lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Remata Xullo

E temos que seguir, polo ben de todos facendo sacrificios, ainda non se chegou a inmunizacion do grupo, polo tanto sigue habendo contaxios, non todos se resolven quedando na casa, alguns requieren hospital, tamen UCI, as veces remata mal...a ver si somos quen a conter a xente xoven que loxicamente queren vivir e moito tempo de pandemia, todo moi longo. Por favor, responsabilidade un tempo mais, non poñamos en peligro mais vidas.
Destacamos hoxe a fotografia existente na primeira paxina da praia de Compostela co titulo de BOS TEMPOS DO BALNEARIO.
En Gaudeamos Igitur primeira paxina AQUILINO E DANIEL
En ultima paxina en Traballando Duro, OS DO BANCO HISPANO
Pois hoxe remata Xullo, bos dias, Saude
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 31-07-2021 08:24
A Laxe en festas

Pois desexamoslle a o barrio da Laxe, unhas boas festas, hai que ir pensando en tomar todas as precaucions pero tamen ir vivindo porque levamos ano e medio de terror é metidos de cheo nun sinvivir. Felicidades a Maria del Carmen e Dito, a Loli e Manolo Oubiña, a Piluca e Cuco, a tanta xente amiga que temos na Laxe.
A subida de hoxe dia trinta de Xullo, como non podia ser de outra maneira e na Laxe.
Bos dias, felices festas Saude
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-07-2021 07:54
Subida do dia 29

A nova subida esta nas carpetas de Familia e Sobradelo, sempre na ultima paxina.
Estamos a ter un mes de Xullo moi extrano, pouco sol para disfrutar, tal e como vai todo igual ven o vran en Novembro.
Bos dias, Saude
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-07-2021 07:43
Subida do dia 28 de Xullo

En ATOPANDO DETALLES é OUTRA MANEIRA DE VIVIR aloxamos a subida do dia, do mercores dia 28 de Xullo, por suposto na ultima paxina.
Seguimos ca idea de que si o que queda por inmunizar se fai, os contaxios iran reducindose e a ver si a finais de Agosto se dan as circunstancias para ese viaxe pendiente a Illa de Cortegada.
Temos ganas de facelo, pero de momento non debemos.
Na foto a tuna do colexio Jose Antonio Primo de Rivera creada por Carlos Alvarez Puga, o profe mais movido do mundo. A esquerda en labores de vixiancia vemos a Amadeo Rodriguez un profe moi xovenciño
Bos dias, Saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-07-2021 08:01
Subida do martes

Na cuberta do gardacostas Centinela un mariñeiro se fotografia.
A subida de hoxe e nas ultimas paxinas de TRABANCA SARDIÑEIRA, OUTRA FORMA DE VIVIR TASCAS, ULTRAMARINOS, TAHONAS E COMERCIOS
Desde o Faiado da Memoria facendo historia visual a diario.
Bos dias, saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-07-2021 08:46
Parabens meu Amigo

Vaia acontecemento, onte estivo de cumpleanos meu amigo Monchito Dios da Illa, o home de Nelita que foi o millor tesouro que atopou Monchito en todos os camiños nos que paseou pola vida.
Celebraron o cumpreanos os catro fillos cas respetivas parexas e os nove netos que teñen Nelita e Monchito. Desde Vilagarcia decirlle que visitaremolos en calquer momento. Levamos moitos anos de amistade, de cariño por eso temos que celebrar o cumple de Monchito. Na foto o vemos no dia de onte con Mara, filla de Ricardo que todo hai que decir Ricardo foi o millor xogador de futbol da Arousa, polo menos para nos.
Cando esta asquerosa pandemia nos dé tregua, iremos a darlle un bicaso a todos, mentras tanto un bico un abrazo, queremoste Monchito.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-07-2021 19:10
O pasado sempre foi peor



Referímonos, con este titular, a que cando éramos pequenos o país pasaba por unha situación terorífica. Vivíamos nunha dictadura creada a base do medo, do asasinato da xente que non tragaba coas súas ideas. Foron centenares de miles en todo o país.

Bueno, pois inclusive nese estado de cousas un neno é feliz, porque non ten outra infancia para vivir, porque dentro da súa casa, da súa familia, existe o amor, criámonos felices, sin saber moito doutras cousas.

Esto ben a conto de que onte deberían ser as festas do Carril, festas que forman parte das lembranzas mas felices da nosa infancia. Tres mulleres, miña avoa Pepa, miña tía Carmen e miña prima Mercedes, artellaban unha serie de espacios donde a festa estaba garantizada, aquelas mesas, aquelas comidas que duraban tres ou catro días. Enlazábase o Apóstolo co San Fidel, aquelas charangas, a farsa, os enanos, as regatas avaladas polo Pósito, as cucañas, as verbenas, a xente en oleadas, os autobuses a destajo, as procesións, por suposto non podian faltar, o Carril con adoquíns, a praza vella a fonte, os personaxes do pobo... ¡Un feston!

Non quero entrar en emocións familiares pero as sinto e as vivo, o barco noso cheo de xente a vivir as regatas desde o mar, Cortegada sempre presente. Que nunca esquenzamos o vivido.
A subida de hoxe atópase nas últimas páxinas do Carril, Os deportes chegaron ca escuadra e Os Amigos.

Bos dias, Saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-07-2021 08:23
Dia de GALICIA

Se nos ocurre adicar estas pequenas letras a todos os homes e mulleres que a o longo da vida deron tanto por nada, a cambio de nada. Dia vintecinco de Xullo dia da Patria, Curros, Rosalia Pondal, Otero Pedrayo Fermin Bouza, emplearon parte do seu tempo en ensalzar estudiar a vida da sua terra en diversas formas non esquenzamos a nosa historia, non esquenzamos a nosa PATRIA.
A subida de hoxe e na Vilagarcia de Onte.
Bos dias, Saude
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-07-2021 09:00
Subida do dia 24

Na ultima carpeta de POSANDO e tamen na ultima de OS DEPORTES CHEGARON CA ESCUADRA,aloxamos na data de hoxe as duas subidas.
Ahi afora chove, temos un vran un pouco tonto, queremos sol, dias de praia ainda que non a pisemos, luz, claridade, vintetres grados...¿Conquen hai que falar?
Bos dias, SAUDE
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-07-2021 08:17
Venres dia 23

Facemos a subida na carpeta de TRADICIONS FESTAS E ACTOS, ali na ultima paxina podedes ver os tesouros do dia
A foto en que anunciamos reflexa unha de aquelas festas que facian os da Orden do Zeppelentin, sempre cando somos novos buscamos formas de diversion, esto era no ano 1973.
Bos dias, Saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-07-2021 07:58
1 [2] [3] [4]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0