lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS |
|
 Con motivo de celebrarse os X Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará a finais de xuño no Carril, escomenzara o vintecinco cun acto de benvida no pobo de Vilaxoán, a comisión ten previsto, entre outras cousas, a proxección dun vídeo con imaxes da vila.
Xa era hora de que o Faiado entrara pola porta de Vilaxoan. Xa o fixo, e as portas abríronse, gritaron o noso nome e todos querían colaborar.
Nos desde aquí temoslle que decir que estamos agradecidos, GRACIAS as personas de Vilaxoán que nos recibiron cos brazos e os corazóns abertos.
E seguimos subindo fotografías.
Esta semana dúas Galerías son as que mais material recibiron. Como non a de Vilaxoán, con 26 novas e a de Rubiáns con 10.
Ide disfrutando mentres nós vamos preparando eses traballos para presentar a finais de xuño. |
|
|
|
Tristura na familia Barral |
|

Hoxe, 26 de maio de 2011, finou Teresa Barral, filla de Lolita, a de Núñez. Dunha familia coñecida e querida do Carril.
Aos dous Juan Carlos, o seu home e o seu único fillo, a súa nora Rocio, a súas irmáns, Loli, Luisa, Maru, Mar e Alicia, e sobre todo a Lolita, a súa Nai, o noso cariño, o noso respeto e o noso sentir polo momento que estan a pasar.
|
|
|
|
Adicado a familia Cancelo |
|
 Hoxe como temos moito que refrexionar soio subimos seis fotos no apartado Familia, a seman que ben seguiremos con mais regaliños |
|
|
|
DE NOVO SUBIDA |
|

En A Vilagarcía de onte temos dez fotos novas, e en Terra de Artistas (con Maiúsculas), nove. Estamos a ter nos últimos días moito traballo, estamos a facer a exposición para os Encontros de Embarcacions Tradicionais a celebrar a finais de Xuño no Carril. Tamén estamos a facer o traballo de campo para o documental da nosa Vilagarcía de tempos pasados,... xa iremos contando. Dirémosvos que debido o traballo estamos abandonando a actualización dos comentarios no blog, co cal da a impresión que non os hai. Nada mais lonxe da realidade. Procurade actualizar vos, por favor.
E, de momento, disfrutade con esta subida da Semana das Letras Galegas.
Uns cantos bicos e abrazos. |
|
|
|
MANOLO BARREIRO |
|
 Mais coñecido como Manolito "o crollo", finou o nove de Xaneiro pasado. Non nos enteramos, alguén nos contou a mala nova a semana pasada. Hoxe estivemos con Mari Carmen, a súa filla, que tanto colaborou con nós o ano pasado con motivo da exposición do Carril, Carril, cheira a mar, e con Maruja, a súa dona, tan cercana a familia do Faiado en outros tempos.
Sentimos o pasamento de Manolo, do lobo de mar de Manolo Barreiro, sentímolo de corazón.
fotografía donada por Mari Carmen Barreiro |
|
|
|
PARECE UN ACTO RELIXIOSO |
|
 Acabamos de subir ao blog vinte fotos no apartado de Xentes e Lugares. Si mañán temos un anaquiño libre procuraremos subir algunha mais. Nestes momentos estamos traballando no documental sobre aquela Vilagarcia de onte e tamén nunha exposición de fotos para o Encontro de Embarcacions Tradicionais que se celebrará no Carril a finais de Xuño.
Deixámosvos disfrutando coa nova subida.
E, hoxe domingo, acabamos de ter un espazo valeiro no tempo. Momento que aproveitamos para subir algunha fotografía mas a este voso espazo.
Están estas fotografías nas Galerías:
Familia (5)
O Carril (14)
Seguide, pois, disfrutando. |
|
|
|
TRABANCA SARDIÑEIRA |
|
 Coa axuda de Sara González, a nosa donante e blogueira, confeccionamos unha pequena galería con imáxenes de Trabanca Sardiñeira. Estamos a empezar cos lugares e pouco a pouco iremos enchendo os espazos.
Empezaremos pois con dezanove fotografías de Trabanca Sardiñeira.
Logo temos 18 máis na Galería de Personas Recordadas.
E, por último, tres na Galería de Familia.
Estas son as corenta fotografías desta fin de semana. Esperamos que as disfrutedes igual que o bo tempo que hai pola ría. Os que estades fora disfrutade tamén, os tempos non están para que se desperdicien con amarguras. |
|
|
|
|
|