Colocamos o cartel anunciador da próxima viaxe cultural de O FAIADO DA MEMORIA.
Xa levamos dous ou tres anos sin xuntarnos, as circunstancias da pandemia obstaculizaron o feito de estar xuntos. A petición dos nosos amigos e amigas e clara, Cando imos facer algo? Pois chegou o momento.
O día catro de Setembro, domingo, sairemos do porto de Vilagarcía nun barco da Naviera Nabia, barco potente con capacidade para duascentas cincoenta persoas que, por certo, non temos interés en chegar a esa cifra, posto que non queremos ir petados, non nos gusta.
Sairemos, como decíamos, as dez da mañan cara a Salvora, ali botaremos un par de horas, temos guias do Parque Nacional que nos levarán hasta o faro e o poboado e arredor das duas da tarde embarcamos de novo cara a Illa de Ons. Alí organizaremos o xantar, cada un cos seu bocatas, menús e bebidas traidos da casa ou en calquera dos restaurantes que hai na illa, que cada un faga o que mais guste. Tras disfrutar dos encantos da illa, ben polas praias ou polos sendeiros que hai por alí sairemos a iso das sete da tarde, embarcamos cara a Vilagarcia.
Entramos de novo na ría de Arousa, esa marabilla patrimonio de todos e todas.
Puxéronnos a cuota que vedes no cartel, 25 euros se somos menos de 140 persona e 20 si sobrepasamos esa cantidade. Logo de facer unha mini enquisa, casi podemos decir que imos pagar vinte euros, por iso o remarcamos mais forte pero imos deixar pasar uns catro ou cinco días para ter mais claro todo. De todas formas sería engadir 5 euros mais que, aínda así é barato de abondo.
Idevos apuntando, tendes aí o teléfono e o correo electrónico do Faiado. Necesitamos o número de DNI, nome e apelidos e data de nacemento, todo esto é obrigatorio para pasar a Parques.
Avisamos, non pensar que aínda falta moito, ai que cubrir algúns trámites.
Para o pago existe un número de conta do Faiado, solicitadeo e se vos será transmitido.
Por certo que os nenos teñen redución no precio: de 4 a 12 anos, 12 € e hasta os 3, gratis.
E non ser tímidos, a excursión é para todo o mundo que lle guste O FAIADO DA MEMORIA (ou viaxar).
E agora disfrutade das festas, sexan cal sexa e donde gustedes.
Subidas en TASCAS E CENTROS DE TRABALLO, VILAXOAN é CORNAZO.
En portada, co lugar da Rosa no Carril como protagonista da imaxen, compartida con un mariñeirazo impresionante, Manolo Diz, o noso querido Manolo remando no seu bote cara a casa.Adicamos a fotografia a os pobos de mariñeiros que celebran a sua festa este fin de seman.
Bos dias, feliz domingo.
A nosa colaboradora e amiga, Maria José Vazquez Blanco, neta do lembrado Arousan, filla de Luisa,hoxe cumpre un ano mais. Imos a celebralo como se merece. Naceu nun dia especial nesta zona do mundo, o dia da festa dos mariñeiros, bonito, bonito.Nada querida, que o disfrutes, a tarta xa a tomaremos en calquer momento. Bo dia, boa vida, feliz cumpleanos.
En OS DEPORTES CHEGARON CA ESCUADRA, VILAXOAN, O CARRIL, A LAXE é VAMOS A RETRATARNOS estan as subidas de hoxe.
En portada as festas do Carmen en Vilaxoan, que de aquela tamen hoxe celebran as festas da xente do mar, mariñeiros, pescantinas resumindo todos aqueles que viven do traballo que ofrece o noso mar, tamen as suas familias, que durante todo o ano disfruten de saude, de sirenas, e boas proas, longa vida a xente do mar.
Bos dias, a vivilos a disfrutalos.
Subidas en OS DEPORTES CHEGARON CA ESCUADRA, GUILLAN é VILAXOAN.
Na portada o Comandante e oficiais do ano 1973 na vella Comandancia situada no Ramal.
Bos dias, hoxe parte o mes.
En Tradiccions e Actos, Os Amigos, Trabanca Sardiñeira e San Roque, incluimos as subidas de hoxe.
En portada fotografia da fonte colocada no lugar do Obelisco, se iniciaba o tempo de castigo para a figura emblematica da Republica.
Bos dias, a coidarse do moito calor.
Os do Faiado andamos neste caso con bastante retraso...Resulta que Pura Marcos e Manolo Caamaño, fixeron no mes de Xaneiro as suas bodas de ouro...o dia 9 de Xaneiro do 1972 casaron, en Rubians, porque Pura é de Perron. Este ano, o mesmo dia, celebrarono, no mesmo entorno. Celebraron os seus cincoenta anos..Xuntos. E moi dificil, pero aquel amor era de verdade, na fotografia, vemos a os novios con seus Pais, felices, guapisimos, nun dia moi grande para todos eles.
Na actualidade, a foto de familia fixose mais grande, tiveron catro fillos: Jose Carlos, Puri, Oscar e Carmen Maria.
Pura e Manolo coñeceronse nas festas da Santa Marta da Laxe no ano 1970, a o pouco tempo casaron ate hoxe.
Pois nada, a os dous unha aperta de felicitacion, sodes unhos campeons e tamen tendes moita sorte por atoparos, por non pasar de largo.
Dende aqui a nosa sinxela felicitacion con unha cancion adicada a os novios.
Subidas en Rubians, Vilagarcia de Onte, Posando. En portada, os nenos veciños da Praza de España, posiblemente nun dia de Reises, xogan no Xardin do barrio, a fotografia nos permite ver o Bar Rancho Grande na parte esquerda, tamen un espacio que utilizaba Eduardo o da Fe como almacen, na actualidade está instalado o Erosky City.
Pois nada, a ser felices.
Escomenzando seman, esperemos que non sexa tan calurosa como a anterior, sempre trae malas consecuencias.
As subidas son en Trabanca Sardiñeira, Outra Forma de Vivir é Rubians.
En portada a dorna Nai propiedade de Luis Falcon Carus, navegando polas cercanias da praia da Concha, atras o inicio do Barrio da Prosperidad, a dereita o portalon aberto era o lugar donde estaba instalada a empresa Celtiga de Luis Garcia Reboredo, a continuacion casa da familia Martinez Campos, matrimonio formado por Enrique é Carmen,cos tres fillos Enrique, Guillermo é Jose Luis, a continuacion a casa dos Guimiles, unha das maravillosas casas de Vilagarcia que acabaron de aquela maneira.
Foi edificada a principios do seculo XX.
Os artifices da construcción indiana foron o matrimonio formado por Concepción Güimil Hermida é Luciano Martínez Piñeiro, que arredor do ano 1908 decidiron a sua residencia en Vilagarcia. O pai de Concha habia nacido aqui.
Pois nada a ser felices, bos dias