lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

PREPARANDO NOVA EXPOSICIÓN PERO SUBINDO TAMÉN

Ola amigos e amigas, aquí estamos traballando duro, algunha máis que outro, pero acompaño no sufrimento.

Margarita está traballando moi duro na preparación da exposición de O Carril (que ainda non ten nome, polo que se aceptan suxerencias) e a este paso non vai haber espazo no Gato Negro para colocar tanto panel. E iso sen ter en conta a crisis que está facendo de que hai que achicar gastos e os menos importantes deben de ser estes.

pero é igual, nos non nos desanimamos e para demostralo ahí vai unha subidiña de novas fotografías para poder disfrutar deste fin de semana que parece que teremos que pasar na casa debido as inclemencias meteorolóxicas.

Pero para iso están estas 32 fotografías divididas nas seguintes Galerías: A Vilagarcía de onte (14), Aqueles traxes de baño (2), Chegaron por correo electrónico> (5), Gaudeamus Igitur> (1), Os amigos (2), Outra maneira de vivir (6), Traballando duro> (1) e Vilaxoán (1).

Esperamos que as disfrutedes e pasades un bo fin de semana.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 29-05-2010 08:36
E SIGUEN SUBÍNDOSE FOTOS

Isto é un non parar.

Este fin de semana subíronse, a pesares de estar preparando esa exposición para (e de) O Carril, un total de 47 novas fotografías que están esgalladas polas Galerías de A Vilagarcía de onte (7), Atopando detalles (4), Gaudeamus Igitur (9), Os amigos (9), Tempo de Entroido (1), Outra maneira de vivir (9), Personas recordadas (1) e Tradicións nosas, festas e actos (7).

Esperemos que disfrutedes con esta subida.

Gracias.
Comentarios (3) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 23-05-2010 21:06
Agradecementos aos Crespo Rivas e Varela


Con esta subida de hoxe no Carril, queremos agradecer a Familia Crespo Rivas e Varela todo o seu apoio ao Faiado.

Queremos agradecer a Marilín que no seu último viaxe desde Sevilla viñera cargada co seu álbum familiar que puxo a nosa disposición. Días antes fixera o mismo o seu primo Melchor.

Margarita, desde O Ferrol, manda desde fai tempo todo o que atopa e que nos poida aproveitar. Malú Conde Varela, que é unha marabilla de muller, aparte de colaborar cos seus tesouros familiares, desde a Cofraría Santiago Apóstol do Carril, xunto con Rosi e Fernanda Eiras, nos fan recados e avisos.

Por último agradecerlle aos primos de Estados Unidos as visitas diarias ao blog. Gustaríanos que esas máis de corenta persoas que nos visitan desde ese inmenso país diariamente, dixesen algo, nos falasen, nos contasen como é a súa vida tan lonxe da casa.

Esperamos e desexamos que este desexo se cumpra.

Pero, polo de agora, disfrutade con estas 15 fotografías que se engadiron a Galería de O Carril.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 16-05-2010 22:47
O PROMETIDO É DEUDA
Iste é un traballo feito con moito amor. Por un lado o de Antonio que montou as imaxes, polo outro o de Juan Carlos Porto que creou a música, fixoa nacer pensando nos seus Pais sobre todo. O Faiado quérelle a Juan Carlos, sabemos da súa cruzada coa memoria de Manolo e de Gelina, os seus Pais. Acaba de facer trinta e un anos do seu pasamento, a Juan Carlos sigue doéndolle a ferida, a súa ausencia. Os seus recordos siguen vivos no seu corazón. Compuxo unha musica na súa memoria e o Antonio fixo o resto. Que o disfrutedes, merece a pena.

Comentarios (21) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 13-05-2010 18:14
NOVA SUBIDA DE FOTOS

E aquí estamos, a metade de semana e cunha nova subida.

Quizás non sexan moitas (16) pero si moi xugosas. Están colocadas en dúas únicas Galerías A Vilagarcía de onte (10) e O Carril (6).

Temos unha vídeo-reportaxe que se emitiu pola TVG, desde a emisora de Pontevedra, sobre a preparación do festival dos anos sesenta ("...coa axuda dos meus amigos"), e que se atopa correndo polo facebook (feisbúc, para os íntimos) pero que vamos a instalalo por aquí para que todos podades velo.

Tamén dentro duns días, e así rompémolas sorpresas, vades a ter un novo vídeo/lembranza que estamos a rematar con música do noso querido amigo Juan Carlos Porto (a quen desde aquí lle dou as gracias por levar a Antonio o partido que valeu o ascenso o Extrugasa feminino de baloncesto, así poido comprobar como Vilagarcía se volca cos seus e os eleva a donde se merecen).

Difrutade con esta nova subida que, por desgracia, será do pouco que un pode disfrutar nestes días, despois de ver as noticias "tan agradables" que saen nos medios informativos.

Gracias por estar ahi detrás.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 12-05-2010 20:15
AHÍ VEN O MAIO, CARGADO DE... FOTOS!

Querid@s Amig@s, xa entramos en maio. Nos coches e nas casas xa colgan un manoxo de xestas en flor. A xesta está considerada, na cultura popular, como unha planta que alonxa o maleficio, de ahí que se coloque nas partes dianteiras dos coches, nos alboios, nas portas das casas,.... Nos tamén, nestes tempos que corren, deberíamos de colocalas enriba das televisións, para que espanten as malas noticias, e enviar uns ramiños a políticos e empresarios para que fagan o mesmo coa chamada crise.

Pero, de momento, vamos a algralo día subindo unhas cantas fotografías ao noso/voso blog.

Non van a ser poucas, unhas coarenta, ainda que algúns si pensen que son pouquiñas.

Estas poderedes atopalas nas Galerías de Personas recordadas (6), Outra maneira de vivir (6), Os deportes chegaron coa escuadra (5), Bailamos? (2), Os amigos (6), Atopando detalles (6) e Tradicións nosas, festas e actos (10).

Agora vamos a deixaros que as disfrutedes tranquilamente. Gracias por estar con nos.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 02-05-2010 19:47
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0