lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

FALTAN DOCE DÍAS

Poñemos unha foto de Pepita Durán e dos seus sobriños, Dieguito e Luisa.

Pepita era unha muller que tivo que loitar coa vida pero o fixo a ritmo de humor, xa podían caer chuzos de punta e estallar crises e o que viñera... Pepita non perdia o "cine da última", como se lle chamaba a derradeira función cinematográfica do día.

Nós imos facer como ela... faltan doce días e 335 eurillos. ¡Eso non é nada ímolo conseguir!

E hasta nos vai sobrar para empezar co libro de Vilagarcia.... GRACIAS a TODOS E TODAS os que colaborades.

E hasta aos que non, porque non poden, non se enteraron ou non queren.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-05-2012 08:30
Faltan trece dias


Para rematar esta campaña. Faltan tamén, para conseguir a cantidade pedida, cerca de catrocentos euros. Nun pobo como Vilagarcía non está nada mal que cen familias che avalen con cartos e te apoien publicamente. O público do Faiado soe ser dunha certa idade, non o teñen facil co do internet, isto lles chega un tanto tarde, pero fan esforzos imposibles para non ir detrás, senón ao lado, por iso, moitos, non o teñen fácil co de Verkami... optan por solucións mais acordes coa súa experiencia e din aquilo de "dame un número de conta que o ingreso no banco". Pero o fan e buscan unha solución para apoiar esta iniciativa do Faiado. Por iso lles decimos que moitas gracias e como aquel programa de radio de Alberto Oliveras... ¡¡¡USTEDES, SON FORMIDABLES!!!
Comentarios (13) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-05-2012 08:01
Finou Guillermo Porto

O pasado dezanove de maio desapareceu das nosas vidas Guillermo Porto, un home vital e xoven. Guillermo só tiña 74 anos. O admirábamos, Guillermo viveu unha historia de amor envidiable coa súa dona Alicia, que finou fai uns anos. Dende aquela data Guillermo non deixou ningún día da súa vida acudir o cementerio... o sentia e o vivía de tal maneira.

Desde o respeto mais profundo, mandámoslle o noso sentimento de cariño a Alicia e Guillermo, aos seus catro netos, a Luis e Angela e a Teresa, a súa irmán.

Sentimos ternos enterado tan tarde, tamén sentimos non ter unha foto de Guillermo.
Comentarios (9) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 30-05-2012 07:46
A QUINCE DIAS DO REMATE

Fai un tempo fixemos unha visita a o propietario de unha imprenta e non sei cantas cousas mais que por certo utiliza moito Vilagarcia pero non e de aqui, non e do pobo. Nos ibamos...¡ilusos¡para que nos adiantara uns exemplares dun libro de fotografias, dito libro fai mais de un ano que esta preparado para sair....empezou aquel home a decir que tivo que facer un ERE debido a crisis, que a crisis en boa parte era debida a que os traballadores habian tirado moito da tarxeta bancaria....Abraiados saimos da conferencia economica.

Ese libro sigue preparado para sair. O decimos por si a empresa local ten a ben botar unha man
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-05-2012 08:44
FALTAN DEZASEIS DIAS

Xa falta menos...a ver como se presenta a seman, en canto a mediana empresa, a que tamen pedimos un pequeno esforzo, todo vaia pola cultura de Vilagarcia polo seu pasado e polo seu presente, esto faise de forma normal desde fai unha chea de tempo en outros lugares e considerado de forma normal. Eiqui comprase un documental, como quen vai a Mercadona, a polo pan. Imos ben estade tranquilos, xa o explicaremos dando as contas craras cando esto remate. E non dudar, temos un libro precioso que si nos pasamos en recaudacion nos vendria de perlas para a imprenta. Mañan e outro dia, feliz fin de semana.

