lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015

DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014

O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura

A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005

ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Finou Roman Treviño

Fillo da familia Treviño Marina, nacidos e criados en rua Vallellano, Roman era o mais pequeno da familia, acaba de chegarnos a triste noticia, a toda a sua familia o noso sentimento de tristura, o noso sincero pesame.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 31-05-2021 09:39
Remata Maio

Que na cuestion mais preocupante como coletivo, portouse moi ben reduxeronse as mortes, os contaxios, como consecuencia da posta en funcionamento das vacunas. A ciencia sigue a salvarnos, si tiveramos uns xestores acordes co tempo seria un bo momento pra dotar de mais medios a os investigadores.
Xa fai un tempo que falamos da posibilidade de ir en Xullo a Cortegada, de momento seguimos sin poder facelo, non cumplo cas minimas garantias que se esixen no momento, estou sin vacunar, polo tanto ai que seguir esperando.
Bos dias, moita saude.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 31-05-2021 08:42
Leonor

Fai catorce anos que se foi, era demasiado nova, unha nai deberia quedarse, e moi forte perdela cando eres un neno Leonor Mollinedo, filla de Concha e Tucho, do Carril de sempre, do Carril donde os nenos xogaban na rua e as casas estaban abertas todo o dia. A Leonor, os fillos a sinten con dolor, a sua familia a lembra a diario.
Sempre decimos o mesmo, aqueles que tanto nos doen, permanecen vivos, mentras os lembramos. viven con nos, como neste caso.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 29-05-2021 08:46
O Proximo Xoves

Seguindo coa apertura a unha normalidade cultural e de que temos que ir despexando de nos ese medo e desfutar pouco a pouco dos actos que antes desenvolvíamos sen problemas, máxime cando xa estamos moitísimos vacunados (aínda que sexa cunha primeira dose), O Faiado da Memoria ofrece este xoves, día 27, ás 20:00 horas, unha charla co xornalista ALBERTO AVENDAÑO no local da asociación, Praza de Ravella, 27-1º.

Alberto Avendaño (Vigo, 1957), escritor e xornalista, retornado da emigración norteamericana, onde traballou -entre outros medios- como director de Tiempo Latino, e no The Washington Post, radicouse en Vilagarcía de Arousa. Licenciado en filoloxía inglesa, foi tamén profesor de inglés en Galicia e nos Estados Unidos de América. Foi gañador de tres premios Emmy.

Na meteda da década de 1970 fundou en Vigo, con Antón Reixa e Manuel Romón, o Grupo de Comunicación poética Rompente, co que revolucionaron a escrita literaria daquel tempo, marcado pola poesía social e a denuncia política, da que non foron alleos, máis avanzando cara o vagardismo. Rompente fixo da cultura literaria un espectáculo visual e auditivo rompedor, modernista, con experimentacións que deixaron un ronsel de seguidores entre as novas xeracións poéticas.

Alberto Avendaño é autor de varias obras, individuais e colectivas, entre as que destacan: Silabario da turbina (1977); Facer pulgarcitos tres (1979); a versión teatral de O mozo que chegou de lonxe (1990); Washington (2017) ou Pandemia (2020).

Dende que desaparece o Grupo Rompente, en 1983, non volverán xuntarse os seus membros, ata que o retorno a Galicia de Alberto Avendaño cohesiona e motiva a refundación deste colectivo que promove nestes días o que será o seu novo libro: Que hostia dín os rumorosos?

E ese será o título da charla, Que hostia din os rumorosos? 40 anos despois.
O Grupo de Comunicación Poética Rompente (1976-1983) na historia sociocultural de Galicia.

Na mesa estarán presentes, aparte de Alberto, a escritora e profesora, Patricia Arias Chachero e o editor e escritor, Antón Mascato.

