lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Domingo dia 18 viaxe a San Simon

Viaxe de celebracion e recoñecemento, por un lado celebramos o quince aniversario da creacion do FAIADO DA MEMORIA, a sua xente, Margarita e Antonio, acompañados de todos vosoutros, recoñecemos a memoria dos defensores da democracia e da LIBERTAD.
O domingo dia dezaoito esta previsto sair da explanada TIR, as dez trinta da mañan,eiqui queremos decir, que deberedes estar quince minutos antes minimo, hay que tomar identificacions ca lista na man, ali iremos subindo a os tres autobuses que nos levaran a Cobres, nese lugar no peirao, sobre as once trinta, embarcaremos, sin prisas e organizadamente no barco da empresa Navia que nos acercara a San Simon.
O barco tera que facer tres viaxes, o problema está no pouco calado existente na Illa.
Ahí comenzara a visita guiada por Antonio Caeiro.
Non esquenceros de levar o xantar, auga é bolsa para recoller desperdicios.
De aquí a o domingo consultar con nos calquer dubida, estamos a vosa disposición.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-06-2023 18:38
LUNS 19 DE XUÑO

Os alumnos de segundo de Bacharelato do Instituto Castro Alobre na asignatura de Historia, proxectan na sede de O Faiado da Memoria, catro pequenos traballos documentais creado por elas e eles, que vai de entrevistas as súas avoas, das súas vidas contado por elas mesmas e que levan por título xenérico, DESPOIS DE FRANCO.

Parécenos realmente espectacular e interesante. Sempre foi un soño para nos que a xente nova se implicase nas historias de vida, na memoria da xente, na memoria dos seus.

Gustaríanos que o salón do Faiado estivese a reventar, non só para ver estes traballos senón tamén para falar e compartir mais vivencias con eles. É por iso que estades todos convidados.

O luns 19, as oito da tarde, portas abertas para ver DESPOIS DE FRANCO, traballo feito polos alumnos do Castro Alobre de 2º de Bacharelato, sección Historia.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-06-2023 13:33
14 de Xuño do 2023, mercores

Pois encuadramos as subidas de hoxe en Bamio e Trabanca Sardiñeira.
En portada, a Vilagarcia impresionante, a vila que pon o punto final na entrada do mar, no fondo da Ria de Arousa, enriba de eso, fixeron uns cines, unha comisaria un macdonald...
Nunca,¡ NUNCA! nos cansaremos de lamentarnos do que fixeron, do que nos quitaron.
Bos dias, a coidarse, saude
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-06-2023 07:35
13 de Xuño do 2023, martes

Atopanse as fotos de hoxe en Vilaxoan, Os Veciños, Soan Campás de Voda.
En portada, Angelita Baños, ela era unha das traballadoras da pirotecnia da familia Valladares, dentro de uns dias, será o aniversario de aquela traxedia que fixo temblar o noso pobo aquel dezaoito de Xuño do 1960, explotou a pirotecnia e se levou por diante oito vidas. Angelita, saiu ilesa de aquel terrible dia.
Bueno, pasaron xa sesenta e tres anos.
Bos dias, todo apunta que o domingo teremos un bó tempo.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-06-2023 08:07
Viaxe do proximo domingo

Estamos a poucos dias da nosa viaxe de aniversario do Faiado da Memoria, os nosos primeiros quince anos.
Ca mesma, tamen é o noso homenaxe a os presos que viviron no campo de concentración, na Illa de San Simon, uns tiveron a sorte de sair con vida, outros desapareceron e outros os asesinaron.
A todos eles o noso sentimento de respeto democrático e reparación xusta da sua memoria.
O domingo dia dezaoito esta previsto sair da explanada TIR, as dez trinta da mañan, ali iremos subindo a os tres autobuses que nos levaran a Cobres, nese lugar no peirao, sobre as once trinta, embarcaremos, sin prisas e organizadamente a no barco da empresa Navia que nos acercara a San Simon.
O barco tera que facer tres viaxes, o problema está no pouco calado existente na Illa.
Ahí comenzara a visita guiada por Antonio Caeiro.
Non esquenceros de levar o xantar, auga é bolsa para recoller desperdicios.
De aquí a o domingo consultar con nos calquer dubida, estamos a vosa disposición.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-06-2023 18:08
12 de Xuño do 2023, luns

Subidas en PERSOAS RECORDADAS, VILAXOAN, OUTRA MANEIRA DE VIVIR O RAMAL é ATOPANDO DETALLES.
En portada Luis Carus no muelle de ferro, mitico muelle, a o fondo vemos a casa donde vivia, na que tamen residia pola parte dianteira Maruja é Jaime Montes, a mesma casa que nos baixos acollia a sede da consignataria Conde. Vemos tamen a imaxen que presidia e preside a igrexa dos Padres Claretianos en Santa Lucia.
Bahia maravillosa co mar bañando as nosas vidas.
Bos dias, escomenzamos seman.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-06-2023 08:47
Tere escomenza a mostra

Fai uns meses fixemos un crowfunding pra mercar sillas para o local, explicamonos: Este espacio de nome O FAIADO DA MEMORIA, iniciativa cultural aberta a TODO o publico, en realidade costa esforzo e cartos mantela a diario, cando se inaugurou dotamola de todo o que se poido, por suposto tamen de sillas, que co paso do tempo foron rompendo, cando manifestamos que habia que sustituilas, a resposta foi de esas respostas que sempre cosechamos de todos vosoutros, entrega total.
Pois ben, a todas as sillas colocamos o nome e a fotografia da persoa donante dos cartos para mercala, ou de aquela outra persoa que se nos comunicase. Agora entra o noso agradecemento por todo aquelo, queremos ter unha foto na nosa-vosa silla. Escomenzamos hoxe, ca foto de Tere Briones, na que se lembra tamen a o seu home, Eduardo Ceruelo.
GRACIAS, MOITISIMAS GRACIAS
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 11-06-2023 08:39
11 de Xuño do 2023, domingo

En PERSONAXES SOBRANCEIROS, PERSONAS RECORDADAS é OS DURANS, atopanse as subidas de hoxe.
En portada os caballitos, festa de Santa Rita do ano 1966, a dereita Paco Prieto de Santa Lucia,que na data de hoxe atopase de cumpreanos. De aquela tiña quince a punto de cumprir os dezaseis. Bo dia Amigo
Bos dias, moita saude.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-06-2023 08:25
10 de Xuño do 2023, sabado

Subidas en SOBRADELO, TRADICCIONS FESTAS E ACTOS.
En portada, grupo de nenos tocando nunha procesion en Sobradelo.
Bueno, somentes queda unha seman para o noso viaxe a San Simon. Viaxe de homenaxe a todos os que viviron ali cautivos de liberdade.
Xa sabedes que é o domingo dezaoito, tamen celebramos os quince anos de idade do FAIADO DA MEMORIA.
Bos dias, a ser felices.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-06-2023 07:20
9 de Junio do 2023, venres

Subidas en A VILAGARCIA DE ONTE, OS DEPORTES CHEGARON CA ESCUADRA é SANTA LUCIA
En portada, casa donde vivian a familia de Cordal Carus, a nai Restina Carus, o seu fillo, famoso odontologo, regatista, navegante, amante do mar, propietario da dorna Nai é un dos primeiros Presidentes do Club Arosa.Tamen fundador entre outros do Club de Mar
Bos dias.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-06-2023 08:17
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0