lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Rematando Maio |
|
 Hoxe é o dia trinta, penultimo dia de un mes precioso que este ano vivimos de forma distinta...¡E que tan distinta¡ Pero estamos eiqui para contalo, o facemos de forma que o sol, a luz o sair a rua nos sirve pra conclusionar que o cotidiano é o millor que nos pode pasar, benvido Xuño, bo dia saude para todos |
|
|
|
Finou Suso Domínguez |
|
.jpg)
O Arosa SC entra nun periodo de duelo, non é para menos, Suso Domínguez faleceu.
Suso foi porteiro do primeiro equipo desde o ano 1962 ao 1969, un gran porteiro.
Natural de Padrón, logo de fichar polo Arosa nunca mais abandonou Vilagarcía.
No seu mundo laboral foi Director do Banco Pastor,no Carril, donde deixou amigos a esgalla, a Suso sempre o lembraremos porque era un cachazo de humanidade, e bos sentimentos.
A súa familia, aos seus amigos e ao Arosa o noso sentimento e pesar. |
|
|
|
Comunicado da Asociacion 28 de Agosto de Cangas |
|

ANTONIO NORES SOLIÑO, In memoriam
?Rayo de metal crispado / fulgentemente caído,/ picotea mi costado / y hace en él un triste nido?
( De ?El rayo que no cesa? - Miguel Hernández?)
Nesta primavera convulsa que estamos a vivir, o raio que non cesa ven de agostar a saiva das raíces desta árbore referente da arqueoloxía e memoria histórica de Cangas, da nosa comarca e de Galiza.
A trascendencia que desempeña a memoria na constitución da identidade é incuestionable. O psicanalista Castilla del Pino aseveraba ?Somos memoria porque temos historia?, ?Somos a nosa Memoria?. Cando se perde a memoria, cando se esquece o pasado do que se veu, a identidade dilúese, bórrase e pérdese. Sen memoria non hai identidade.
Antonio Nores Soliño sempre tivo a consciencia inquebrantable do que representa a identidade deste País. Arqueoloxía, Patrimonio material e artístico (Xunta de Montes, Muiño de Fausto, A Mangallona, Capela do Hospital,..), Idioma, República, Levantamento militar do 36,.. conformaron o seu cosmos vital xirando arredor del a súa actividade e pensamento.
Antonio é sinónimo de Memoria. Era e seguirá a ser un soñador, un loitador e un defensor desa identidade. Loitaba, defendía, e...sufría. Cada ameaza a un elemento do noso patrimonio (xacemento, petróglifo, monumento..), cada nova dunha actuación que conlevaba efectos sobre o mesmo, cada neglixencia das distintas administracións ou particulares, provocaba nel unha angustia e un desacougo que lle custaba dixerir. A impaciencia, que ás veces amosaba, era manifestación do seu estado de ánimo e da consciencia de urxencia á hora de tomar decisións de salvagarda do mesmo. Cada hora, cada minuto que se perdera en evitar o dano, era fundamental na súa conservación. Era o seu inmenso amor á memoria, demandando a aplicación da lei na súa defensa.
Mais era tamén un claro impulsor de campañas de promoción, exposicións, recuperación e posta en valor de elementos e construcións da nosa historia, como todas e todos coñecemos.
Nestas última décadas concentrouse fundamentalmente na Memoria Histórica dunha forma exhaustiva e absorbente. Sufría por cada caso de impunidade do franquismo, por esas vagas e tsunamis de corrupción, polos actos de xenocidio, pola falta de dilixencia ou atrancos na eliminación de simboloxía franquista,..
Por ese mesmo interés e implicación, dinamizou e formou parte do movemento asociativo a nivel municipal, comarcal e de país. Investigaba, publicaba, e continuaba pescudando na nosa historia máis recente na procura da verdade, xustiza e reparación.
Déixanos un exemplo que temos que continuar, un legado de publicacións e documentación que temos que ordenar e divulgar. Estamos na obriga de facelo. Organizar unhas xornadas de arqueoloxía e de memoria histórica co seu nome arredor da primavera, do abril republicano e do seu mes de nacemento; da creación dun Fondo Documental de Memoria Histórica na Biblioteca Pública co seu nome, dun acto de posta en valor do seu traballo ao longo da vida,..son deberes a facer.
Posta en valor do patrimonio arqueolóxico e arquitectónico, bases de datos da historia de Cangas da 1ª mitade do S. XX, publicacións, artigos, promoción de actividade e monumentos, ..son as súas grandes aportacións. A eliminación da simboloxía franquista da igrexa do pasado maio 2019 foi unha grande alegría tras moitos anos da súa loita, da loita de todas e todos.
Do seu amplo e variado traballo artístico, fica na praza do Concello unha fermosa lembranza reflectida na peza escultórica do Memorial de Liberdade, obra da que foi promotor e autor.
Moito ánimo e forza para a súa esposa Matilde, o seu fillo Antón, a súa irmá Claudina, e a toda a familia e amizades.
? Que o libre voo das pombas da paz / erga para sempre a memoria solidaria / das xentes xustas que o deron todo / pola liberdade e a xustiza. / Pombas, pombas, pombas!?
