), museos de Burgos y Sada y diputaciones de todo el conjunto del estado español. Poseen obras suyas en el Centro Gallego de Arte Contemporáneo o en los museos de Burgos y Sada, así como diputaciones y ayuntamientos de muchas ciudades españolas.
Xurxi chegou a o barrio do Ramal sendo un cativo pequeno, sentimolo noso e nos alegramos dos seus exitos |
|
|
|
Cerramos o tema de Cortegada |
|
.jpg) Porque xa fai unha chea de dias que estamos a espera de quen quere viaxar a Cortegada, e somentes contamos con dez persoas, entre elas Antonio e mais eu, debera quedar pra o ano que ben, podia ser perfetamente o lugar da comida do Faiado, nos felices de que sexa asi, xa sabedes que a miña familia dos Ramos no Carril son chamados "Os de Cortegada" A xente que mostrou o seu interes por ir cando estaba no Galeon xurdironlle unha serie de atrancos para Septiembre que fan imposible a viaxe. Cortegada seguira deitada no mar hasta o ano que ben, esperando por nos. |
|
|
|
Ala polo vinte de Outubro |
|
 Chegan Anne e Casalderrey. Para nos un noticion, nos unen lazos de verdadeira amistade con esta parexa, non imos esquencer nunca como os coñecimos, as condicions nas que viaxaron cando se preparaba o festival de musica dos sesenta. Cando escoitamos tocar a Casalderrey quedamos abraiados, logo medio Vilagarcia quedou abraiado. A partir de ahi viñeron varias veces e disfrutamos da sua compañia. Os blogueiros decir que imos preparar un xantar para homenaxear a esta parexa que non esquence Galicia, Vilagarcia nin a os seus amigos. |
|
|
|
Conchela e Pilar Garrido...felicidades |
|
 Porque hoxe día vintecinco de Agosto están de cumpreanos, por suposto hai que celebralo, os bos ratos da vida hai que vivilos coa intensidade que se nos permita. Conchela e Pilar Garrido, moitas felicidades, moita saude, enerxía positiva a tope que é o que merecedes.
INTRO-STRIKKERS por antonxxxl |
|
|
|
|
|
|
|
|