lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Finou Maruja


Dña. María Diz Vidal
"MARUJA LA REINA"
(Vda. de D. Miguel de la Torre Piñeiro)
Que falleció cristianamente el día de hoy,
a los 82 años de edad.
D.E.P.
Sus hijos, María Josefa, Miguel, Jorge, Lidia y Mónica de la Torre Diz; hijos políticos, Rocío Araujo Rubianes y Ramón Díaz Romero; nietas, Xiana, Estela, Sylvana y Candela; hermanos, Pepucha, Carmen, Pilar, Juan() y Luis; hermanos políticos, sobrinos, primos y demás familia.
Ruegan a sus amistades y personas piadosas la tengan presente en sus oraciones y asistan a la conducción de sus restos mortales que tendrá lugar MAÑANA MARTES, a las CINCO de la TARDE, a la Iglesia Parroquial de Divino Salvador de Sobradelo, donde se celebrarán los funerales por su eterno descanso y seguidamente al traslado de sus restos mortales al Cementerio de Parroquial, favores por los que les anticipan gracias.

Nota: saldrá un ómnibus a las 16:00h., desde Vilaxoan (Farmacia) pasando por Sobradelo (Churula) con las paradas de costumbre, para la asistencia al sepelio y regreso.

Esta e a esquela de Maruja nai da nosa blogueira Lidia, que ala cando escomenzabamos o Faiado sin coñecernos, chegou a nosa oficina de entonces con un feixe de fotos para o Faiado. Nunca como cando morre unha nai sintese tanto frio. A toda a familia o noso pesame e consideracion
Comentarios (2) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 30-07-2013 08:12
ÚLTIMA DE XULLO

Costounos un riñon facer a subida de esta semana. Un accidente doméstico inutilizou o ordenata mais traballador en cuestion de fotos e blog... o teclado fai chiribitas, e é moi complicado traballar as veces. Bueno a partir da semana que ben retomaremos o tema da comida en Catoira que xa falta menos dun mes.

A subida de hoxe está nas Galerías:

Os Amigos 2

Os Deportes Chegaron coa Escuadra
1

Vamos a Retratarnos 1

Creo en Dios Padre...
1

O Carril 1

Outra Maneira de Vivir
1

Familia 1

Vilaxoán 1

Disfrutade do veran e da vida e procurade ser felices.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 28-07-2013 14:06
A traxedia do tren

Sentimos ter que seguir a falar do accidente de tren ocurrido o pasado día 24. Onte enterraron a unha das vítimas en Pontevedra e que tiña relación con Vilagarcía

Ela chamábase Lucía Arosa Rey. Era neta de Obdulia e Armando, do lugar da Torre, filla de Tete Rey, sobriña de Armando Rey, un dos nosos artistas, xa desaparecido. Con ela ía o seu compañeiro, tamén finado.

En Vilagarcía tamén temos outra perdida, relacionada con este tráxico suceso, unha prima de Cristina Hernandez (donante do Faiado) que viña nos veráns a pasalos a Vilagarcía, gustáballe o noso pobo e o disfrutaba, sin duda era das nosas. As duas familias, Arosa Rey e Bao Hernandez o noso sentimento de respeto e calor ante esta traxedia.
Comentarios (5) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 28-07-2013 12:27
Finou Pedro Alonso

En Santa Cruz de Tenerife, finou onte Pedro Alonso.

El casara con Mari Dasilva, filla do xefe dos guardias, Dasilva. Mari era irmán dos nosos blogueiros donantes e amigos, Tere e Jose Carlos Dasilva.

Pedro foi en Vilagarcía un peluqueiro innovador, empezou no edificio do Banco da Coruña, na peluqueria dos Madrileños, logo, xa como Pedro Alonso, tivo a súa peluquería frente a parroquial.