Acto: QUE HOSTIA DIN OS RUMOROSOS? Charla con Alberto Avendaño

Lugar: LOCAL DE O FAIADO DA MEMORIA, Praza de Ravella, 27 - 1º

Hora: 20:00 horas

Participan: Patricia Arias Chachero, profesora e escritora

Antón Mascato, editor e historiador

Alberto Avendaño: escritor e xornalista

Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 24-05-2021 13:04

Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 24-05-2021 13:02
Pili de cumpleanos

Pili Bascuas Muñiz, a filla maos nova de Leonor e Manolo esta hoxe de cumpreanos, por eso hoxe e a persoa destacada neste Faiado da Memoria que non sempre fai as cousas ben feitas. Estamos a falar de que ate que finou Leonor Muñiz non tiñamos problema cas fotografias do Carril, Leonor que era a nai de Pili Bascuas identificaba todo, coñecia a todo o mundo. Sempre pensamos en grabala, Leonor estaba de acordo...pero pasou o de tantas veces, non chegamos a tempo.
Pili, bo dia parabens a millons, moitisimas felicidades, e moitisimas gracias por colabprar co Faiado da Memoria.

Bos dias, Saude
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 24-05-2021 08:22
Ala Arosa

Nestes momentos de tanta transcendencia para o equipo do noso pobo, imos estar presentes pra animar a aficion na sua loita de cariño polo Arosa. Poden ser dias grandes no pobo, emociona pensar que o noso equpo poida subir, ascender.
tODOS A UNHA.....¡¡¡¡ALA AROSA¿¿¿
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 23-05-2021 07:45
Finou Alejandro Puga Rodriguez

Moi coñecido, familia arraigada no pobo. Alejandro tivo un ultramarinos no centro do pobo, xusto a beira de Almacenes Olmedo, anteriormente o ultramarinos o creara Manuel Blanco O Arousan. Alejandro e tio de Carlos e Maribel Alvarez Puga, Alejandro estivo casado con Maria del Carmen Trigas maestra nunha chea de lugares, o mais duradeiro o colexio do Carril donde se xubilou. Alejandro era o sogro da nosa lembrada colaboradora do Faiado da Memoria Beatriz Jamardo. Alejandro era o Pai de Carlos, Luis Alberto, Alejandro e Belen a os que desde o FAIADO DA MEMORIA, esprexamos o noso sentido pesame.
Alejandro foi un traballador importante que axudou a o crecemento de Vilagarcia.
FAIADO DA MEMORIA
Faustino Álvarez Blanco estaba casado con Irenita Puga Rodríguez (fallecida recientemente) y tienen dos hijos Carlos y Maribel Álvarez Puga.
La mujer de Faustino, Irenita es hermana de mi suegro Alejandro Puga Rodríguez (Ultramarinos Puga) que está casado con Maruja Trigás Fernández (maestra jubilada) y tuvieron cuatro hijos que son Carlos, Luis Alberto, Alejandro y Belén Puga Trigás.
Por eso Carlos Álvarez Puga (Carlos Puga) y mi cuñado Carlos Puga Trigás son primos.
Son todos parte de mi familia, por lo que mi opinión sobre ellos puede parecer interesada, pero son unas personas estupendas, amigos de sus amigos, pero también de los demás, no digo nada mas pues siempre me faltarían palabras, para expresar mi opinión sobre ellos.
Un saludo,
Comentario por Beatriz Jamardo (16-11-2012 09:22)
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 22-05-2021 19:22
Festas de outros tempos

Tempos que pola nosa parte non botamos de menos, millor non pensar en mensaxes e obligacios da nosa crianza, pero si resaltar algunhas cousiñas que quedaron no camiño e que tampouco estaban tan mal.
Por exemplo, as comidas familiares en este dia, xuntanzas que normalmente se celebraban con un xantar arredor da mesa.
Tamen lembramos cando a primeira hora da mañan os maiores asistian a misa do convento a saida paraban nun posto e viñan cargados de churros, o chocolate na casa recien feito e a celebrar a festa.
En realidade falamos dos que xa non estan.
Que o pasedes ben, felices festas, moita Saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-05-2021 07:40
As festas de S Rita

Un pouco especiais pola pandemia, animo, estamos a rematar con esta triste plaga
De toda a vida no pobo chegado o vintedous de Maio temos festa rachada, desde que a nosa memoria lembra ten habido de todo...un calor abafante é un frio de morrer, parece que este ano pode haber de todo un pouco, onte pola tarde choiva e hoxe din que millora a cousa, sin animo de parecer o home ou muller do tempo, hai que ser positivo e rachar pasadevos pola Festa do Libro situada na Praza da Pescaderia ali temos un stand os do Faiado no que xa onte tivemos con nos moitas visitas de amigos...animadevos que merece a pena celebrar a vida. Bos dias e boas festas.Saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-05-2021 07:49
1 [2] [3]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0