lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
No Faro de Vigo |
|
 O Faiado celebra su romería con una travesía por la ría y una visita a Cortegada
Más de medio centenar de personas disfrutaron del día en el encuentro anual del colectivo
redacción | vilagarcía 14.07.2014 | 01:38
La travesía por la ría.
La travesía por la ría. // Cedida
La asociación O Faiado da Memoria celebró ayer su tradicional romería anual en la que participaron más de medio centenar de personas.
La jornada comenzó con una travesía por la ría hacia la zona de O Chazo, donde uno de los artífices de O Faiado, Antonio Caeiro habló sobre el naufragio del "Cabo Razo", ocurrido hace 56 años. Después recorrieron el litoral de la isla de Cortegada. Al terminar se dirigieron a Catoira, donde disfrutaron de una comida campestre en el entorno de los jardines del Galeón Vikingo. La comida fue amenizada por la música, de la que se ocuparon un grupo de amigos de la asociación.
O Faiado es uno de los colectivos de O Salnés más destacados en lo referente a la realización de trabajos sobre la historia local, que en su caso están centrados en el municipio de Vilagarcía.
|
|
|
|
Os que fan a festa |
|
 En realidade son como profesionais, pero contagian alegria, as veces fan que os sentimentos afloren e suba a adrenalina. Os do Faiado damos as gracias infinitas polas festas compartidas coa xente da fotografia.
Hoxe colocamos na seccion "A XENTE QUE FAI FAIADO" 43 fotografias, mañan mais.
|
|
|
|
Finou Paquita Abalo |
|
 Paquita e unha perdida importante para todos pero sobor de todos para a sua familia, familia que o Faiado da Memoria espresalle o seu sentido pesame.
LA SEÑORA
Dña. Francisca Abalo Álvarez
Falleció el día de hoy, a los 69 años de edad.
D.E.P.
Su esposo, Edelmiro Álvarez Blanco; hijos, Joaquín Manuel, Mª del Pilar y Luis; hija política, Olga; nietos, Ana, Giovanni, Damián, Raquel y Adriana; hermanos, Mª del Carmen y Luis; hermanos políticos, sobrinos, primos y demás familia.
La conducción de sus restos mortales tendrá lugar MAÑANA MARTES, a las DOCE de la MAÑANA, al Crematorio de Emorvisa (Vigo), favores por los que les anticipan gracias.
|
|
|
|
O Galeon |
|
 A hora de chegada do Galeon a o porto de Vilagarcia creouse toda unha expectacion no entorno. Na seccion de "Os que fan Faiado" xa escomenzamos a subir fotos da parrandada de onte, a o longo do dia, adicaremoslle a o tema o tempo que faga falta. Bos dias |
|
|
|
Dos ausentes. |
|
 Mañan falaremos dos presentes.
Chegou o dia, tiñamos ganas, imonos xuntar algunhas das xentes que vivimos o Faiado de forma virtual durante todo o ano. Temos algunhas ausencias, imolas botar de menos, pero as presencias serviran para alonxar os vacios, botaremos de menos a Rosita e Jose que por motivos de saude non poden vir, polo mesmo motivo Antonio Neira e a sua dona, Marite non pode deixar os netos, Margarita Coello anotouse e a ultima hora non pode vir, Enrique Leon hasta ultima hora non con unha crisis de cervicales, igualiño que Mercedes Paz, Jose Carlos Dasilva o noso amigo que esta de viaxe, Manolo Perez e Tere, tocalle o coidado dos netos, Lolita Camiño de baixa laboral nos fai un encargo que saudemos no seu nome a todos os asistentes, a nosa Rita Garrido en visperas de quirofano, Pura e Manolo Camiño o mesmo, esto nos fai pensar que a toda esta xente que non pode estar con nos, si se dan as causas temos que facerlle unha xuntanza no inverno, asi que xa sabedes, ir millorando o engranaxe e hoxe brindaremos pola vosa saude e presencia. |
|
|
|
ATENCIÓN: CAMBIO DE LUGAR DO GALEÓN |
|
Queridos Amighos e Amigas, por cuestións de mareas o GALEÓN, co que vamos a disfrutar dunha viaxe pola ría antes de comenzar a comida en Catoira, non pode sair do Carril.
Polo tanto ten que sair desde VILAGARCÍA. Polo tanto o lugar de concentración é na zona onde está o CLUB DE MAR, alí no muelle.
A hora sigue a ser a mesma, as 11:15.
Perdonade por estes cambios do último minuto.
Vémonos mañán.
Un saudo |
|
|
|
Finou Oliveira |
|
 Gracias a o aviso de Xerman Torres chega a mala noticia do pasamento de Oliveira, imos poñer a informacion que con todo o seu pesar reflexa Xerman no seu blog.
Como dicía el "meu caro amigo"; pois tristemente, fóisenos un grande amigo, quen estará agora a tecer os seus fermosos e sentidos versos no polvo cósmico dos espacios interestelares, onde ao fin voará libre, como quería ser e era el, libre, "fieramente humano", orixinal. Descanse na paz e na harmonía un ser entrañable, un amigo insustituible.
