lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Cousas pendientes |
|
 Temos varias cousas pendientes que debemos resolver, primeiro adicarlle un tempo a o concerto do dia quince de Maio, xa sabedes que para celebrar o trece aniversario do noso Faiado da Memoria nos regala ca sua arte a pianista Anna Sarkisova que ha sido recoñecida internacionalmente pola sua capacidad para conectarse emocionalmente co público mentras demostra unha técnica virtuosa e unha alta musicalidade. Anna traballou en numerosos escearios famosos das capitais culturales do mundo enteiro recibiu o aplauso universal do público debido a sua pureza de tono, poderosa capacidade técnica e profunda interpretación musical.
Vilagarcia non e allea a este fenomeno da musica,estamos agotando as entradas pra o concerto. |
|
|
|
Mañan sabado as doce no Miguel Hernandez |
|
.jpg) En Vilagarcia, mañan dia dezasete, sabado as doce da mañan celebramos o noventa aniversario de unha data que trouxo avanzes, xusticia, libertad e paz. Invitamos a todos os nosos amigos a o acto no parque Miguel Hernandez, a o pe do monumento a os republicanos. convoca INICIATIVA CIDADAN POLA MEMORIA HISTORICA DE VILAGARCIA.
A Republica dependia das eleccions dos ciudadanos. das decisions soberanas do pobo, nada que ver que nos represente unha familia de por vida,que ainda por riba se comporta como todos sabemos.
Acompañanos mañan sabado dia 17, as doce no parque Miguel Hernandez
Bos dias, saude.
|
|
|
|
Onte en Cangas |
|
 Primeira cousa atoparnos cos amigos, ca xente de LOLA, que tamen é a nosa xente, sin dubida, con Finita a filla, Maria a neta, cas sobriñas Pili, Gelu Eva, co sobriño Antonio, cos amigos, Chillon, Iago, Camilo, Matilde a de Nores.
A tarde chegaba plena, un sol radiante festexaba o aniversario, noventa cumpleanos da REPUBLICA.data inmensamente grande, non podemos seguir permitindo ser vasallos de unha determinada familia, non procede, vai en desacordo ca intelixencia dos seres humanos. Non imos entrar no comportamento de esa familia, non e o momento nin o lugar.
Seguimos a contar, o concello de Cangas sin tacha, sempre apoian os temas da memoria, no 2007 a alcaldesa abria o concello as tardes para utilizar o espacio grabando a LOLA. A alcaldesa era Clara Millan.
Onte do que se trataba era de facer un acto intimo para a familia e amigos, foi asi pero cheo de emocions, venderonse unha chea de libros, cada persoa levaba catro ou cinco avanzamos un trociño do documental que estamos a rematar co cual, voltaremos a Cangas ca memoria de Lola Rodal Blanco, ca familia vitima de un autentico calvario que non se debe esquencer, nos levamolos no corazon.gracias a todos os que onte nos acompañachedes e fixechedes que TODO FOSE MARABILLOSO.
Agradecer a o noso amigo Jose Luis Oubiña que nos acompañase a Cangas, ca sua camara de fotos que non ten precio.
Gracias a todos, bos dias, saude.
A esquerda de Antonio Iago Castroviejo, prologuista do libro e historiador de Cangas, un luxo de persoa. |
|
|
|
Hoxe en Cangas |
|
 Presentamos o libro de LOLA, adicado a Lola Rodal Blanco, a os seus Pais e irmans. O libro recolle aquelas horas pasadas en Cangas nos meses de Xullo e Agosto do dous mil sete, tardes de calor no que pasabamos moito frio logo de oir contar a Lola a sua traxedia, o seu dolor. Era moi dificil escoitala, aqueles sentimentos acumulados durante tantos anos saian a borbotons.
Hoxe estaremos en Cangas, fai noventa anos da instauracion da Republica, da apertura de tantos sonos que se romperon a os cinco anos con botas e pistolas.
Hoxe as sete no concello de Cangas xunto a Asociacion Vinteoito de Agosto, xunto a Iago Castroviejo, nos vemos. Bos dias |
|
|
|
Finou Francisco Fernandez |
|
 Mais coñecido como Paco o Presidente de Caritas. Paco chegou como militar da marina a Comandancia de Vilagarcia fai trinta e catro anos, foi un ser human cas mans abertas, co corazón entregado a xente que o necesitaba, botaremolo de menos.
A sua familia, a organización de Caritas, a os seus amigos en definitiva a quen hoxe sinte a morte de Paco, o noso sentido pésame e respeto pola sua figura.
|
|
|
|
LOLA |
|
 Como sabedes fai un ano estábamos a preparar a nosa viaxe a o Forte de San Cristobal en Navarra, tamen a Saturraran no Pais Vasco, moi preto de Donostia ali estiveron presos os país de LOLA, tiñamos que grabar e rematar o documental, chegou a pandemia e cortounos as alas…por un tempo. Dounos pé para pensar que o material conseguido da familia Rodal Blanco nos chegaba e tamen sobraba para facer un libro. Pois…esta feito, presentamolo en Cangas, no concello o dia catorceo o dia da Republica, é o noso homenaxe a todas aquelas persoas que saen no libro por dar a cara polos valores, conviccions da filosofía da esquerda. Que tantas penas dolor e desgracias ocasionaronlle.
O dia catorce polo aforo do espacio non pode entrar todo o mundo, vai ser casi un acto para a familia e moi cercanos de LOLA. Nunca esquenceremos, fai catorce anos aqueles meses do verano do 2007, cheos de calor como Lola nos prestou o seu tempo para contarnos aquel dolor que levaba dentro, como vivimos con ela a vida vivida, as lagrimas derramadas.
Cando presentemos o documental voltaremos a Cangas, esperemos que a pandemia e o estado de alarma sexa unha lembranza mais, en Vilagarcia o mesmo, iremos presentando a medida que se vaia superando o problema.
Bos días, gracias, moita saude
|
|
|
|
Loli Crespo de cumple |
|
.jpg) Loli e unha Artista, unha tiple do Carril con unha voz prodixiosa, veñen tempos ilusionantes con ventos que de unha vez por todas faran xusticia no poderio da valia de Loli Crespo
Hoxe tocanos lembrar a Rita, Ricardo e a sua dona pais todos eles de Loli, con unha infancia feliz, que o dia de hoxe sexa da misma maneira, moi feliz, como mereces, unha aperta |
|
|
|
A nosa benvida a Abril |
|
 A fotografia lembra aqueles outros vernes santos que se viviron, no Carril eran dias de moitos visitantes, desde a madrugada as ruas estaban cheas para vivir o famoso Encuentro procesion moi sonada na epoca.
Bueno, sobrevivindo a realidade actual, e dia dous de Abril, que veña ben, a ver si vacunan a xente, bos dias, Saude |
|
|
|
En Cangas, a terra de LOLA |
|
 Antes de que teñamos rematado o documental de "LOLA" vamos a presentar o libro baseado no propio traballo documental e que contextualizará ao mesmo.
Será no Salón de Plenos do concello cun aforo limitado debido ás condicións sanitarias do momento
Vemonos, con moita emocion o dia catorce |
|
|
|
|
|
|
|
|