lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Morreu Froiña

Hoxe un dia toxico pra Vilagarcia. Acaba de chegarnos a triste noticia da morte de Froiña, filla de Margarita Abalo e Julio Garcia. Irman maior da nosa querida Angela. A o seu home, fillos,noras, irmans, sobriños especialmente a Muriel, o noso sentimento pola desaparicion de un ser tan especial como Froiña
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 31-05-2022 13:05
Finou Antonio Escaloni,

Con un trallazo impresionante, a morte de Antonio nos asolaga no remate do mes Maio.
Antonio naceu no Carril, fillo de Juana e Manuel, familia moi estimada no lugar.Antonio casou con Pili Gomez e de ese Amor naceu Anton. Pili e Anton, estan intentando dixerir a desaparicion subita de Antonio. Terrible, non nos diron unhas minimas leccions pra administrar a dor que causa a desaparicion das persoas que tanto queremos.
Nos desexamos a esa querida familia, moita paz. Ese sentimento é o que nos permite a reflexion intelixente. A Pili, Anton, irmans de Antonio, sobriños, a sua sogra Pilarita Buhigas unha aperta chea de cariño, Antonio sempre tendra a sua presencia no Faiado e nos nosos corazons.
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 31-05-2022 12:48
REMOVENDO A TERRA

No marabilloso Paraninfo da USC, estrea do documental creado por O FAIADO DA MEMORIA en homenaxe a xente que asesinaron varias veces. O decimos porque primeiro os mataron, enterraronos de calquer maneira, baixo terra, sin ataudes é logo, construiron encima nichos e mais nichos. Onte, falamos de esas persoas, porqué o dereito a lembralos, a investigalos, iso, non o van a quitar.Onte, en presencia das suas familias, O grupo HISTAGRA, o catedratico Lourenzo Fernandez Prieto, arqueólogo e investigador da USC José Carlos Sánchez Pardo,
o Rector Marco Garcia Quintela, o arqueologo e investigador Francisco Alonso, o equipo de Anxo Carracedo, e como non, Gustavo Hervella.
Ca presencia no Paraninfo dos representantes do goberno municipal de Compostela como a Concelleira de Cultura Mercedes Rosson, o concelleiro de turismo de Vilagarcia Alvaro Carou, os concelleiros do noso pobo, Ana Granja do PP, Maria de la O Fernandez de Podemos, Xose Lois Leiros do BNG, Juan Fajardo de IU, o Ex Conselleiro da Xunta de Galicia Fernando Salgado, varias fundacions, ARAGUANEY, 10 DE MARZO, de memoria, investigadores, amigos do FAIADO, amplio é profundo calor no noso corazon, Antonio e mais eu nunca esquenceremos o dia de onte. Moi tarde para todos, para a reparacion nas suas familias, pasou demasiado tempo, non chegou nin pra os fillos, un coste importante na credibilidade do sistema democratico. Temos que seguir na trinchera da pedagoxia da memoria porque ainda ai cousas que non estan no seu sitio.
Agradecidos polo apoio a os que si estan no seu sitio.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 31-05-2022 09:40
31 de Maio do 2022, martes

En TASCAS E CENTROS DE TRABALLO, incluimos as subidas do dia. En portada voda de Chon Quintans, e Esther,fotografia dos novios con Herminia, madriña e nai.
Hoxe remata Maio, Saude e boas sensacions.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-05-2022 08:19
A miña nena

Olalla esta de cumpleanos, revivo o dia, aquel outro trinta de Maio con moitisima alegria, felicidade plena, de eses sentimentos que somentes sentimos as Nais, realmente exclusivo.
Celebraremolo xuntas coma sempre, cando ela naceu, sua nai estaba no lugar, esperandoa, como de aquela, apretoa contra min. Parabens miña nena, ti mereces o millor, porque eres unica. Un bico
Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 30-05-2022 07:30
30 de Maio do 2022, luns

En Vilaxoan,O Carril, Outra forma de vivir, e Centros de Traballo e Tascas integramos as subidas de hoxe. En Xeral, fotografia de Chicha Fernandez, filla de Eduardo.
Escomenzamos seman, mañan rematase o mes, bos dias.SAUDE.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-05-2022 07:13
29 de Maio do 2022, domingo

En Primeiras Comunions é A Lomba, incluimos as subidas de hoxe, na Portada comunions do ano 1965.Unha chea de rapaces na porta da parroquia. Rey Daviña, Chantada e Jose Torrado posando cos nenos.
A disfrutar do descanso, mañan para os do Faiado e dia de emocions, traballo e GRANDEZA DEMOCRATICA. Estreamos REMOVENDO A TERRA, documental feito por nos, co apoio do Ministerio de Presidencia, da Conselleria de Cultura da Xunta de Galicia é do Grupo Histagra da Universidade de Santiago de Compostela en homenaxe a os asesinados pola libertad, por defender ideais que na actualidade non se cuestionan.
Bos dias, Saude para todos
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-05-2022 08:13
28 de Maio do 2022, sabado

Na Laxe é A Lomba subimos as imaxes do día de hoxe. En portada os "maiños maios" do ano 1957, o xurado, e tamén o alcalde, están na Alameda no alto do Palco da Música, a dereita, co micro na man, José Varela, activista cultural, zarzuela, teatro... nun mundo hostil para calquera actividade que chegase do mundo da cultura.

Falando de cousas parecidas imos contar algo, o ano pasado, fíxose por parte do concello algo parecido a unha "feira do libro", vou resumir: non se nos invitou a participar´. Daquela xa tíñamos presentado no Faiado varias obras da nosa cosecha particular, por suposto protestamos nas redes... Isto das protestas lévano moi mal! Cando rematou, púxose en contacto con nos unha das Técnicas do concello que xestionara a Feira. Disculpouse e falou de que houbera un esquencemento, fortuito, por suposto.

Este ano, a Feira está prevista para dentro de quince dias, mais ou menos, onte personámonos na concellería a decir que seguimos vivos e que non nos chamaron (de novo). A Técnica, logo dunha xestión telefónica, contounos que a concelleira chamaríanos ao longo da mañán... "C'est la vie". Non houbo tal chamada. Esto tíñamos que contalo.

Bos días, último fin de semana de Maio. SAUDE
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-05-2022 07:23
Finou Flora do lugar da Torre

Flora tivo un bar moitos anos na Torre, nai dos irmans Pichel Castro, algun deles traballadores na seccion de obras no concello. Flora era unha de esas mulleres de caracter con un corazon cheo de ternura.
A sua familia o noso sentimento de pesar pola sua morte. Que atopen paz na ausencia de Flora
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 27-05-2022 22:02
27 de Maio do 2022, venres

En OS AMIGOS, é A LOMBA, atopamos as subidas do dia, en portada a Praia de Santa Lucia, a dereita o peirao construido pra a carga que se levaba no ferrocarril as gabarras no transporte maritimo. Coñecemolo todos como o muelle do Ramal, nacido a principios do seculo vinte.Na fotografia vemos a unha das fillas de Antonio Sosin, Luisa ou Bernarda co seu traxe de baño de epoca.
Bos dias, a disfrutar do tempo, da saude.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-05-2022 08:31
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0