Claudio Rodriguez Fer
Cangas, 28 maio 2020 - AC. MH. 28 Agosto de Cangas |
|
|
|
Finou Antonio Nores |
|
 Natural de Cangas do Morrazo, ciudadano ilustre do pobo de Cangas, Antonio pasou media vida investigando, estudiando, facendo obra en libros e publicacions, a cambio de nada porque sempre saia perdendo cartos.
Entregado a MEMORIA HISTORICA , por vocación e por xustizia, asi o entendia Nores, en realidade hoxe a Memoria perde un aval, unha figura importante a quen desde Vilagarcia imos botar de menos, tamen era un amigo.
O noso sentido pésame a sua Dona e Fillo, a sua familia e amigos
Ate sempre Antonio.
|
|
|
|
Pura, lembramoste |
|
.jpg) Pura Fernandez no dia de hoxe cumpriria mais de cen anos.
Pura, filla de Eduardo Fernandez, exportador de madeira a Inglaterra, home importante no pobo, foi concelleiro nunha época nada fácil, viudo da sua primeira muller quedou con catorce fillos, Pura unha das mais novas.
Muller innovadora, chamaba a atención a sua forma de ser,totalmente vanguardista, estou a falar de Pura con setenta anos, vital, simpática, lembro unha ocasión nas festas de Santa Rita que xunto a sua boa amiga Carmucha Comendador, quixeron celebrar a festa subindose a un coche eléctrico?o problema chegou cando hubo que sair do cochito.
Unha privilexiada ainda despois de vinte anos fallecida a sua familia sigue a lembrar o dia do seu cumpleanos, os do Faiado da Memoria nos sumamos porque a Memoria de Pura Fernandez merece a pena, perdemos un crack que realmente tiña gañado nacer en outra época.
|
|
|
|
Estamos de festa |
|
.jpg) Por vez primeira na vida e unha festa distinta, pero imos celebralo porque non podemos perder o norte, as tradiccions, a memoria.E certo que vivimos un momento especial, non podemos xuntarnos o perigo sigue estando con nos. Pero non esquenzamos a os nosos que vivian este dia como unha festa, xunto cas de Agosto o dia importante donde se reunian as familias e os amigos. Bo dia, moita saude a divertirse. |
|
|
|
Manolo Diz in Memorian |
|
.jpg) Hoxe cúmprese un ano da morte do noso amigo Manolo Diz.
Manolo o Nacho, de verdade, non me sae da cabeza a súa imaxe. Primeiro agradecerlle, como fixen naquel momento, as molestias que lle poidemos ocasionar na gravación do documental DESDE DENTRO DO CORAZÓN. Verino e Manolo foron os actores conductores das historias do documental. No Bao, en Cortegada, na casa de cada un, na rúa e no Gato Negro. Teño que decir que este traballo, feito por Antonio Caeiro, fixoos tremendamente felices. Inesquencible o desayuno de Manolo, recén levantado en camiseta. Inesquencible Verino facendo unha tortilla para almorzar.
Logo lembrar as saidas de excursión do Faiado da Memoria nas que eles non faltaban nunca, por suposto cos seus laudes. Eran uns enamorados da música, e do mar. Lembramolos en Catoira, no Galeón, en Cortegada, en Sálvora, en Ons, na nosa casa? pobres de nos si facíamos algo e non os chamábamos.
Bueno, pasaron a vida xuntos, como algo mais que irmáns, queríanse profundamente, hoxe botamos de menos a Manolo porque fai un ano que marchou para non voltar.
Somentes añadir que temos unha deuda con eles, e non somos os únicos, Carril, xeneración tras xeneración, mandou aos seus nenos a aprender música con Manolo Diz, nunca cobrou nada, Verino foi pedagogo da vela latina, tampouco cobraba, foron un auténtico luxo nun pobo pequeno, mariñeiro, artistas, maestros no mar e na terra.
Apertas a sua familia
|
|
|
|
Amigos que lembramos |
|
 Nestas datas fai un ano que iniciou o seu ultimo viaxe Caride, o noso amigo Jose Manuel Caride. Esto nos sirve pra decir que è terrible perder xente querida, no Faiado era moi importante a sua presencia, na vida da sua xente dos fillos, de Trini a sua ausencia e moi dolorosa, unha aperta para a nosa amiga. |
|
|
|
Dia das LETRAS GALEGAS,as nosas |
|
 Carta de Xose Maria Alvarez Blazquez a Fermin Bouza-Brey nos anos coarenta |
|
|
|
Finou Jesus Lorenzo Crespo |
|
 Persona moi reconocida e apreciada na vila, sobre todo no Carril donde Suso veu a o mundo. Familiarmente sua nai,abos e tios, en definitiva a sua familia, son os Crespo-Rivas e Varela. fundadores da fabrica Malveiras, propiedade da familia.
Suso heredou da xenetica familiar a parte emprendedora empresarialmente falando, foi o fundador e creador da empresa PEPERETES, situada no barrio da Rosa no Carril.
A sua dona Antonia, a os seus fillos, o noso mais sentido pesame. |
|
|
|
|
|
|
|
|