Ah, por certo, a subida desta semana está dous pisos mais abaixo. É o problema de por tantas cousas dunha soa vez.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-05-2012 11:18
Finou Noemi Fernandez

Estaba casada con un neto de Jose Ramos Cea, aquel Jose que encheu os barcos da Transmediterranea de xentes do Carril porque Jose era inspector da compañia. Noemi casara con un neto e finou a mediados de este Maio. Jose Ramos e Josefa Ramos eran irmans nacidos en Cortegada e logo expulsados...Josefa era avoa de Margarita do Faiado.
A todos os Ramos residentes en Barcelona, sobor de todo os fillos de Noemi, un abrazo compartido con forza e cariño.


donada por Pilar Verdaguer
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 27-05-2012 10:48
Para o mes vindeiro....¡VERAN¡

Na subida derradeira de Maio, temos varias Galerías que ver:


A Vilagarcia de Onte (2)

A Praia Compostela
(3)

Bamio(3)

Cea-Castrogudín (4)

O Carril (7)

Rubiáns(6)

Sobradelo (1)

Terra de Artistas (con maiúscula) (2)

Non nos esquenzades, e por favor buscade, xentes das vosas familias ou entornos pode estar sin nada na súa foto. Hai moitas fotos sen comentario, admiramos a Marité Montesinos, sempre ten recursos para facer comentarios, sen coñecer, as veces, a quenes están nela, pero unha fotografía... sempre di algo.

Bo fin de semana e disfrutade coa subida.

Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 27-05-2012 09:53
FALTAN DEZASETE DÍAS

Porque estábame a trabucar e daba un día de mais, a nosa petición remata o día doce de Xuño que é un bonito día a piques de celebrar a entrada do verán.

A foto, miradea ben, por ahí entraba a Escuadra Inglesa, por ahí foise o Cabo Razo dereito a traxedia, por ahí chegou ao Carril, o ouro nejro que tan positivo foi para tantas familias, ese era o mar que chegaba a beira das nosas casas, nunha relación de amor que tivemos e que as cabezas pensantes (os que só pensan neles mesmos)romperon para sempre.

De todo eso trata o documental de Antonio Caeiro... do mar, de Vilagarcía.

Ás nosas donantes de onte, Esther Dasilva, Marite Montesinos e Margarita Coello, mil agradecementos do mais sincero.

Este sistema de micro financiación xa é vello en outras latitudes, aquí imos con retraso, só estades anticipando os cartos para recibir o noso traballo. GRACIAS. Casi chegamos as cen familias... non esta mal.

As superaremos de aqui a o doce de xuño... pero só coa vosa axuda.

Para aqueles que non lembren a páxina de Verkami lla lembramos nos: http://www.verkami.com/projects/1878-desde-dentro-do-corazon/contribute/select/9402 e para aqueles que lle teñan pánico ou descoñezan o intercambio de diñeiro a través de internet lembrar que hai unha conta aberta para elo. Gracias de novo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-05-2012 08:44
FALTAN DEZANOVE DIAS

Esta bonita foto que nos enviou onte Fernando Perez, sirve entre outras cousas para anunciarvos que temos hasta o doce de Xuño para facer as donacions a o noso documental. Agradecemos profundamente todas, as de onte foron, Fernando Vila, Cepillos Mariño, Kati Silva e Carlos Puga ¡Gracias Amigos¡ Esto e como na tombola....¡Xa tendes gañado voso documental¡ Por suposto tamen saira o voso nome nos titulos de credito a o final do traballo como colaboradores. Mañan seguiremos informando


foto donada por Fernando Perez
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-05-2012 07:38
Levamos vinteún días

Atravesamos o ecuador da campaña, neste tourmalet eterno que estamos a subir. Pero con eses 82 donantes que te están jalando día a día (por favor, os que nos lean desde a América Latina o de jalar non é o que estades a pensar), a nosa bicicleta sube que bota chispas.

Queda a mitade de campaña ainda pero xa queda moito menos para chegar a cantidade mínima do proxecto. Exactamente quedan 565 ?uros para chegar a meta voante. De ahí para arriba é costa abaixo.

A todos aqueles que non podemos daros as gracias por correo, estas son as que vos podemos dar, e senón o faremos en persona ao cruzarnos con vos que isto, diga o que se diga, é un pobo, ou unha vila.

Gracias e seguimos pedalexando despois desta paradiña para contarvos estas cousas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-05-2012 19:20
1 [2] [3]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0