Aos seus fillos, fillos políticos, netos e a Tere, Manolo e José Carlos Dasilva o noso mais sentido pésame.
Comentarios (5) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 27-07-2013 21:25
GUSTOUNOS

Onte no Carril todo foi moi ben, como sempre de ben, alí no Gato Negro. Moita xente, os que estan fora non faltaron, logo asisteu xente que nunca vira o noso documental, pero tamen personas que xa estiveran nalgún das proxeccións de estrea no Liceo Casino no mes de Marzo.

A nosa xente nunca nos deixa sos nin nos defrauda. Quedamos encantados de que nos acompañara (como en tantas ocasións) Luis Silva, gracias Luis. Logo estaban parte dos "artistas" do documental: Fita Tubio, José Recuna, Verino e Manolo Diz, Candido Castro, Julian Iglesias, Xiné Abelenda... agradable, bonito, estar no Carril onte.

Á directiva do Gato Negro o noso agradecemento: a Lourdes, a presidenta, a Maribel Diz, e, en especial, a José Carlos Dasilva e a José Eiras. Infinitas gracias por facernos sentir como na casa.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-07-2013 21:10
Hoxe e o dia

No Gato Negro do Carril, hoxe as oito e cuarto da tarde proxectamos DESDE DENTRO DO CORAZON, o primeiro e unico documental que ate agora recolle o pasado da nosa Vilagarcia. Antonio Caeiro traballou dous anos da sua vida en crear este traballo documental que hoxe ides ver. O afundimento do Cabo Razo, as visitas da Escuadra Inglesa, A Vilagarcia na que chegaba o mar a porta das casas, o Ouro Nejro no Carril, son os catro temas que se ofrecen. Alegraremonos de verte, si pode ser non faltedes
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-07-2013 09:40
Pepa e Carlos

Que mañan fan os trinta e oito anos que casaron, que logo viñeron Vitoria e Nelo, mais tarde as duas maravillas que ten Vitoria fixeron abos a Pepa e Luis Carlos. Parece imposible que pasara tanto tempo, pero Carlos puxo no seu facebook que parece que foi onte....¡Que romantico¡ Xuntos pasaron por moitas cousas, se complementan que da gusto. Nos con moitisimo cariño lle desexamos unha chea de luas de mel
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-07-2013 23:03
Feliz dia Pablo

Nesta foto era un rapaz Pablo Canal, escomenzaba a ter unha relacion amorosa ca nosa Elena, Elena Vila. Pablo fai mañan anos nacia en Ourense era o primeiro e unico fillo do matrimonio de Flores e Claudino, logo de ali cando Pablo tiña tres anos se foron a vivir a Lugo...Pablo sempre se sinteu ourensan. E desde Outubro do 1981 vive en Rubians de Arriba, xa non concebimos o lugar sin Pablo. Nos o traemos hoxe eiqui porque e precioso cumplir anos, porque lle queremos e lle desexamos toda a felicidade do mundo.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-07-2013 13:27
Estamos de luto

Dia de Galicia triste, moi triste. Moi dificil hasta escribir, todo o accidente do tren de onte cerca de Compostela encheu de tristura os nosos corazons, o dia da festa de Galicia convirteuse no dia de door, familias enteiras na nosa Comunidade estan de loito, de supeto, cando as cousas non se esperan...sin preparar. Soio queriamos decir que nos participamos tamen da tristura e door de Galicia, porque somos parte de esa Galicia do corazon ferido por tantas mortes.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-07-2013 08:24
Pra os que Vilagarcia lle toca o corazon

Nos gustaria que estiverades con nos o vindeiro venres dia 26 as oito e cuarto da tarde, no Gato Negro do Carril. Xa sabedes que non temos cartos para gastar en publicidade, todo e a base de blog de facebook e algunha cousa mais que se nos ocurre. A rondalla do Gato Negro, tocara un ratiño mentras os ides sentando, teremos outra sorpresa que non se pode decir, soio quedan dous dias, non esquencelo...
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-07-2013 08:28
1 [2] [3] [4]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0