lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe Festival Primavera do Cine, 2014
Como ultimamente non facemos mais que traballar, pois estamos a poñer en marcha a idea de facer unha comida-merenda-cea do Faiado, no verán, no entorno da Tomada no Carril, podia ser a mediados ou finais de xullo, xa falaremos. O importante e relaxarse.
A subida de hoxe inclue a voda dos nosos amigos Xose Manuel Casalderrey e Anne, subímolas fai uns días para lembrar non só aos noivos, tamén a morte de Manolo Otero que, como sabedes, comparteu con nós a súa infancia.
Hoxe finou Alfonso Arines, Cheka. Nunca o esquenceremos, foi a nosa particular television na niñez a epoca mais feliz da vida. Ala a finais dos anos cincoenta, no primer piso do bar Arrancadeira, Cheka montaba unha parafernalia con unha barra de madeira e unha cortina de cretona, por ali asomaban os seus rococos, facendonos as tardes felices e cortas a os nenos que eramos da vecindad. As nosas carcajadas eran todo o premio que tiña Cheka, o de el era facernos felices, con eso dabase por satisfeito. Queremos deixar constancia no blog do noso agradecemento a Cheka, tamen do noso cariño para sempre. Para Lolita, Alfonso Fermin e Dolores un abrazo moi forte.
Xa sabedes a brevedade da vida, a brevedade de algunhas cousas da vida, todo cambea, todo xira, todo dura ben pouco, todo e tan relativo... Bueno, os do Faiado, mira ti por donde, aqui seguimos, estamos a facer unha serie de vídeos para o Carril. Para o evento dos X Encontros de Embarcacións Tradicionais, neses vídeo iremos repasando a vida das nosas xentes, desde fai unha chea de anos: os traballos, as regatas de homes e mulleres, a Cortegada deitada no Bao, única, esplendida e como un faro que temos sempre vixiante; os barcos, os galeóns, os racús, os botes, as dornas...
Tamén intentaremos rendir a nosa homenaxe a tódolos mariñeiros-as do Carril, alguns coa sua fotografia. Non queremos esquencer a ninguén, si o facemos sempre sera por un descoido xa que estamos a exprimir o noso corazón, tamén o da xente do Carril, facendo memoria. Nos Encontros haberá un día adicado a Vilaxoán, tamén con vídeo.
Desde o noso blog, gratitude especial a Paco Diz, por axudarnos e abrir as portas de Vilaxoán, a Carmiña, a de Jo, a Rosa, a do bailarín, a Trini e Celia Martiñán, a memoria de Alfredo Rodríguez, co que tiñamos concertada unha cita e unha mala enfermedade acabou coa súa vida, no sitio Matucha, a súa viuda, cumprindo a palabra de Alfredo. Gracias tamén a Moncho e Tucha os do bar Gaviota, a Rosario Bouzas e Manolo García, a Esperanza Alcalde, Dolores Mariño, Carmen Costa... en fin todo sería imposible sin a vosa man tendida, sin as vosas portas abertas... GRACIAS DE CORAZÓN.
E agora vamos a informar dunha nova subida.
Están naas seguintes Galerías:
Gaudeamus Igitur (11)
Porque nun momento dado foi toda unha figura no mundo da canción romantica deste país. Porque viveu na praza de Ravella durante anos. Porque sentía Vilagarcía. Porque se indignou cando botaron abaixo os bancos do xardín de Ravella. Porque é un orgullo que fora dos nosos. Porque sempre levaremos no corazon a un vilagarcián como Manolo Otero.
A súa muller e fillo, os nosos sentimentos de pesar, a Jose manuel e Anne Casalderrey un abrazo de cariño polo disgusto que a morte do seu amigo lles está a causar.