Eu coñecín a Manolo no "Club Juvenil Villagarciano", eu fora o segundo presidente na historia, breve; pero, intensa e fructífera historia dese añorado Club, Manolo sería o terceiro, sucedéndome a min. Moito temos traballado, gozado e mesmo sufrido xuntos nese club para organizar moitas cousas con poucos medios, mais con moita ilusión: actos culturais, literarios, deportivos, lúdicos...
El sempre foi amante da poesía, era un fino, exquisito e sensible poeta. Participou na creación e mantemento da revista poética RODADA, nos principios dos anos 80 do pasado século, a revista copiábase e montábase na fotocopiadora propiedade dun gran amigo común, Xosé Lois Vila, "Ulisis Figueroa". Podemos falar dunha xeración de RODADA, de mozos poetas vilagarciáns, entre os que se atopaban xunto a Manolo Olveira, seus amigos Calixto Vázquez Míguez, Jesús Recio,...
Seguía a vida e Manolo chegou a exercer profesionalmente como policía local, primeiro na súa cidade natal, Vilagarcía, e logo en Pontecesures, onde se tivo que xubilar anticipadamente por enfermidade, unha cruel enfermidade que o foi minando lentamente, pero sen pausa. Aínda que el foi exemplar, loitando pola vida, desexando vivir. E así, a derradeira etapa da súa vida transcorreu en Vigo, onde participou en múltiples actividades, sempre axudando, colaborando sempre. Alí foi vicepresidente e "alma mater" do Grupo Poético "Brétema" e do seu magnífico blog, que el mantiña e confeccionaba.
Participou, desde o primeiro momento, na creación da experiencia poética do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa, que coñecemos como a MESA DAS VERBAS, todos os meses, puntualmente, contabamos coa presencia e colaboración de Manolo ao fronte de amigos e amigas do Grupo Brétema que el trasladaba no seu coche desde Vigo. Moito botaremos de menos na Mesa das Verbas a Manolo, pero el estará sobrevoando cos seus versos, vitais, valentes versos, coma berros por facer xustiza, por cantar ao pobre e desprotexido, seus laídos non se apagarán, retumbarán nos nosos corazóns. Por sempre, Manolo, na nosa lembranza, no noso ceibar os versos ao ar.
Para saber un pouco máis de Manolo, coas súas propias verbas e ideas, consultade o post ou entrada deste blog con data: sábado 31 de decembro de 2011.
Foise sen facer ruido,
coma un marmurio de auga fina.
Foise Manoel Xosé,
un verso libre,
un home propio, orixinal
deixando forte pegada
en todos nós,
os seus caros amigos e compañeiros
da Mesa das Verbas.
Quedámonos sen un irmán
discreto, silandeiro,
sinxelo coma o vento,
traballador do verso,
coma o líder
que "leva na fronte unha estrela,
no bico un cantar".
Fráxil coma unha delicada flor,
forte coma un irmán maior,
coma un patrón en alta mar.
Todo sentimento, todo tenrura,
era unha ledicia, un amor.
Adeus, Manoel, adeus.
Xermán Manoel Torres
A sua familia e amigos o pesar do Faiado da Memoria |
|
|
|
Preparandonos para a nosa festa |
|
 Para a septima festa do Faiado da Memoria, e sempre subindo en asistentes, si falla un veñen tres novos é unha autentica delicia porque estas cousas nos cargan as pilas, a sensacion é a de sentirse querido, polo menos os esforzos de todo un ano merecen a pena. Bueno ide preparando as cestas cos bocadillos, tortillas empanadas e bistekes, non esquencede as guitarras que logo de ter a tripa chea imos botar esas cancions que tanto nos gustan. É non esquencer o domingo as once e cuarto na Alameda do Carril, xa sabedes que polo mar sempre corre unha brisa, unha roupa de abrigo non quedara mal. Saude |
|
|
|
Hoxe e un dia malo para a nosa Aurita |
|
 Para a nosa blogueira Aurita que no dia de hoxe perdeu a sua madriña de pila Aurita Doviso. A madriña, de Vilaxoan, viuda de Pepe Bravo funcionario do ISM, finou no dia de hoxe, mañan venres e o seu enterro as doce da mañan en Vilaxoan. O Faiado expresalle a sua familia o mais sentido pesame, e a nosa compañeira Aurita unha aperta moi forte porque sabemos o cariño que lle tiña a sua madriña |
|
|
|
Os seus verdadeiros propietarios |
|
 Unhas vinte casas e unhas catorce familias eran os verdadeiros propietarios das viviendas e fincas da illa de Cortegada, non imos entrar na historia do que pasou, pero que sirva como exemplo e leccion do que poden facer desde os postos privilexiados.
A xente que o domingo dia trece, dentro de tres dias vai participar na festa do Faiado que non esquenza de estar na Alameda do Carril as once e cuarto da mañan. SAUDE |
|
|
|
|
|
|
|
|