lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Remata Xuño

E un gustazo vivir de novo as ruas con sol, bo tempo aire casi puro e intentando sair da pesadela que asolou o mundo, hoxe remata Xuño e mañan pasamos a o mes que das xornadas de Memoria que remataran ca ca posta en valor do cuarto roteiro de xusticia e memoria, seran os dias oito, nove e dez do mes que comenza mañan, bos dias, acudide, botade unha man. Bos dias, saude
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 30-06-2021 07:15
O saber engrandece

O saber engrandece
Estas xornadas que se anuncian a cargo da asociacion INICIATIVA CIDADAN POLA MEMORIA HISTORICA DE VILAGARCIA, ca colaboracion do FAIADO DA MEMORIA, son ineditas no marco memoristico de Galicia, e estamos altamente empoderados de que Vilagarcia como tantas veces faga os deberes neste tema. Por favor non miredes pra outro lado, o saber engrandece, son xornadas de HISTORIA.
Temos que decir que hay algo que nos preocupa, o aforo, dende logo non podemos facer unhas xornadas que somentes nos permitan meter cuarenta persoas no salon. A ver como poñemos solucion.
Bos dias, saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-06-2021 06:55
A ver si non imos para atras

Moito que decir sobre as cabeciñas de quen permite esas viaxes de fin de curso que nos levan as festas que se ven en television as tantas da madrugada, moito que decir de quen permite todo eso nesta situacion que vivimos. Por suposto que os xovenes teñen que divertirse, outros o fixemos antes, pero deberiamos esperar a estar mais inmunizados, estamos a vivir algo peligroso, algo que mata.
Por outra parte estamos a rematar Xuño, pleno verano, que todos atopemos a porta para disfrutar do aire, da lua, do sol, da Galicia que ten ganas de vivir. Bos dias, moitisima saude
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 28-06-2021 07:20
No Diario de Arousa

Artigo da periodista Olalla Bouza no Diario de Arousa
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-06-2021 17:05
No Faro de Vigo

Artigo no Faro de Vigo de Arousa da periodista Maria Lopez
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-06-2021 17:03
Xornadas de Memoria organizadas por Cidadás pola Memoria Histórica de Vilagarcía de Arousa
Antes do que se nos viu encima a pandemia en todolos lugares do mundo, decimos antes o doce de Febreiro do 2020, reunimonos nun xantar 207 persoas co fin de financiar un cuarto roteiro, de esos que facemos nos lugares donde lle quitaban a vida a xente, pois ben de ali a un mes decretouse o estado de alarma e xa non se poido facer nada ate aqui.
Hoxe tivemos un encontro cos medios, ca prensa pra contar o que imos facer, que actos acompañaran a colocacion de ese cuarto roteiro que fara Xusticia diante do muro do cementerio de Vilagarcia, donde precisamente roubaron as vidas de xente de ben da nosa vila.
Entramos de cheo no acto primeiro, as oito e media da tarde, do dia 8 de Xullo, no Salon Garcia proxeccion do documental dirixido por Adolfo Dufour "SEPTIEMBRE DE 1975, donde se narran os feitos dos ultimos asesinatos da dictadura de Franco. Como falta moito tempo seguiremos a falar de todo canto podemos ofrecer durante as xornadas.

Comentarios (0) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 24-06-2021 17:54
Hoxe no Faiado

Vilagarcia o noso pobo ten unha historia grande en moitisimas cousas, a simple vista non se ven pero sempre estiveron ahi, presentes, polo de pronto a solidaridade, entre veciños e familias. No tema da Memoria Historica escomenzamos fai unha chea de anos, é fixemos uns deberes amplios pero seguimos porque ainda queda moito por facer. Na actualidade estamos a marcar os lugares dos asesinatos por parte dos golpistas que convertiron este pais en un terrible lugar que falaba baixiño polo que poidera pasar.
hoxe temos unha rolda de prensa pra anunciar un calendario de actividades a celebrar no vindeiro Xullo como preambulo pra inaugurar o cuarto roteiro democratico, explicativo e pedagoxico.
Bos dias, Saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-06-2021 07:52
Benvido o Vran

Onte dia vinteun entrou oficialmente o vran no noso hemisferio,a ver si se vai o tempo revolto que temos e chegan os soliños que nos deixe disfrutar do aire puro que boa falta nos fai a todos.
Que a administracion sea un pouco mais lixeira na posta en marcha das vacunas pra conseguir a inmunizacion de grupo, ou o mais cercano a esa situacion, o digo por aquelo de andar mais tranquilo na nosa vida normal.
Pois a disfrutar do vran e a ser felices con saude, bos dias
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-06-2021 08:05
Finou Vitor Mendez

Non sabemos si Victor emprenderia o seu ultimo viaxe sin saber que o Arosa, o seu Arosa ascendeu a Segunda Division.Ai Victor, arosista de vocacion e de corazon. Foi membro da Real Academia de Futbol, conseguira o Mundial 82 que na actualidade se denomina o Manuel Jimenez, moitos anos Relacions Publicas do Arosa, tamen ahi que decir que Victor era un cabaleiro das formas, un home educado a o que nunca se lle escapaba un mal xesto.
A sua dona, fillos netos, a toda a sua familia e amigos que atopen a paz necesaria pra asumir a morte de Victor
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 21-06-2021 13:50
Entramos nunha seman movida

Estamos metidos de cheo, coma sempre na organizacion das Xornadas de Memoria a celebrar en Xullo, xa tiñan que estar nos xornais de hoxe, pero por causas axenas a nosoutros tivemos que pospoñer a roda de prensa pra mediados de seman.
De aquela xa contaremos.
Mentras, non esquencer de animar o Arosa, hoxe decide si sube de division ou se queda donde esta.
¡ANIMO AROSIÑA¡ ¡A POR TODAS¡
Saude, bos dias.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-06-2021 08:50
1 [2] [3]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0